Volta á escola

11 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Para os que teñan pensado ir de compras mellor que o deixen para outro día, porque hoxe comeza oficialmente o curso académico e como é costume na tarde do primeiro día de colexio, os centros comerciais estarán infestados de cativos coas súas respectivas nais e avoas mercando o material escolar. Os corticoles por alí, os uniformes por acolá, o lapis do número dous, o caderno de dobre pauta coa marxe á esquerda, os rotus Carioca, os Plastidecor, os forros dos libros de texto... Unha actividade nada recomendábel para todo aquel ou aquela que padeza de ansiedade ou estrés.

E ao igual que comeza o curso académico tamén as actividades extraescolares (todo sexa para manter aos fillos fóra da casa) e entre elas, a máis popular e á que se apunta todo cristo, con permiso do judo: o fútbol. Estas clases de iniciación ao deporte rei resultan moito máis interesantes e didácticas que a polémica Educación para a Cidadanía, e por suposto, que Relixión Católica.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 2 Grandísimas aportacións »

De idas e venidas

2 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Onte se pechou o mercado de fichaxes, así que os que non conseguiron fichar a quen desexaban ou os que se teñen que quedar cos descartes porque non puideron darlles saída que se fodan, polo menos até decembro, que é cando se volve a abri-lo prazo. Non vou a poñerme a analizar tódolas fichaxes, tan só dúas que se produciron onte; unha exportación, Robinho do Madrid ao Manchester City; e unha importación, Luque do Ajax de Amsterdam ao Málaga.

Robinho.
Penso que un gran negocio para o Madrid vender a un futbolista tremendamente sobrevalorado e ademais parvo perdido (disque chorou e pregou por deus e pola virxe para que o deixaran marchar). Máis de corenta kilos ingresará o Madrid, por eso non entendo moi ben o mosqueo dos madridistas. Serva coma exemplo este comentario dun deles no Sport. Ía dicer que non puxen nin quitei nin unha coma, pero non fai falla, porque no comentario non hai nin unha puta coma, nin punto tampouco, á marxe dos evidentes fallos ortográficos. Me rearfirmo no que comentei noutro post: o sistema educativo español non funciona.

"robinho hijo de una guarra te sacamos de la puta fabela y nos lo agradeces asi pudrete es el puto equipo de mierda ese donde no te vas a comer ni un rosco y te vas a empapar hasta los cojones haciendo tus putas bicicletas bajo la lluvia mientras los hooligans borrachos te escupen lo malo que eres cabronazo calderon eres un esperpento que vas a hacer con los 40 kilos del puto cabron ese ponerle las tetas a la puta de tu mujer o hacerte un chalet en marbella te as reido de todo el madridismo esto jamas te lo perdonaremos"

Albert Luque.
O catalán volve ao Málaga, equipo onde xa xogara hai anos. Este tío cada vez que chega a un equipo sempre di o mesmo. Cando fichou polo Depor procedente do Mallorca dixo que chegaba á Coruña a un grande e para gañar títulos. Cando soaba unha suposta interese do Atlético pois que era un gran clube, que tiña unha gran afección e que a todo o mundo lle prestaría xogar alí. Cando o Barça preguntou por el pois que sempre foi culé, que xogou na súa canteira e que sería un soño voltar ao Camp Nou. Finalmente fichou polo Newcastle e claro, o fútbol inglés é a rehostia, o Newcastle ten unha afección e un campo extraordinarios e bla, bla, bla. No Ajax, tres cuartos do mesmo, grande de Europa e demais brasa. Agora chega ao Málaga e di que "Si salía del Ajax era para jugar en España, y les dije que Málaga o ninguna (opción), y al final lo que queríamos se ha conseguido". Non cho cres nin ti, porque se se presenta outro equipo que che poña máis pasta, aínda que sexa de Pakistan, te vas para alí á pata coxa se é preciso.

Na foto sae rodeado do seu pai (abaixo á esquerda) e dun público enfervorizado, unha señora cun orixinal atuendo (esquerda) que viña do Carrefour e viu ás portas de La Rosaleda abertas e entrou a ver se daban algo, e tres rapaces que se saltaron a pasantía para ver se pillaban un balón polo morro, como é habitual neste tipo de actos.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 7 Grandísimas aportacións »

Almendralexo, poucos e mal avenidos

30 de agosto do 2008 perpetrado por otraveseiro

Hoxe comeza o campionato de liga 2008-2009 para o Real Madrid, Atlético, Valencia, Sevilla, Espanyol... e tamén para o Malpartida, Trujillo, Gran Maestre, Sagrada Cena... Os primeiros competirán na Primeira División e os segundos na Rexional Preferente estremeña, quinta división do fútbol español no que, aparte deses equipos, tamén haberá un derbi de Almendralexo entre o C.F Extremadura e o Extremadura U.D.

