20 de Novembro do 2012 perpetrado por
o traveseiro

Segundo o artigo 4.1 da Constitución Española… «La bandera de España está formada por tres franjas horizontales, roja, amarilla y roja, siendo la amarilla de doble anchura que cada una de las rojas». Semella que algún ultrilla do Málaga a estas alturas da película aínda non se decatou. Será o mesmo que lle escribiu a Juanito ao máis alá que «nunca te fuisteS«?
E o que ten poñerse a facer manualidades sen ter aprobados os estudos de corte e confección, co doado e económico que resulta hoxe en día baixar ao bazar chinés a mercar unha bandeira «como Dios (y España) manda».
Arquivado en Analfabestas, Espanholadas |
10 Grandísimas aportacións »
11 de Novembro do 2012 perpetrado por
o traveseiro
Se comentaba no anterior artigo que seica Camilo José Cela aspiraba auga polo cu, volto a el para lembrar que en certa ocasión escribiu un libro con un só punto, o do final. Cristo versus Arizona, que así se chamaba esta tolemia infumábel de máis de cen páxinas a cal, obviamente, non lin.

Tanto o propio Cela coma o clásico poeta romántico español José de Espronceda son homenaxeados polo madridista da imaxe, que optou por imprimir na traseira da camisola unha ridícula frase (máis propia dun neno de cinco anos que dun adulto) coa total ausencia de signos de puntuación. Non falemos xa da falta de til en anticulé, corazón e bendición. E o peor de todo é que con esa tipografía é moi probábel que lla serigrafiaran na propia tenda oficial do Madrid.
Estou seguro que se Don Camilo ve isto non só se revolvería na súa tumba… tamén botaría toda a CALDERETA pola boca!
Arquivado en Analfabestas |
2 Grandísimas aportacións »
8 de Outubro do 2012 perpetrado por
o traveseiro
Este verán estaba ao meu carón na praia un grupo de «veintexenarios» mantendo unha conversa, e nun intre da mesma unha rapaza solta que «SE ENTRETENIERON». O peor de todo é que ninguén do grupo correxiuna, polo que é posíbel que calquera deles remate traballando nun futuro como xornalista no Marca.

A cafrada foi enviada por Christian (mil grazas!), que explica… «ándanse a confundir de tempos e conxugacións e mailo cristo bendito. Fanche coma os bascos que utilizan mal o condicional….Si yo ‘sería’ del Dépor botaba a corda á viga. En vez de ‘fuera’». Non había exemplo mellor? Pois seguramente, mais seica hai que quentar o ambiente porque xa queda menos dun mes para o clásico galego.
Nós de momento pasamos de forofismos, non entramos ao farrapo, mais si publicamos en exclusiva a foto de Delfín Melero, o burro que asina a nova de enriba. Confírmase que, a parte de cubrir a información do Celta, tamén é seareiro deste equipo.

E sen saír do tema lingüístico, comentar que no debate televisivo Feijoo vs. Pachi Vázquez están a pegar máis patadas ao Xerais (que diría un amigo desta casa) que nun partido de fútbol, superando amplamente as que está a dar a número dos da Alternativa Galega de Esquerdas no twitter.
Arquivado en Analfabestas |
2 Grandísimas aportacións »
20 de Agosto do 2012 perpetrado por
o traveseiro
A Liga de Fútbol Profesional volve a toca-los collóns ao persoal trocando os horarios de varios encontros correspondentes á terceira xornada de liga, o do Celta e…

O tradutor automático de La Voz de Galicia vai máis lonxe aínda e, nunha nova metedura de zoca, trócalle o nome ao Granada CF, unha ilustre, notábel, sinalada, escollida e, sobor de todo, SELECTA equipa andaluza.
Arquivado en Analfabestas |
2 Grandísimas aportacións »
29 de Maio do 2012 perpetrado por
o traveseiro

Parafraseando a famosa cita do intelectual alemán Bertolt Brecht («Hai homes que loitan un día e son bos, outros loitan un ano e son mellores, hai quen loitan moitos anos e son moi bos, pero están os que loitan toda a vida, e eses son os imprescindíbeis»)… podemos asegurar que Arbeloa pasou de ocasional a imprescindíbel e o redactor da nova ou o encargado de editala todo o contrario.
Non lembro ben pero pode que mo ensinaron xa nos primeiros cursos da EXB. En castelán sempre se escrebe M antes de B ou P, coma por exemplo «imbécil» ou «impresentable». Ollo, só en castelán, non vaiamos a caer no erro dun colega meu que en certa ocasión, nun partido Deportivo-Real Sociedade, había na bancada uns seareiros donostiarras cunha faixa co nome da súa agrupación: Peña Bonba, e este amigo tachou de grave falta ortográfica o escrito sen caer da burra de que en euskera «bomba» non vai con M, senón con N.
A cafrada foi vista no Marca por doRCCV (graciñas!)
Arquivado en Analfabestas |
1 Grandísima aportación »
22 de Maio do 2012 perpetrado por
o traveseiro
Representantes de colectivos pola oficialidade das seleccións deportivas catalás, bascas e galegas presentaron un manifesto conxunto no Congreso dos Deputados, co apoio dun grupo de deputados e senadores de Amaiur, BNG, CiU, ERC e Iniciativa per Catalunya. Pousaron así de contentos.

Salientar que non estou en contra da grafía utilizada na faixa, todo o contrario, de feito son reintegracionista non practicante, pero coño, non hai escusa. Non se pode aparecer nun acto público en Madrid e expoñer unha faixa con faltas de ortografía. Como é lóxico, «naçom» non pode rematar en N de ningún xeito. En canto a «seleçom»… aí xa coido que é indiferente que vaia con Ç soa ou acompañada de C.
É de supoñer que o que a confeccionou nin sequera é de Siareiros Galegos, nin dos outros colectivos bascos e catalás, quizais o responsábel do erro tipográfico sexa unha empresa de rotulación chapuceira. En calquera caso, tras ve-la errata, nunca deberon saír con ela.
Menos mal que nas webs nacionalistas españolas non se fixeron eco do asunto, cando menos as que eu ollei, tan só cargaron as tintas contra os partidos que apoian a iniciativa. Por exemplo, do BNG din que «no tiene autoridad para hablar en nuestro nombre, y menos aún con sus dirigentes cogidos del brazo de unos hooligans extremistas que son la cara más triste y nefasta de un espectáculo deportivo como el fútbol». Curiosamente, para os de O Varal os representantes do Bloque tampouco saen moi ben parados: «O grupo parlametar de Amaiur é o artífice dista exemplar proposta , cal será a cara dos deputados e deputadas galegas incluido a dun candidato á xunta no seu adosado madrileño cando os siareir@s aparezan a peito descuberto para demostrar que eles si que non están alí de turismo…»
P.D. Graciñas a Juan pola achega!
Arquivado en Analfabestas |
5 Grandísimas aportacións »
21 de Maio do 2012 perpetrado por
o traveseiro
O erro non se pode considerar de vulto, mais coido que merece un sitio na categoría de Analfabestas, que tiñamos un tanto esquecida.

«Que si joder que vamos a ascender!», disque poñen nunha faixa os ultriñas locais, que fanse chamar Ultras Parla pero vendo o percal ben poderían ser os Ultras Parlurdos. A bote pronto albíscanse tres erros:
1. «Sí» debe levar til por tratarse dun adverbio de afirmación.
2. Botamos en falla dúas comas, antes e despois de «joder».
3. A frase debería ir precedida dunha exclamación inicial (¡). O castelán é o único idioma no que debe usarse. Tanto que presumen de españois, é algo que xa deberían saber.
E coidado que pode haber un cuarto erro. Un dos cara-cartón impídenos ler completamente toda a faixa, pero pode que «ascender» o escribisen con M antes de D. Non se pode desbotar esta posibilidade. O que semella, a esquerda de todo, o escudo do clube dá puta pena, amosando que non só vailles quedar a asignatura de Lengua Española pendente para setembro, tamén manualidades, pretecnoloxía… ou como lle chamen agora. Para que enganarnos, estes pinzan até ximnasia e relixión.
Para rematar, a faixa é máis que probábel que a teñan que deixar para o vindeiro ano (agardemos que corrixida), porque o Parla palmou este encontro, partido de ida na eliminatoria polo ascenso por 0-2 co histórico Barakaldo, co cal téñeno bastante fodido para ascender.
Un Barakaldo, por certo, que segundo leo na súa web oficial, visitou a pasada semana o Centro Galego da localidade biscaíña co gallo do Día das Letras Galegas. Aúpa Baraka!
Arquivado en Analfabestas |
4 Grandísimas aportacións »
3 de Abril do 2012 perpetrado por
o traveseiro

