21 de Maio do 2013 perpetrado por
o traveseiro
Arquivado en Chámalle X |
Comenta, non sexas rata »
18 de Maio do 2013 perpetrado por
o traveseiro
Fochicando pola internete acho que un fulano de Irapuato, do estado de Guanajuato (México) vende unha camisola do Deportivo dos anos noventa da marca Umbro por 399 pesos, que seica veñen sendo arredor de 25 ouros.

A miña primeira impresión ao ver as fotografías do artigo foi un «Pero que coño?!». Resulta obvio que esa camisola é branquiazul e semella, agás sexa imitación, que é da marca Umbro, pero de ningunha maneira foi vestida endexamais polo Deportivo, e moito menos polo «alemán Reinhard Kaufman» (!?). Esta reliquia (como así a define o vendedor) é da talla CH/12 e está «en perfecto estado, sin decoloro, sin hoyos, jalones, bolitas, sin detalles». «No te la pierdas, llévatela ya», prosegue. Para remata-la faena di que é «para coleccionistas y CONOCEDORES «.
Por casualidade alguén poderíame dicer a canto ascenden os gastos de envío dun sicario a este estafador para que lle deixe a cara decolorada, con hoyos e jalones, e paterarlle as bolitas sen entrar en detalles?
Velaquí tedes a ligazón a este despropósito.
Arquivado en Chámalle X |
Comenta, non sexas rata »
7 de Marzo do 2013 perpetrado por
o traveseiro

Non sei como puido acontecer, pero este deseño de camisola en galego (incluído nome legal da cidade!) logrou pasar tódolos filtros españolistas do consello de administración, imprimirse e até poñerse á venda na tenda oficial do clube.
Levarían un gholpe na cabesa ou por fin están a caer da burra de que o Deportivo é un equipo galego e isto é o que demanda a grande maioría dos afeccionados deportivistas? Será o primeiro caso.
Por certo, que a miña mestra de literatura galega do instituto tamén estará contenta polo feito de que pon «de A Coruña» e non «da Coruña», algo que lle obsesionaba sobremaneira até o punto de obrigar a corrixilo con lapis dos libros de texto, non só neste caso, tamén de tódolos topónimos que levasen un artigo diante.
Arquivado en Chámalle X |
5 Grandísimas aportacións »
5 de Marzo do 2013 perpetrado por
o traveseiro

Di a letra dunha lendaria canción republicana que «…nuestros hijos nacerán con el puño levantado». No caso dos fillos dos seareiros do Fatih Karagümrük Sportif Faaliyetler A.Ş turco ademais de, co puño dunha man erguido, na outra levan unha espada ou coitelo ben afiadiños para rebanar os pescozos dos rivais.
Arquivado en Chámalle X |
1 Grandísima aportación »
31 de Decembro do 2012 perpetrado por
o traveseiro
…pois darémoslles leite. Pero de calidade, da mesma que bebe tódalas mañás Cristiano Ronaldo para estar ben forte e san, e meter logo moitos goles.

Un grande vaso dela ben quentiña vai para o noso LEITOR e comentarista máis fiel, á par que varas, doRCCV, que así nolo solicitou («contento doRCCV??»). E unha xarra enteira para Antihéroe, que sei que gosta do leite ben branco pois para iso é do Real Madrid e se papa tódalas noites Punto Pelota. Para que logo non diga que non nos lembramos del a pesar de que xa non se deixa caer por aquí.
E por favor, non ser egoístas e deixádelle pegar un grolo a Evaristo, ese novo que comenta. Máis que nada para que se vaia afacendo ao sabor, pois é o que lle queda se pretende vir en plan ultraviguista resentido. Para o resto, licor café e crema de oruxo.
En fin, que non entraba nos meus plans publicar un derradeiro post do ano, e menos así, mais xa o dicía o Zeca Afonso, «o povo é quem mais ordena». Así que sen outro particular, despídome de vós até o ano que vén.
Arquivado en Chámalle X |
8 Grandísimas aportacións »
5 de Novembro do 2012 perpetrado por
o traveseiro