O primeiro é un clube que hai uns poucos anos estaba en primeira e que foi baixando de categoría pouco a pouco acuciado polos problemas económicos causados por unha lamentábel xestión do seu presidente, Pedro Nieto, o mesmo que os levou a primeira por certo. O segundo foi fundado hai un ano por un grupo de seareiros do primeiro (coa inestimábel colaboración do alcalde de turno), que en vez de loitar pola supervivencia do clube, crearon outro roubándolle ao orixinal o escudo, as cores, o campo, os xogadores...

En total máis de mil afeccionados do C.F Extremadura se pasaron ao outro e tendo a cara de dicer que o seu caso é coma o do Sestao River Club ou o Mérida U.D. Deso nada monada, o River se creou porque o Sestao Sport Club desapareceu, o mesmo que o C.P. Mérida, ao igual que hai anos pasou o mesmo co Burgos ou Málaga, esas cidades se quedaron sen equipos e os afeccionados ao fútbol se tiveron que facer dun novo clube refundado. O voso, en troques, é unha vergoña e unha traizón como a que fixeron en Logroño e Oviedo, por exemplo.

O caso é que namentres o C.F Extremadura competirá enfermo de morte e apoiado por catro gatos, o U.D o fará con mil julais abonados, un orzamento duns 120.000 euros e cunha plantiña formada por ex-xogadores de Terceira e Segunda B, e cun obrigado obxectivo que é o ascenso. Eu só agardo que non o consigan, e que se metan o gran batacazo, como no seu momento o Oviedo Astur, Granada 74, Recreación de Logroño (agora Logroñés C.F) e demais merdas. De momento, parten en desventaxa, o adestra un tal Pepe Bizcocho, ¿a onde vai con ese nome?

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 4 Grandísimas aportacións »

Medallas de prata de diversa consideración

24 de agosto do 2008 perpetrado por otraveseiro

-Ben considerado.

Image Hosted by ImageShack.us

Ou neste caso, considerada, Gemma Mengual. A catalana gañou a medalla de prata en dúos e onte outra máis por equipos de natación sincronizada. Aparte de ser moi xeitosa e simpática (polo que se lle ve nas entrevistas) é futboleira, e ademais, do Espanyol. Non é que teña excesiva importancia este dato, pero para min ten o seu mérito ser de Barcelona e non ser do Barça, ademais de exercer de perica: sempre pousa coa camisola do equipo, e, todo hai que dicilo, ten cara de periquito.

-Mal considerado.

Image Hosted by ImageShack.us

David Cal. O piragüista galego tamén se trae dúas medallas de prata de Pekín, pero a diferencia de Mengual, este saíu todo serio no podio, como se non valorara a medalla de prata. Esta claro que o seu obxectivo eran os ouros, pero tío, subcampión nuns xogos olímpicos non está nada mal. É natural de Cangas do Morrazo, así que sendo futboleiro como é o normal sería que fose do Alondras CF, ou cando menos, do Pontevedra, que para iso é onde lle prestan as instalacións e onde adestra. Nada máis lonxe da realidade, ninguén é perfecto e David Cal é do Real Madrid, vaia por deus. Nunha entrevista para a web do Madrid, entre outras cousas dixo o seguinte: "Ogallá houbera un Real Madrid en piragüismo, sería unha sorte". Quita, quita, o que nos faltaba.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | Comenta, non sexas rata »

Prepárate Stephen King…

2 de agosto do 2008 perpetrado por otraveseiro

...que Hristo Stoichkov saca libro.

biografia-stoichkov.JPG

O exfutbolista, natural de Bulgaria e afincado en Barcelona, presentou en México (?) a súa biografía titulada "EL 8CHO". Lémbrame a un ultramarinos que había no meu barrio, xa hai tempo que fechou, que se chamaba igual, El 8cho, e que abría as 24 horas. Nunha ocasión, ía eu pola rúa de madrugada e me ven un quinqui e me pregunta: "Neno! ¿Sabes onde queda por aquí unha tenda que se chama El Diez, El Once, El Doce ou algo así? Te pasas uns cantos números, é El Ocho", respondinlle. Dita esta parida (100% real) imos co libro de Stoichkov. Esta é a sipnose, en versión orixinal:

