26 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Aconteceu en Berlín durante o pasado Mundial de Alemaña. Dous xóvenes tiveron a ocurrencia de reencher de cemento nove balóns de fútbol e distribuílos por toda a cidade xunto cunha nota que poñía: "¿Podes chutalos?" Moitos viandantes aceptaron o reto de darlle unha patada a eses esféricos que pesaban arredor de 15 quilos, cas conseguintes lesións. Máis dun se tivo que levar os ósos do pé nunha bolsa de plástico.

Pois polo que se ve, esa moda de reencher balóns con formigón non se perde. Neste caso non é por foder os pés dos viandantes, senón a vista. Se viu nunha finca privada na localidade coruñesa de Curtis. O propietario se quixo saír da norma de corona-las columnas do peche das fincas con bolas de cemento, e el, que é moi futboleiro, optou por sustituílas por balóns de fútbol pintado cas cores dos seus equipos favoritos. Só falta que veña o típico mongolo e se lle dea por remata-los ca testa.
chúzame -
Arquivado en Adefesios |
2 Grandísimas aportacións »
6 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Foi noticia hai uns meses o numeriño que montou un avogado turco por mor dunha camisola do Inter que consideraba ofensiva para o Islam, pedindo que lles quitasen os tres puntos para darllos ao seu equipo, o Fenerbahçe. Este equipo enfrontouse nos octavos da Champions ao Sevilla, que ten (tiña, xa) como camisola oficial desta competición o adefesio da foto.
Vendo os antecedentes penso que deberían evitar xogar con ela, que aínda por riba é peor que a do Inter. Porque vale que a cor non sexa exactamente vermello, pero vista así é claramente unha cruz desa cor, e máis gorda aínda que a dos italianos. Para colmo, a publicidade é dunha casa de apostas, e lembremos que o Islam prohibe o xogo e as apostas.
Pero é que ademais, se dicides os tres números rápido (8-8-8) acabas nomeando ao que se coñece popularmente como o órgano de micción e reproducción feminino, e xa sabedes como son os islamistas para estes rollos. Un modelo de camisola que dende logo non sería record de vendas nos países árabes... e dos que non son árabes (ver detalle do pescozo).
chúzame -
Arquivado en Adefesios |
1 Grandísima aportación »
28 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Desa guisa se apresentou a xogar onte a Real Sociedade en Castellón. A min esa mestura cores persoalmente non me gusta pero hai equipos que a elixiron para os seus uniformes, e os respeito. De entrada véñenme á mente o Norwich City inglés e o francés do Nantes, por exemplo.
O que xa non me parece de recibo é que a Real saia a xogar con esas cores que non lle pegan nin con cola, e os motivos aínda por riba son de risa. Segundo o novo presidente da Real, Iñaki Badiola (atención a este tío que vai dar moito que falar), se creou ese uniforme porque "nuestras tres equipaciones coinciden con las del Castellón". Esto xa é inconcebíbel, ¿non teñen ningunha equipación por exemplo vermella?. Lembro nos oitenta que non había estes problemas a pesares de que os equipos só tiñan unha camisola suplente. Sen embargo agora, as marcas deportivas só queren montarse no dólar a base de crear horteiradas para despois vender a seareiros que llas merquen. Neste caso para enganchar á xente din que está baseada no San Sebastian Recreation Tennis Club, de 1903 (?).
O propio Badiola se descobre cando di que "tenemos un contrato con Astore que vamos a respetar; pero todos los patrocinadores nos han dado cierta flexibilidad para el mercado asiático y algunos amistosos. Con Astore también estamos trabajando para intentar ayudarles a que accedan a precios asiáticos, porque tenemos muy buena relación".
Ou sexa que o verdadeiro motivo é mercantil, non de coincidencias co Castellón. Esta situación me lembra ao tema dos Betagarri: "Sé que nadie entiende lo que digo, sé que nadie es verde ni amarillo, sé que lo difícil es sencillo, dime tú qué puedo hacer contigo". Ao final van ten que troca-lo nome da Erreala de Txuri-Urdin por Oria-Berdea (ou como se diga).
chúzame -
Arquivado en Adefesios |
Comenta, non sexas rata »
25 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Por ámbolos dous casos, por suposto. Hai uns días comentabamos o tópico de que detrás dun futbolista feo con pasta sempre hai unha muller cachonda. Franck Ribery e acompañante nos desmontan esa teoría, ou, cando menos, son a excepción que confirma a regla. O francés, actual xogador do Bayern de Munich, é posibelmente o xogador máis feo do planeta.
Na súa defensa dicir que cando era un meniño tivo un accidente de coche que o fixo sair despedido polo parabrisas, e quedou así, con ese careto. Pero... ¿e ela? pois non che sei, pero dendelogo que fan boa parella.
A foto xa ten tempo, e foi tirada cando Ribery xogaba no Galatasaray de Estambul, e a saquei de A Contrapié, que se vexa ben clariño, para que logo non me anden a "piar".
chúzame -
Arquivado en Adefesios, Elas tamén xogan |
3 Grandísimas aportacións »
22 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O hórreo é seguramente o elemento arquitectónico máis característico da Galiza rural. Para os que non sexan de aquí e nunca estiveran por estes lares, aquí poden documentarse un pouco sobre eles: características, función, orixe...

Máis imos ao que imos. Na foto de enriba aparecen dous destas populares construccións tuneadas cas cores dos equipos dos seus respectivos propietarios. Enriba, hórreo tuneado cas cores e escudo do Deportivo da Coruña. Atópase no concello coruñés de Camariñas, na Costa da Morte. O de embaixo, do Barcelona, localízase en Maceda, na provincia de Ourense.
As fotografías foron enviadas por internautas a La Voz de Galicia, que está a facer unha recopilación das maiores chapuzas que se poden atopar na Galiza. Aquí podedes ver estes hórreos a maior resolución (e por separado) e máis fotos de hórreos chapuceiros, e nesta outra ligazón, as mellores chapuzas. Eu destacaría sen dúbida a do boneco emparedado usándoo coma desagüe, sinxelamente espectacular.
chúzame -
Arquivado en Adefesios |
1 Grandísima aportación »