O músico británico, e grande futboleiro, Rod Stewart, confesou a pasada semana durante a presentación da súa biografía que adoitaba a consumir cocaína por vía anal. Amodo, non é que a aspiraba polo cu, como Camilo José Cela coa auga, senón introducíndoa en pequenas cápsulas a modo supositorio. «Fun un drogadicto social», seica dixo. Mágoa que aproveitara tamén para desterrar a magnífica lenda que dicía que en certa ocasión tivo que ser ingresado nun hospital por inxesta masiva de seme.
Cantos futbolistas retirados darán a cara coma el e confesarán dunha vez por todas que consumían farlopa por vía anal, rectal, intravenosa e até polas orellas? Por unhas autobiografías de deportistas serias e coherentes XA!
Arquivado en Chámalle X |
3 Grandísimas aportacións »
24 de Outubro do 2012 perpetrado por
o traveseiro
O fútbol profesional está a alcanzar tal grao de estupidez que xa non só son contratados por clubes e federacións psicólogos e nutricionistas, entre outras especies. Agora tamén PSICOESTETAS. Estou a falar concretamente de Ramiro Fernández Alonso, que seica traballa peiteando e aconsellando aos futbolistas da manida Roja.

O tío non só se atreve a louva-la patética imaxe de Feijóo, senón que tamén, consultado polo Marca, ten os santos collóns de criticar gravemente o corte de pelo realizado por Fernando Amorebieta (aquí arriba) durante unha concentración coa gloriosa selección de Venezuela, a Vinotinto, da que o defensa do Athletic é puntal. No Marca subtitulan que «El central desafía el canon de la estética con un rapado parcial de su cabello», cando non ten nada de raro raparse só polos lados. Para o Ramiroguay, o que se fixo Amorebieta «es un corte esnobista. Soy un defensor del peinado como vehículo de seducción y comunicación, y lo que ha hecho este jugador es todo lo contrario. Minimiza su imagen de triunfador».
Tras confirmarse que este peiteado snob foi perpetrado por dous compañeiros, o psico-esteta achega que «se nota que han usado una maquinilla de cuatro ceros. Para hacer esto era mejor que se hubiera rapado totalmente. Es una excentricidad que a mí particularmente no me gusta porque no han acondicionado el pelo del frontal de la cabeza con respecto al afeitado de los márgenes».
Eu, que incluso cortáballe o pelo ao meu can e que ademais son fillo de perruqueira, sei algo disto, e apoio totalmente todo tipo de corte de transgresor. E o peor de todo é que…
1. Ramiro o psico-esteta podería predicar co exemplo e facerse algo na cachola porque a súa alopecia xa lle chega case á coronilla, co que xa non se sabe onde empeza e remata a fronte. Un rapado a coitelo viríalle ben.

2. Ten narices que se sorprendan hoxe en día con calquera corte de pelo. Estes xornalistas modernos como se nota que non coñeceron a tipos coma o mítico Mike Werner (imaxe superior), que nos seus tempos no Hansa Rostock luciu un dos mellores mullets noventeiros que se recordan no fútbol europeo. E quen non lembra a finais dos oitenta na Coruña a futbolistas coma Xosé Ramón ou Flaco Gil con rizos de permanente?
Arquivado en Chámalle X |
3 Grandísimas aportacións »
30 de Xaneiro do 2012 perpetrado por
o traveseiro
Aínda que só sexa para dar sinais de vida…
1. Estou até unha coñecida cidade brasileira de que cada vez que poño os espazos deportivos dos telexornais ou programas de deportes só falen dos putos Barça-Madrid-Madrid-Barça. Pesados!

