¿Quen se agocha nesta foto?

21 de Febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

where_is_andrade.jpg

Entre esa multitude se agocha un futbolista. ¿De quen se trata?

Pistas básicas:
- É negro.
- É un defensa portugués con apelido galego.
- Sufriu a expulsión máis estúpida da historia da Champions League (Deco is my friend).
- Xogou no Estrela de Amadora, Porto, Deportivo e actualmente na Juventus.
- No campo é un crack.

Anecdotario sobre el que non sairá na Wikipedia:
- Cando está bébedo odia ao Madrid.
- Se o pillas fumando dirá que é o primeiro pitillo que fuma na súa vida.
- A súa muller ten moi mala hostia.
- Os seus fillos xemelgos son uns diaños.
- Fóra do campo é un crack.

Solución:
Jorge Andrade durante a inauguración en Cabo Verde dunha escola de fútbol para nenos desfavorecidos, á cal apadriña. Un crack dentro e fóra do campo. Por certo, sen pistas e sen prenda branca... Wally retírate que chega Jorge.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Acertixos | 3 Grandísimas aportacións »

¿En coche ou a patas?

1 de Febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

real-jaen.jpg

A mensaxe do cartaz que suxeitan eses dous homes está bastante claro: van a ver ao Real Xaen. Pero o que non está tan claro é quen dos dous o vai facer a pé e quen motorizado. Para min é doado deduci-lo, pero imos a analiza-la imaxe polo miúdo para comproba-lo.

- O da dereita.
Ten pinta de ser de pasta, vai ben vestido, con gabardina e garabata. Está a sorrir, se lle ve feliz, ten certo aire de chulo, como Fernando Alonso. Os pés non llos vemos pero seguramente alpargatas non leve.

- O da esquerda.
Leva unha mochila ao lombo, unha chaqueta desgastada que parece quedarlle raquítica, e unha cara de mala hostia impresionante. É moi probábel que leve sandalias nos pés... e sen calcetíns.

¿Que? branco e en botella, ¿non?. O que aínda non o teña claro debería ir a clases particulares de agudeza visual.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Acertixos, Mundo viejuno-celebrities, Xentes da grada | 3 Grandísimas aportacións »

¿Que lle aconteceu a este desgraciado?

29 de Xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

dardo-no-nariz.JPG

A verdade é que está bastante claro, leva un dardo cravado no nariz. Por iso mudo a pregunta: ¿Por qué leva este desgraciado un dardo cravado no nariz?

A) Ten catarro e non respira ben. En vez de tomarse un sobre de FRENADOL, coma todo dios, optou por curarse usando a acupuntura.

B) Participou nunha liorta entre hinchas rivais.

C) Estaba tomándose unhas pintas nun pub e cometeu o erro de pasar por diante da diana cando ía ao baño.

D) Simplemente, trátase dun piercing.

SOLUCIÓN: A opción B.
O dardo llo cravaron nun enfrontamento entre seareiros nun Manchester United-Liverpool de 1978. Que sexa dun ou doutro equipo eche igual, o caso é que é un pringao. Ademais, tampouco o sei.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Acertixos | 1 Grandísima aportación »

Aceite de oliva Betis

27 de Xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

aceite-betis.jpg

"Torres y Ribelles, S.A" é unha empresa sevillana adicada ao envasado e exportación de aceite de oliva, e a marca estrela desta compañía é "BETIS". O aceite "Betis" se vende en tres tipos de envasado: en vidrio, lata (ver foto) e botella de plástico, e se comercializa en tres tipos diferentes de aceite. A cuestión é resolver cal dos tres aceites é o que perde Lopera, amo e señor do Real Betis Balompié. ¿A, B ou C?

A). OLIVA: Dourado e de sabor suave, é o máis vendido do mundo.
Opción descartada. Lopera é moreno, aínda que agora non se note polo pouco pelo que ten, que tenta disimular cun tupé de pacotilla. Ademais, o seu trato con xogadores, adestradores e rivais nunca foi suave.

B). EXTRA LIGHT: Ideal para fritir, asar ou repostería cando se necesita dun gusto suave e delicado.
Tampouco é esta opción. Polo mesmo de antes, este home non é para nada delicado, é imposíbel que perda este tipo de aceite.

C). VIRGEN EXTRA: Aceite de primeira prensada, con sabor a aceituna moi pronunciado. Engade toque Mediterráneo a ensaladas, guisos, asados, sopas e no pan, en lugar da manteiga.
Penso que está claro que é esta opción, a C. Lopera é un aceituno, lle engadiu sempre salsa ao fútbol patrio, lle pega a todo e, ademais, é moi probábel que sexa virxe.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Acertixos | Comenta, non sexas rata »

¿Quen é o flipado este?

16 de Xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

sol-campbell.jpg

Non teño nin ligazón nin foto de fronte que demostre quen é ese personaxe. No primeiro caso porque acostumo a navegar pola rede e gardar fotos interesantes sen (lamentabelmente) anota-la ligazón, e no segundo caso porque sinxelamente non hai foto de fronte. Vos teredes que fiar de min. A solución, ao final das pistas, aínda que se sodes futboleiros, que se supón que si, daredes con el.

1. É un xogador de fútbol inglés.
2. É un xogador de fútbol inglés negro.
3. É un xogador de fútbol inglés negro internacional e defensa.
4. É un xogador de fútbol inglés negro internacional e defensa que se iniciou no Tottenham Hotspur.
5. É un xogador de fútbol inglés negro internacional e defensa que se iniciou no Tottenham Hotspur e logo os traizoou para fichar polo Arsenal.
6. É un xogador de fútbol inglés negro internacional e defensa que se iniciou no Tottenham Hotspur e logo os traizoou para fichar polo Arsenal e que agora xoga no Portsmouth.

Vale, se sodes tan burros que todavía non o adivináchedes, volo digo: SOL CAMPBELL. ¿E que carallo fai este flipao sentado nunha cadeira de xardín no medio dun rio con pouca profundidade? Pois tamén volo digo: Tomando o SOL, valga a redundancia. ¿E non hai xeitos e sitios mellores para face-lo? Pois si señor, pero se temos en conta que este tio é un excentrico de tres pares de narices, pois non resulta estraño.

Por exemplo unha vez desapareceu no descanso dun partido da Premier, e ninguén soubo absolutamente nada del durante 5 días. Ademais, din que varias veces estivo a piques de deixa-lo fútbol para reconvertirse en actor de cine. Unha peza de psiquiatrico.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Acertixos | 4 Grandísimas aportacións »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo