17 de Maio do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Como pasa o tempo, hoxe se cumpre un ano dende que O Traveseiro despegou. Escollín o Día das Letras Galegas por un lado por compromiso e por outro para así non esquecerme do cumpreanos. Como vedes, na primeira entrada, coa euforia, cometín a torpeza de pedirlle á xente que procurara deixar os comentarios en galego. Unha gilipollez, e máis tendo en conta que moitos dos habituais deste blogue nin sequera son galegos e aínda así se molestan en ler e comentar (e en votar polo Traveseiro en ránkings de blogues futboleiros). E que cando empecei con isto non tiña nin idea de administrar un blog e tiña certo trauma de que aos poucos días o deixaría por preguiza e burrería, pero un ano despois aínda sego por aquí, coa mesma preguiza pero algo menos de burrería, grazas á axuda dos administradores da Blogaliza e os blogueiros da mesma, que expoñen e aclaran moitas dúbidas.
E grazas tamén aos que me visitan a cotío. E logo están os que chegan até aquí de pura casualidade, vía Google, buscando moitas veces cousas que pouco ou nada teñen que ver con esto. Nos últimos tempos tomo nota desas pesquisas, e algunhas non sei nin a que post corresponden e non lles atopo explicación. Hai vos deixo 25 delas, sen tocar nin unha soa letra do que o tipo ou tipa puxo no buscador que o trouxo aquí:
1. mecano stuttgart
2. fominaya en pelotas
3. louvanzas a virxe maria
4. mujer de svensson
5. futbolistas tocandose mexicanos
6. pollazo
7. que inventos se fixeron co ferro
8. esparadrapo en las medias de los futbolistas
9. mujer de gaspar rosety
10. pablo y silvia fominaya
11. sebastian taborda pene
12. eres un montón de mierda
13. que coche tiene silvia fominaya
14. picos en la boca de sexo
15. farlopa famosos
16. caparrós jódete
17. oksana depor desnuda
18. oksana anderson desnuda
19. las bragas de silvia fominaya
20. cuando ocurrió aluvión en Santiago de chile
21. fotos del futbolista poseido por el demonio
22. tronquito magadaleno
23. ultrasur juanito
24. en la tierra manda raul en el cielo juanito
25. caso de hijo que estaba com cabeza da sua madre na calle

Disto sacamos dúas conclusións: 1. Hai xente que está peor ca min e 2. Hai que falar de violencia, sexo, pollas e tetas para que un blogue sexa exitoso.
Remato agradecendo a todos os que os pasades por aquí a miúdo, aos que non, aos pais, irmáns, esposos, esposas, sobriños, avós, tios, tias, curmáns e demais familia que rogan unha oración pola súa alma...
chuzame -
Arquivado en Autobombo |
4 Grandísimas aportacións »
13 de Marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Os ránkings de blogues é algo que está en completo auxe. Consiste en que o propietario dun blogue elabore unha lista cos blogues (neste caso futboleiros) que lle parecen máis interesantes, de visita obrigada ou o que sexa. Un ránking destes bastante coñecido é o de El Hacha de Rubén Uría, que até hai ben pouco elaboraba el mesmo de forma subxectiva e tendenciosa (segundo as súas propias verbas). Agora polo visto van/imos ser os propios lectores os que voten aos mellores, baixo unhas normas ou criterios, coma por exemplo non poder votarse a si mesmo.
Mais ese non é o único. Onte comprobo que teño unha ligazón entrante dende Pinceladas de Fútbol, páxina que non coñecía. Entro e comprobo que se trata dunha nova clasificación de blogues futboleiros ordeados por número de puntos. Me quedo flipado cando vexo que O Traveseiro figura na novena posición con 5 puntos, empatado con outras bitácoras. E digo que flipo porque cando se me deu por crear O Traveseiro era ca finalidade de pasar o rato e desafogarme soltando paridas que non tiñan cabida nos foros futboleiros onde participaba, e na miña vida pensei que podería ser lido por alguén e moito menos que ese alguén ou alguéns foran capaces de darme nin puto punto nun ránking de blogues futboleiros.
Pero iso non foi sorpresa ningunha se o comparamos co que veu logo. Miro a ver o comentario do autor sobor O Traveseiro e me topo con isto.

Estiven a rir como media hora seguida. Aínda que algún comentario xa advertiu do erro, eu tiven que loxicamente intervir aclarando que non son brasileiro, pero que é normal que se me confunda pola miña depurada técnica. O administrador non tardou en correxi-lo erro... e empeora-lo aínda máis.

Volo xuro, a min me ía mal, choraba ca risa pero xa pasei de insistir no erro porque o prefiro así. Ao mellor a outro lle parecería fatal, pero a min me parece surrealista total, pega moito con esto, e dende aquí agradézolle a Pinceladas este detalle. Me queda a dúbida de por qué brasileiro e non galego, porque sempre tiven claro cando me iniciei nesta aventura que o blogue sería escrito en galego, pero non sabía se o faría en reintegrado (galego-portugués) ou en xunteiro (normativo). Ao final me decidín pola segunda opción porque o primeiro non o domino moito e ademais deste xeito a xente se daría conta rápido de que son galego e non portugués ou brasileiro. Pois ao final nin con esas. Vendo como está o patio terei que engadir isto no meu perfil, que deberá ser lido poñendo acento de Bebeto: "Este blogue o fago com muito trabalho e muita humildade ne, seguro que si".
chuzame -
Arquivado en Autobombo |
6 Grandísimas aportacións »