Seguimento do clásico en HD
2. Na Galiza temos persoeiros coma Martiño Rivas que españolizan o nome con escusas das máis variopintas, e fóra hai outros coma o técnico do Mirandés, Juan Carlos Pouso, que seica pouco menos que renunciou a xogar no Athletic por non usar coma nome deportivo o seu segundo apelido, Lejonagoitia, como así lle recomendaban dende o clube bilbaino, e seguir fiel ao galego Pouso. Estes son os imprescindíbeis!
3. Primeiro foi un famoso vigués e celtista coma Oscar Pereiro louvando a cidade da Coruña: «…é a mellor cidade de Galiza para vivir», e agora un dos mellores xogadores célticos e ademais da canteira, Hugo Mallo, poñendo polas nubes á afección do Deportivo e criticando á do seu equipo. Despois disto estou a maxinar a Leri revolvéndose na súa tumba.
Arquivado en Chámalle X |
Comenta, non sexas rata »
10 de Outubro do 2011 perpetrado por
o traveseiro
Cando puxeron de patas na puta rúa a José Antonio Camacho no Osasuna sabiamos que o ía ter complicado para voltar a adestrar, que afunde a tódolos equipos, que o fútbol que practica aburre ás ovellas e que non o ía querer fichar nin sequera o equipo do seu povo Cieza (provincia de Murcia, qué seca hermosa eres). Se cadra acabaría os seus días coma pallaso-comentarista amenizando os partidos da selección apañola.
Pois vai ser que non, porque os chefes da federación chinesa de fútbol fixéronlle unha oferta para dirixir os designios da selección nacional de cara ao Mundial do Brasil 2014. Camacho, que dito sexa de paso, igual pretende igualar ao grande Bora Milutinovic pero non lle chega nin á sola dos zapatos, aceptou en primeiro lugar porque se está levantando el e os seus axudantes un pastizal. Polo visto os seus altos emolumentos os paga unha empresa inmobiliaria chamada Wanda, que non sei se tamén é unha peixería ou algo, pero pasta teñen. E segundo porque se sente 100% identificado cos métodos chineses. Me explico.
Seica en China non existe a figura do utilleiro, así pois, os xogadores da selección chinesa acaban os adestramentos e levan cada un a súa roupa suada. Volven ao hotel de concentración e bótana a lavar. Nin sequera adoitan a ducharse no estadio tras os adestramentos e os partidos. Vamos, que sonche uns porcos, e Camacho debe estar totalmente encantado con eles porque actúan á súa imaxe e semellanza.

A todo isto leva tres meses en China e non aprendeu nada de chinés, algo que non sorprende porque xa cando estivo tres anos no Benfica non falaba nin papa de portugués, así que ten un intérprete ao seu carón que seica está sufrindo do lindo porque non sabe como traducirlles aos xogadores «corre cabrón!».
Por certo, a imaxe do propio Camacho e da que poderiamos identificar tranquilamente como a súa filla (Camachina?) foi vista hoxe mesmo no indispensábel tumblr de Gorkalimotxo.
Arquivado en Chámalle X |
Comenta, non sexas rata »
12 de Xullo do 2011 perpetrado por
o traveseiro

Chámase José Manuel Candal Raposo, e foi quen de subir en 2006 ao Mesón do Bento CF de Terceira Autonómica a Segunda; en 2008 a Primeira; en 2009 a Preferente; e en 2010 a Terceira División. O malo foi que este ano baixará de golpe todas esas categorías por motivos económicos, voltando a Segunda rexional, ao grupo de As Mariñas.
Velaí o temos nunha impactante imaxe dun partido do Mesón, recollendo fachendoso os balóns entre toxos e xestas e perto de varias torres de alta tensión. Imaxes como estas eclipsan todo o que atinxe á súa xestión a fronte do clube ordense. Candal debería ser un referente para os novos dirixentes do fútbol galego.
Arquivado en Chámalle X |
Comenta, non sexas rata »