"Estás a punto de leer sobre la vida de un conquistador, un hombre que supero todos los obstáculos para hacer realidad su sueño: ganar. Hristo Stoichkov nos cuenta su vida, desde sus primeros años, hasta su última aventura como entrenador; llevándonos desde Sofía hasta Barcelona, desde Parma hasta el desierto de Arabia Saudita, pasando por la inolvidable final de su Copa de Europa en Wembley, sus andanzas en Japón, sus hazañas en la Copa del Mundo y sus desventuras en la Eurocopa. Este libro está escrito con tinta ardiente; cada una de sus páginas contiene el explosivo temperamento del competidor búlgaro; en cada capítulo puede escucharse, si abres el corazón y pones mucha atención, el rugido del león". ¡Grrrrrrrrrr!

Entre os colaboradores do libro, atopamos testimonios de ilustres persoeiros do mundo do fútbol, como Johan Cruyff, Maradona, Valdano, Romario, Hugo Sánchez... ex-árbitros españois que o sufriron, como Ansuátegui Roca, Urizar Azpitarte, Díaz Vega..., e (atentos todas) Arantxa Sánchez Vicario (?). Entre os colaboradores non se atopa ningún xornalista búlgaro, como aquel que, preguntado por El Correo Gallego sobor a fichaxe de Hristo polo Celta, declarou:

"No sabe llevar a un equipo, hace un juego mediocre y no aprovecha los buenos jugadores que tiene. Como jugador fue impresionante, como seleccionador, un desastre. Le deseo lo mejor al Celta, pero va a necesitar casi un milagro".

hristo220807.jpg

O máis seguro é que a biografía pasará por encima ou a toda mecha polo episodio Celta, a non ser que sexa para comentar que o clube vigués ten o record de vender camisolas co seu nome, alomenos iso din os rumorosos. A foto é de hai un ano, cando recibiu como se aprecia con "gran entusiasmo" o carnet de socio celtista. Tampouco creo que na biografía fale dos seus problemas cos coches no seu fugaz paso por Vigo. Disque se paseaba e mal aparcaba pola cidade nun Cadillac SRX xentileza do concesionario vigués da marca, con tódolos extras, coste cero para Hristo e co seguro a cargo da empresa. Cando se cansou do Cadillac lles encargou un Hummer duns 100.000 euros, conseguindo por tratarse del, un desconto do 30%. O caso é que llo mandaron dos Estados Unidos, e cando chegou o carro a Vigo, Stoichkov foi cesado no Celta. Lles dixo aos do concesionario que o acordo verbal seguía en pé, e que se tal llo mandaran a Barcelona. Máis tarde, os da empresa o volveron a chamar para ultima-los detalles da compra e o búlgaro non lles colleu máis o teléfono, si o seu representante, que lles dixo que o seu representado xa non quería o Hummer. Se descoñece o que pasou co carro, cecais a día de hoxe aínda estea morto de risa no concesionario.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 1 Grandísima aportación »

I + D Investigación e Desenrolo… de gilipolleces

29 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Os científicos, como persoas humanas (sic) que son, ás veces se aburren, e cando esto acontece se lles dá por facer estudios absurdos que non serven absolutamente para nada. Como por exemplo, o dun tal Marcus Smith (Marcos Ferreiro), das universidades de Chichester e Gloucestershire, no Reino Unido. O tipo, futuro gañador do Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica, fixo un minucioso análise de Cristiano Ronaldo e do músico Clem Burke, de Blondie, e sacou a "superinteresante" conclusión de que Cristiano traballa menos que un baterista de rock. Segundo o estudio, os dous fan esforzos similares en 90 minutos, un de partido e outro de concerto, pero o músico curra máis porque fai máis concertos que partidos xoga un futbolista.

o-rei-babar.jpg

Esta estupidez non ten en conta os adestramentos do xogador nin os ensaios do músico, non pensa en que un futbolista profesional non dá practicamente pancada en todo o día e o músico profesional si. De tódolos xeitos, é se cabe máis absurdo porque non escolle precisamente a un Munitis nin a un baterista especialmente cañeiro. Ademais, tampouco hai que ser un Einstein para saber que calquera traballador do gremio que sexa curra máis que un futbolista profesional, sobretodo se o xuntamos co tema salarios. Un repartidor de propaganda traballa máis que Cristiano, o mesmo que un panadeiro, un camareiro, unha perruqueira ou un vendedor de seguros a tempo parcial. Só os científicos da universidade de Chichester traballan menos que un futbolista, ou cando menos, teñen máis tempo libre.

Para ilustrar esta entrada non atopei ningunha foto por internet do tal Cristiano Ronaldo, así que haberá que poñer unha dun baterista, e, a poder ser, futboleiro. Eu coma sempre varrendo para casa: Zoupándolle á batería, Miguel, do grupo O Rei Babar.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 3 Grandísimas aportacións »

O fontaneiro do Mallorca

27 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

O Real Mallorca está atascado (ten problemas para facer fronte aos pagos) e o desatascador que o desatasque bo desatascador será. Paul Davidson, ese señor sorrinte con cor de pel de cangrexo alcólico, é o noso home, o novo propietario do Mallorca, coñecido coma O Fontaneiro da City (se fixo millonario co negocio das tuberías).

paul-davidson.JPG

En principio non será presidente, tan só poñerá os cartos para fichar xogadores e deixará a parcela deportiva para os que supostamente entenden. Polo tanto, este non será un Piterman da vida, pero tamén nos pode divertir, polo que deduce do que di nas entrevistas. Como proba, vos deixo cun pequeno recopilatorio das frases que deixou en sendas entrevistas que fixo ao Marca e ao Diario de Mallorca:

- O porque de que merque o Mallorca e non outro:
"Quixen que sexa o Mallorca porque na illa estou moi ben, estase moito mellor coa temperatura de Palma que en Inglaterra coa choiva. Cambiei Marbella por Mallorca porque alí non hai a onde ir, e aquí podo visitar un montón de sitios co meu iate".

- Os seus obxectivos deportivos:
"A miña idea é gañalo todo, a Liga, a Copa e a Champions".
(Baixa Modesto que sube Davidson).

- Os seus obxectivos económicos:
"Quero que os beneficios da miña compañía rematen no Mallorca. Para vivir non necesito máis diñeiro do que xa teño".

- Os seus obxectivos sociais:
"A miña interese primordial é conseguir que haxa máis ingleses nas bancadas de Son Moix, e quita-las pistas de atletismo".

- Os seus partidos:
"Presenciarei tódolos partidos do Mallorca, tanto na casa como fóra. Quero ir á grada a pasalo ben como afeccionado, bebendo cervexa e saltando".

- Os seus coñecementos futbolísticos:
"Non sei nada de fútbol, pero aprendo rápido e vou concentrarme en facelo. Agora mesmo só son seareiro dun equipo das categorías inferiores inglesas".
(Nin puta idea de fútbol, polo tanto reúne os requisitos para ser propietario dun equipo español).

toshack-venables-kendall.jpg

Para rematar, quero que este post británico-flipado-cervexeiro serva tamén como pequena homenaxe a tres adestradores das illas que coincidiron na nosa liga alá por finais dos oitenta. JB Toshack (Real Sociedade), Terry Venables (Barcelona) e Howard Kendall (Athletic de Bilbao). Aquí aparecen os tres departindo, se supón que de fútbol, e acompañados de cinco cervexas. Ou sobran dúas ou a un deles lle falta unha. Aposto pola segunda opción.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 2 Grandísimas aportacións »

Juan Villalonga… F.C.

26 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Estou a ler as novas do último esperpento no Valencia e non saio de meu asombro. Juan Villalonga asegura que o clube debe 789 millóns de euros, segundo unha auditoría pagada por el mesmo. Vendo o panorama, non só non sae correndo senón que lle ofrece ao máximo accionista, Juan Soler, a nada desprezábel cifra de 76'7 millóns polas súas accións. Este último o mandou a tomar polo cu (pagándolle 5 millóns de euros por dúas semanas de traballo) e Villalonga lle deu quince días de prazo para pensarse a oferta, asegurando que tamén lle ofreceron mercar o Milan.

juan-villalonga-fc.jpg

O deste tio son gañas de compricarse a vida, co sinxelo que é inverter nun clube máis pequeno, e polo tanto, máis barato.  Por exemplo o podería facer no Vilalonga FC de Sanxenxo, da Terceira División galega. Non faría falla nin moito menos meter trece mil kilos (Sito Miñanco –preso político- con moitísimo menos levou ao Cambados aos postos altos da Segunda B e de xira por Panamá). Ademais non lle pasaría coma no Valencia que non aceptan que vaia ninguén de fóra a gobernalos, aquí non tería problemas porque de feito o equipo xa está ao seu nome.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 1 Grandísima aportación »

« Entradas Anteriores Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo