Peña Rayista do Mesón do Vento

16 de Abril do 2013 perpetrado por o traveseiro

Hai quen ve ovnis ou a «la chica de la curva» e outros a peñas do Raio Vallecano. En fin… colegas que ás 2:51 AM e de rachí (un mércores!) non teñen mellor cousa que facer que pararse a tirar fotos de cartaces polas estradas. E por suposto amolar aos que descansamos facéndonos partícipes destes grandes descubrimentos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Baseado en feitos reais | 7 Grandísimas aportacións »

Con ánimo de ofender

2 de Maio do 2011 perpetrado por o traveseiro

Vamos a ver se nos queimamos un pouco coa peña levantando un pouco de odio e repulsión cunha escolma de paridas.

-Trala ledicia pola vitoria por 1-0 perante o Manchester chegou a tristura ao Arsenal FC polo suposto falecemento do seu afeccionado máis célebre, Osama Bin Laden. Agardemos que se sega a entoar no Emirates Stadium o «Osama, oh, oh. Osama, oh, oh, oh, oh. He comes from Taliban. He is an Arsenal fan» coa música de «Volare», de Domenico Modugno.

-A sorpresa ingrata leveina hoxe lendo o xornal. Seica a Copa do Mundo de imitación aínda segue de xira, e onte estivo por estes lares, concretamente en Santa Comba, Ordes e Betanzos. A falta de imaxes de betanceiros poñemos esta do popular friki facha Alfonso Ussia facéndolle o amor ao trofeo.

-O indesexábel encargado dos videomarcadores de Riazor cumpriu a ameaza de poñe-las fotos das mamás deportivistas, mais á marxe delas, segue a provocarnos arcadas cos videoclips da radiofórmula que emiten até a saciedade. Queremos que volvan os tempos en que emitían entre outros clásicos, o «One step beyond» dos Madness.

-Cando eu ía ao fútbol de pequeno a nosa idea era colarnos en Tribuna ou Preferencia para ve-lo fútbol de puta madre dende unha boa perspectiva, comodamente sentados nunha butaca, e a resgardo das inclemencias metereolóxicas, utilizando as máis variadas artimañas, coma pedirlle a un descoñecido que se fixera pasar polo teu pai até saltar valados de dous metros dunha bancada a outra. Os tempos cambian, polo menos en Riazor, onde decenas de rapaces cruzan todo o estadio en procesión para animar ao equipo cos ultras, e de pé. Freados na fronteira por unha ringleira de seguratas e vixiados de perto pola policía, non se amedrentan e cólanse igualmente esporeados por unha masa que canta «Si tienes un hijo subnormal no lo pienses más, hazlo policía nacional», ou «Garda xurado, madeiro retrasado».

-Cóntame un irmán que estivo a falar cun vello do barrio que lle dixo que para el os mellores do Deportivo no encontro do sábado foron Juan Domínguez e AITIMEL, referíndose a AYTHAMI Artiles. Eu son máis doutro canario, Juan Carlos Valerón DANACOL. Os vellos e os seus problemas para dicer correctamente os nomes dos futbolistas, ese grande misterio sen resolver.

-Xerentes que morren repelendo con cinceiros a atracadores armados con coitelos e pistolas, exfutbolistas aos que lles cae o teito do porche da casa enriba, foghetes que saen disparados contra a bancada durante as presentacións do clube, cascotes (que non casquetes) que caen da cuberta de Balaídos, fillos de dirixentes que morren de accidente de avión tendo antergos na localidade ourensá de Avión, netos electrocutados na piscina da casa… a historia recente do Celta está chea de episodios de drama e traxicomedia. Para cando incluír no himno ou nos videomarcadores de Balaídos o tema dos Def Con Dos, «Pánico a una muerte ridícula»?

-Segundo desvelou o xornal El (in)Mundo, a Fiscalía do Estado está a investigar á embarcación de Urdaibai, actual campiona da Liga de traíñas, por suposta dopaxe. No plantel hai seis remeiros e treinador galegos. Un deles, Luis Pazos, de grande semellanza co racinguista Gonzalo Colsa, celebrou a consecución da Bandeira de La Concha vestido cunha camisola do Athletic. Descoñecemos se era a de Carlos Gurpegi.

-Que José Mourinho é o treinador máis capullo e repelente da liga sábeo todo o planeta e parte do universo. Despois do cese hai xa bastantes semanas de José Antonio Camacho no Osasuna, sabemos tamén quen é o máis inútil e incompetente, con bastante diferencia sobre os seus perseguidores: Miguel Angel Lotina.

-O porteiro israelí Aouate produciuse unha fractura desprazada do arco cigomático dereito do rostro ao chocar co pau dereito da súa portería. Paréceme estraño que se partira a cara co dura que a ten e que aínda non saíse a denunciar á portería por antisemitismo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Baseado en feitos reais, Idas de olla, Odioteca | 8 Grandísimas aportacións »

Unha foto do clásico

30 de Novembro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Do clásico balonazo que levamos algunha vez no careto todos os que xogamos de pequenos ao fútbol na rúa, no parque ou no patio do colexio. Porque de verdade pensabades que iamos falar do Barça-Madrid? Nin de coña.

Iso si, comentar unha parida que escoitei o pasado domingo vendo polo PPV o Rácing-Deportivo. Houbo unha ocasión para os locais na que o sueco Kennedy, ao cal xa se lle ve algo máis que o cartón (non sei a que agarda para raparse a cabeza), pillou unha volea e mandou o balón ao quinto carallo. O comentarista (textual): «Kennedy tuvo un balón franco, franco, franco!!«

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Baseado en feitos reais | 6 Grandísimas aportacións »

Hai unha mensaxe para ti

13 de Outubro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Hai uns días mudei de móbil e tiven que asegurarme de gardar e copiar números, enderezos e outras lerias gardadas na tarxeta e na memoria do teléfono non vaia se-lo demo que os perdera. Xa de paso boteille un repaso ás mensaxes de texto que se atopaban por aí, sen borrar, dende fai bastante tempo.

Acho bastantes en clave futboleira, a meirande parte delas curtas tipo «Como vai o Depor?», «Quien marcó los goles?», «Irureta kanpora!» e polo estilo. E logo hai outras, que podemos clasificar en tres grupos: «Quedadas», «Mundial» e «Sen clasificar».

1. QUEDADAS: Para ir ao estadio, para tomar algo na previa dos partidos ou para velos nos bares polo Pay Per View.

«Haberá k ir ver a vitoria do depor en santander, kedamos as 5 onde sempre? Confirma con perdida.»
Ao final quedamos onde sempre e gañamos en Santander… coma sempre.

«Nos vemos en el campo, k le estoy arrancando la cabeza a varios asturianos.»
Previo a un partido contra o Sporting de Xixón.

«Melón, kedaremos pa ver al fachadolí?»
Quedamos, e non sei para que, porque unha vez máis saímos escaldados de Zorrilla. Menos mal que este ano o Valladolid está en segunda.

«Cáspitas, kedaremos pa ver o fuchebole, eu chegarei as 5 e pico como e habitual en min confima con perdida.»
O habitual en min é chegar con tempo para pillar unha boa mesa. Son un pringao.

«Hoxe vas ir o fuchebol? Yo iré pero voy directo.»
Isto é o que se coñece coma fútbol directo.

«Pailán, kedamos a las 5:15 pal futbol. Te llamaba xk m encontre a todos los del sevilla x el paseo menuda pinta de jichos teñen os futbolistas.»
Na Coruña, jicho ten o significado de ionqui-delincuente, navalleiro…

«Hoxe non vou o futbol k tou en gijón por certo vimos 5 ultrabois (no lloreis mas..) y uno llevaba una camiseta 100% fascista. Viene el bilbao, kien lo verá correr.»
Os ultras de Xixón, correndo maratón.

2. MUNDIAL SUDAFRICA 2010: Polo que se ve, o Mundial foi unha época de grande tránsito intestinal e mensaxes de texto. Velaí van algúns:

«Santacruz, patriota galego!»
Antes do partido Paraguai-España, tódalas nosas esperanzas estaban postas no actual dianteiro do Manchester City.

«Sinto polo Pelusa e cago na mao do demo de onte. Contra Espanha campanaria, sempre.»
En cuartos de final, Arxentina é eliminada por Alemaña e Ghana tivo a vitoria a un paso pero unha man do uruguaio Suárez e posterior fallo do penalti truncou a fazaña africana.

«7 cabezas nucleares apuntan xa cara Lisboa, filhos da puta!»
Portugal mételle 7 goles a Korea do Norte, había que vingarse dalgún xeito da aldraxe e esa era unha boa idea.

«O intelectual xefe do Riveira (penha de Filipe Luis) torce pola Italia. Um seareiro dilhe que a Italia é o anti-futebol e ele retrucalhe que ‘o Anti-Cristo é um Cristo. E o antifutbol é fútbol’.»
O dono do bar da Peña Deportivista Filipe Luis filosofando.

«Colgastes a bandeira da nosa selección a galega? Eu si.»
Non a poño o 25 de Xullo e a vou poñer polo fútbol? Non, ho.

«Como dixera Trillo pasando revista ás tropas de El Salvador: Viva Honduras! Que Deus os colha colgados dos campanarios.»
España xogaba contra Honduras na primeira fase do campionato.

«Arestora nom sei por quen vou torcer. Forza vermelha e amarela! (Canarinha, quer dizer).»
That is de question, enfróntanse Brasil e a Auténtica Korea e asáltanos as dúbidas.

3. SEN CLASIFICAR: Mensaxes variadas.

«Xa o dicía Caparrós, o importante é a finalización».
Ligar sen chegar a consumar, serio problema para este home.

«Das grorias desportivas que kaspean pela €spanha…! Visca el Barnabeu! Gora Vallekas askatuta!»
O Barcelona acaba de meterlle o famoso 2-6 ao Real Madrid na súa casa.

«Aproveitando o rebumbio, Lendoiro vende o nicho onde xaz sua nai.»
Extracto dunha mensaxe non futboleira pero co presidente do Deportivo coma protagonista.

«Y menos mal que se ganó. Carecemos de talento para superar el juego defensivo y los rivales necesitan poquito para hacernos gol».
Rematabamos de gañar pola mínima ao Málaga e eu só lle puxen algo así como «Damos puta pena». Pero claro, non me decataba que este amigo tiña carné de adestrador e bastante labia, e as súas mensaxes longas e sen abreviaturas. Xa hai tempo que non o vexo, pero lembro que molaba escoitalo falar de fútbol.

«Furbo, touros e turko-surf.»
Non hai dios que entenda isto.

«Hala Haén! Puta Linare!»
Pintada feita de seguro por algún turista xienense na Torre de Marathon, no campo de Riazor, e copiada por este colega á súa maneira (a verdadeira pon Jaen e Linares).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Baseado en feitos reais | 8 Grandísimas aportacións »

Que non panda o cúnico… seguimos na brecha

13 de Setembro do 2010 perpetrado por o traveseiro

A escasa actividade no blogue é debido a unha mestura de preguiza, falta de tempo e, por que non, de comentarios, que en parte son do que nos alimentamos. De tódolos xeitos, con ou sen comentarios, tratarei de actualizar con máis frecuencia. De momento, velaí van algunhas subnormalidades de máxima actualidade.

«Lo que hizo famosa a Escocia, mira como me dejó»

O vindeiro sábado a banda ourensá de rock Los Suaves dará na súa cidade un concerto para comemorar (e bebemorar) os 30 anos de carreira. A actuación será gravada para editar un dobre disco e DVD. A verdade é que medo me dá o que pode saír de aí vendo o dantesco espectáculo que ofrece o seu líder no escenario. Eu xa hai tempo que non os vexo en directo, mais polo que din as críticas… «Yosi en un estado lamentable bebiendo a morro por una botella de wiskey, se pasó más tiempo en el suelo que de pie. Para colmo, se le cayeron los pantalones y tuvo que salir un pipa para subírselos. Por encima, solamente cantó un par de estrofas de la primera canción, porque estaba tan ido que no recordaba ni las letras».

A imaxe corresponde a un concerto ofrecido no pasado Marzo na madrileña Sala Riviera. Yosi, de seguro que todo mazao, leva posta unha camisola do Atlético de Madrid totalmente enganado, pois en realidade pensa que a zamarra non é do Atlético, senón do CHIVAS de Guadalaxara.

-Desaparición do Real Madrid.
Antonte estabamos a manter unha conversa sobre o fútbol moderno saíndo a colación os recentes casos de desaparición de equipos por motivos económicos. Un colega, a sabendas da miña sabedoría balompédica, faime unha interesante pregunta: «Que cres que ten que pasar para que desapareza o Real Madrid?» A miña resposta… «O Madrid nunca desaparecerá, se acaso cando desapareza o fútbol». A súa contundente réplica: «Pois entón que desapareza o fútbol!!»

-O campo do Elxe.
Cando era pequeno chamábase Altabix, logo remodelárono e pasouse a chamar Nou Estadi, e hai uns anos rebautizouse coma Martínez Valero, en homenaxe a un expresidente. O sábado pasado, voltou mudar de nome na edición impresa do Marca (cando menos na edición para Galiza): Estadio López Valero. Non é una cousa moi grave, e menos saíndo dese panfleto, pero coño, hai que dicilo.

-Árbitros de esquerdas.
O Milan palmou esta fin de semana co Cesena, e o seu mandamás, o coñecido cómico e macarra Silvio Berlusconi esgrimiu a seguinte escusa: «Ao Milan adóitanlle tocar árbitros de esquerdas». Menos mal que por motivos obvios non lles pode arbitrar Pérez Burrul. O excolexiado cántabro é coñecido tanto polas súas malas actuacións como por que adoita reflectir na acta en partidos pitados no campo do Madrid, Betis ou Sporting cousas tales coma «En uno de los fondos donde se encontraban los seguidores locales hubo un buen número de banderas y pancartas con simbología nazi y banderas españolas con similar simbología y escudos preconstitucionales» ou escoitar «cánticos que hacían alusión a la ‘cámara de gas, muerte a Osasuna, siempre fascistas’ acompañados de gestos y señales de tipo fascista». Isto tradúcese en multas irrisorias a eses clubes.

-Folga no fútbol italiano.
Outro milanista, Massimo Oddo, compareceu en rolda de prensa rodeado doutros compañeiros de profesión para ler un comunicado anunciando unha folga para a quinta xornada de liga. Dixo que «a folga é unha protesta contra o trato que recibimos os futbolistas. Somos traballadores coma os demais, ter salarios altos non significa gozar de menos dereitos». E que pasa coas obrigacións destes vividores? Moito morro é o que hai.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade, Baseado en feitos reais, Defecacións verbais | 4 Grandísimas aportacións »

Unha análise pormenorizada de Özil

15 de Agosto do 2010 perpetrado por o traveseiro

Pregúntolle a un compañeiro de traballo madridista que lle parece Mesut Özil, a posíbel nova fichaxe dos merengues. Agardaba unha resposta do estilo «ese posto está máis que cuberto… non é tan bo xogador… de onde saíu ese?… é mellor que Kaká…» mais a que me deu (con cara de serio) supera con creces tódalas predicións:

«Ese? É dunha raza chunguísima». Para un intre e prosegue: «Ademais… moito me foden eses ollos de sapo». Iso é todo, non di máis, aquí remata toda a análise do futbolista alemán de moda por parte deste fenómeno da natureza.

Un xogador Özil, por certo, moi interesante para este blogue, e non precisamente polas súas semellanzas co exprimeiro ministro portugués e co expresidente da Arxentina (non se sabe cal é pior), xa que segundo a Wikipedia ten unha relación sentimental con Anna-Maria Lagerblom, exmuller do futbolista finés Pekka Lagerblom, ex noiva do suizo Ludovic Magnin e irmá da cantante de pop Sarah Connor, á cal confundimos unha vez con Filipe Luis. Sexa como fose está claro que á tal Anna Maria góstanlle os futbolistas, e canto máis feos mellor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios, Baseado en feitos reais, Defecacións verbais | 5 Grandísimas aportacións »

Denantes mortos que gregos

30 de Xuño do 2010 perpetrado por o traveseiro

Imos facer unha pequena paréntese na actualidade mundialista para comentar o que vin hoxe nunha páxina publicitaria do Deporsport, de todos e todas coñecido por se-lo panfleto voceiro do Real Clube Deportivo.

Se polo menos fosen turcos…

Seica na tenda oficial do Clube están a vende-los reloxos oficiais da marca Justina, con caixa de aceiro resistente ao auga e ao viño, garantía de dous anos, esfera co escudo gravado… En fin, todo moi chachipiruli agás a metedura de gamba do anuncio.

Na parte superior do mesmo, como se apreza na imaxe, poñen tres fotos de afeccionados que se supón que son do Depor… mais na última os que saen son seareiros da selección de Grecia. Vamos, que viron unha imaxe duns tipos nunha bancada sostendo bandeiras nacionais gregas e xa consideraron que ao ser branquiazuis xa valían. É coma se en publicidade do Atlético de Madrid poñen unha foto duns estadounidenses con bandeiras do seu país e nun do Madrid a uns notas con bandeiras de Chipre (estaría caralludo, dito sexa de paso). Aquí pódese ver mellor a imaxe.

Á marxe disto, teño que poñer unha cousa que escoitei antonte nun bar (onde senón!) a dous paisanos. Un pergunta con quen estaba a xogar Holanda (era á hora do Holanda-Eslovaquia de oitavos) e o outro respóstalle que «contra CHECOSLOVENIA«.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Baseado en feitos reais | 1 Grandísima aportación »

Emilio Butragueño, o negro máis branco

1 de Xuño do 2010 perpetrado por o traveseiro

De pequeno estiven nunha asociación cultural na que se facían actividades lúdicas, educativas, movidas ao aire libre… Lembro que unha vez estabamos a xogar no local social a que un de nós pensaba o nome dun futbolista e o resto o tiñan que adiviñar facendo preguntas que só podían ser respostadas por SI ou NON. Así, tocoulle a quenda a SECUNDINO.

Son coma dúas pingas de auga

Non me lembro moi ben de como transcorreu a rolda de preguntas pero si das decisivas, as que pensabamos que darían co nome do futbolista agochado. -É dianteiro? SI. -Xoga no Deportivo? SI. -É negro? SI.

Nese mesmo intre, moitos de nós dixemos á vez o nome do único xogador deportivista que reunía esas cualidades: Brian Louie DONOWA. Era un xogador inglés de orixe xamaicana que chegara cedido polo Norwich City a mediados da tempada 85-86. Xogaba de extremo esquerdo, e era un portento físico, moi rápido e tiña un bo remate coa testa. Finalizada esa tempada, O Inglés (como era coñecido no vestiario) foi facer unha proba no Sevilla pero finalmente ficaría no Depor tres anos ou por aí, cando o traspasamos ao Birmingham. Salientar que na Coruña tiña fama de festeiro e que non se cortaba un pelo en poñerse a bailar break dance en plena Rúa Real. Existe a lenda de que lle tiraban moedas e todo.

Ben, pois ao que iamos, Secundino tira por terra as nosas ilusións cando di que NON… non se trata de Donowa. Nisto que salto eu, que xa daquela era bastante friki, e nomeo a TOKS, un nixeriano que estaba daquela a proba no Deportivo para substituír ao uruguaio Acevedo. O pavo, contra todo pronóstico di que tampouco é Toks. Definitivamente quito o sombreiro ante el e pido papas: Quen carallo é? BUTRAGUEÑO, solta todo serio e cheo de razón. Tampouco lembro cal foi a nosa reacción pero algo do estilo «Este tío é subnormal… nos tomas o pelo… non sabes nin o que é un balón…»

Irmáns de sangue

Xa pasaron máis de vinte anos e descoñezo que foi de Secundino, pero vendo o percal só se me ocorre unha profesión que pode que estea a desempeñar hoxe en día: XORNALISTA DEPORTIVO.

P.D. Saliento «Butragueño» para que vexa ben a barrabasada (aínda que xa se supuña polo título do post e polas fotos) e para probar o novo campo de «Tamaño de fonte» do cadro de texto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Baseado en feitos reais | 8 Grandísimas aportacións »

O soño continúa

14 de Maio do 2010 perpetrado por o traveseiro

Esta semana tiven un soño estrañísimo. Bueno, a verdade é que os soños teñen que ser estraños, si non non son soños. Foi moi curto e nel saía o director deportivo do Atlético de Madrid, Suso García Pitarch, sentado nunha mesa dun restaurante e eu increpándoo. Como soe acontecer case sempre, espertei. Non me lembro moi ben dos motivos da rifa porque ademais persoalmente tampouco tiña nada en contra del, e había tempo que non lía nada sobre o devandito.

Tan só unha reseña hai máis dun mes, tomándome una caña no Bar Deportes, onde se comentou que na folga de futbolistas do ano 1984 disputouse igual a xornada porque os clubes decidiran xogar con xuvenís, e que algún equipo contou con futbolistas profesionais, coma o Valencia, que alienou a García Pitarch.

É probábel entón, que aínda que con mes e medio de retraso, a miña mente estivera traballando para collelo calquera noite nun soño destes e chamarlle esquirol á súa puta cara. Estou pensando que coma curiosamente a lenda das celebracións atléticas é «EL SUEÑO CONTINÚA», igual tamén continúa o meu. Como rematará a cousa? García Pitarch e eu chegando as mans? Xa vos contarei.