Un emotivo recordo para un futbolista do montón e peor toureiro: Juan Gómez «Juanito» me mola tu tumba en Fuengirola. No terreo de xogo un chulo, provocador e violento, e fóra del un bocazas e sobretodo puteiro, afección esta última collida de cando vivía debaixo dun prostíbulo. Definiuno perfectamente o que fora vomitivo presidente do Barcelona durante 22 anos e empresario corrupto, Josep Lluis Núñez, cando dixo del que «embarazaba a las mujeres por las esquinas».
O mellor de todo é que un tipo así sexa ídolo do madridismo, e en especial dos ultras sur (o propio Juanito tamén os admiraba), dos do Mérida (poñían unha faixa que rezaba «Juanito, sangre y honor» (¿?) con simboloxía nazi) e dos do Málaga.
Precisamente escollo unha foto destes últimos porque así mato dous paxaros dun tiro, valéndome para a sección de Analfabestas. Que é iso de FUISTES, pedazo de pailarocos?
Arquivado en Analfabestas, Mundo viejuno-celebrities |
9 Grandísimas aportacións »
9 de Febreiro do 2012 perpetrado por
o traveseiro

Unha proba máis de que o analfabetismo nas bancadas non entende de cores nin fronteiras. Neste caso os protagonistas son un grupo de seareiros do Deportivo desprazados a Huelva, tentando poñerse á mesma altura que os ultras locais confeccionando unha faixa cun grave erro ortográfico. Por sorte para eles para igualar aos onubenses é farto complicado, hai que ser moi pero que moi burros. Como moito podémonos nivelar con algúns ignorantes do Sporting.
O caso é que semella que tentaron corrixi-lo tentando engadir outro erre a «recoremos», mais xa non había o mínimo espazo necesario, ou se cadra puxéronlle til á letra, co cal xa sería para envialos directamente á escola.
Non fica moi claro como remata a frase, pero pode ser que superaran o puto temporal pero non o parvulario. En calquera dos casos, pídolle a federación de peñas do Deportivo que lles faga chegar aos afeccionados estes interesantes exercicios interactivos.
Arquivado en Analfabestas |
4 Grandísimas aportacións »
14 de Xuño do 2011 perpetrado por
o traveseiro
Esta mañá levei o susto da miña vida ao ver unha foto en La Opinión de David Bisbal enfundado nunha camisola do Cerceda. O tipo deu aí un concerto o sábado para inaugura-la tempada do Aquapark, e ocorréuselle a idea de interpreta-la cancionciña esa do Mundial coa camisola do clube local para darlle sorte de cara o partido do play-off de ascenso perante o Sanse madrileño. Nin que dicer ten que fixo o efecto contrario, porque o Cerceda non superou a eliminatoria, e ademais disque remataron a hostias.
Bueno, o caso é que mergúllome en internete na procura dunha foto a cor dese penoso momento para non ter que escanear a do xornal en branco e negro e non hai xeito de conseguila, así que remato entrando na web oficial do CCD Cerceda para ver se poñen algún comunicado desentendéndose do feito ou poñendo a parir ao desalmado que lle deu a camisola ao Bisbal. Nada, pero atopo algo mellor:

No escudo oficial que figura na cabeceira da web pon CERCERA en troques CERCEDA. Deseñador de páxinas webs disléxico? Un neno de cinco anos, quizais? Asáltanos a dúbida. En calquera caso, para cerciorarse, preman aquí.
Por outra banda, e volvendo ao concerto de marras, voume facer fan de Ramón Rivera, que asina a crónica do concerto (de obrigada lectura) para La Voz, onde pon a caer dun burro a Bisbal e aos seus fans. Coma exemplo, a parte da camisola: «Fue en ese momento cuando se enfundó la camiseta del Cerceda, al que le deseó suerte para ascender de categoría, mientras ondeaba por todo el escenario una bandera rojigualda que una fan de Valladolid le tiró (y cuyo sudor bisbaliano impregnado en ella pudo oler, obligado, el arriba firmante)».
ACTUALIZACIÓN

O redactor xefe de ECHE O QUE HAI, mándanos a devandita imaxe de Bisbal. Moitas grazas!
Arquivado en Analfabestas |
6 Grandísimas aportacións »