Por certo, que a foto que ilustra o post non é moi actual que digamos, pero me parece moitísimo máis atractiva que se o fora. É o protagonista do meu soño cando xogaba na UE Figueres a finais dos oitenta, un viruliñas e cabezón. Atención ao cutre colante publicitario de ALDI, o actual GADIS, estampado nunha camisola da clásica e infelizmente desaparecida marca levantina, Ressy.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Baseado en feitos reais | 3 Grandísimas aportacións »

Iturralde txapeldun!!

20 de Abril do 2010 perpetrado por o traveseiro

Esta pasada xornada o árbitro basco Eduardo Iturralde González converteuse no máis tarxeteiro da historia da Liga ao amosar un total de 1.368 cartóns, en parte grazas a que nunca arbitrou ao La Orden de Huelva, pois seica a estes non lles suman. Ademais, tamén é plusmarquista no que atinxe aos penaltis pitados, leva 96 e aínda lle quedan dúas tempadas para seguir sumando.

Hai algo máis de tres anos tiven unha breve conversa con el na previa dun partido. Foi no choio, e el ía acompañado dos seus asistentes, os mesmos cos da foto, co inimitábel Rafa Guerrero (o do famoso «Rafa no me jodas, me cago en mi madre!») Así foi e así vola conto (non é que teña unha memoria de elefante, pero apunteina para poñela nun foro e ao final pasei… até agora):

ITURRALDE: -Buenas tardes, ¿me cobra por favor?
EU: –Si, como no, son doce euros.
I: –Uf, que caro ¿no? (Poñendo careto de circunstancias).
E: -Lo siento caballero, yo no pongo las tarifas…, si las pusiese yo, a usted le cobraría más por espabilao (esto último evidentemente non llo dixen, pero penseino).
I: –(Saca una tarjeta de crédito) ¿Admiten tarjetas?
E: –No, solo rojas y amarillas (saíume de dentro).

O noso protagonista quedouse cortado, e os seus acompañantes comezan a descojonarse da risa e el, superada a primeira impresión, tamén sorrí.

I: –Coño, pues yo pensé que en Coruña estábais más modernizados.
E: –Si, bueno, es que siempre hay problemas con la conexión y por eso no las aceptamos (mentira cochina, iso dícese sempre aos clientes que se poñen pesados por non ir quitar cartos ao caixeiro).
I: -Dame una factura o un ticket anda, a ver si los de la Federación nos pagan esto, pero a ver, porque tal como están las cosas… (E iso que aínda faltaban dous anos para a crise!)

Pasa de tratarme de «usted» a tutearme, eu fago o propio.
E: –A ver si te portas bien hoy con nosotros ¿eh?
I: -¿Solo hoy?
E: –No, en general, lo que pasa es que andamos muy necesitados de puntos y nos vendría muy bien ganar (poñendo cara de pena).

O noso trencilla favorito sorrí e se despide moi amablemente, ao igual que os seus compañeiros, que tamén falaron algo cun compañeiro meu pero non transcendeu. Esa noite, o Deportivo gañou aquel partido ao Mallorca grazas a un rigurosísimo penalti pitado por Iturralde.

Ao principio cachondeamonos do asunto, a ver se tiven algo que ver na súa posterior arbitraxe favoritista… Se foi así, saíu bastante máis barato que agasallalo cun xamón ou mandarlle unhas meretrices ao seu hotel.

Este domingo, no que conseguiu o récord, se lle volveu chamar fillo de puta en Riazor, o cal non o entendo porque aínda que as súas arbitraxes deixan moito que desexar… aí están os resultados que o avalan. Por certo, que na procura da nova da arbitraxe de Iturralde do clásico de Irán (!), acho un interesante comentario que amosa o moito que o queren, tamén os grandes filósofos e intelectuais que len no ABC algo máis que as mortuorias:

«LOS MUERTOS DE ITURRALDE IJO DE PUTA COMO VALLAS PARA HUELVA TE MATAMOS A PEDRA ASINKE MEJOR QUE NO APARARESCA X AKI IJO DE PUTA , TU MUJE LA CORNUA».

E iso que pon ben clariño: «Sé respetuoso con tus comentarios para mantener un diálogo civilizado. Nos reservamos el derecho de moderar aquellos comentarios con insultos, ataques, o que no tengan relación con el tema tratado». Vou poñer unha norma así no blogue para que logo nola pasemos todos polo forro. Viva!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Baseado en feitos reais | 6 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo