Tres breves apuntamentos

30 de Xaneiro do 2012 publicado por o traveseiro

Aínda que só sexa para dar sinais de vida…

1. Estou até unha coñecida cidade brasileira de que cada vez que poño os espazos deportivos dos telexornais ou programas de deportes só falen dos putos Barça-Madrid-Madrid-Barça. Pesados!

Seguimento do clásico en HD

2. Na Galiza temos persoeiros coma Martiño Rivas que españolizan o nome con escusas das máis variopintas, e fóra hai outros coma o técnico do Mirandés, Juan Carlos Pouso, que seica pouco menos que renunciou a xogar no Athletic por non usar coma nome deportivo o seu segundo apelido, Lejonagoitia, como así lle recomendaban dende o clube bilbaino, e seguir fiel ao galego Pouso.  Estes son os imprescindíbeis!

3. Primeiro foi un famoso vigués e celtista coma Oscar Pereiro louvando a cidade da Coruña: “…é a mellor cidade de Galiza para vivir”, e agora un dos mellores xogadores célticos e ademais da canteira, Hugo Mallo, poñendo polas nubes á afección do Deportivo e criticando á do seu equipo. Despois disto estou a maxinar a Leri revolvéndose na súa tumba.

Arquivado en Chámalle X | Comentarios desactivados en Tres breves apuntamentos

Camacho na China

10 de Outubro do 2011 publicado por o traveseiro

Cando puxeron de patas na puta rúa a José Antonio Camacho no Osasuna sabiamos que o ía ter complicado para voltar a adestrar, que afunde a tódolos equipos, que o fútbol que practica aburre ás ovellas e que non o ía querer fichar nin sequera o equipo do seu povo Cieza (provincia de Murcia, qué seca hermosa eres). Se cadra acabaría os seus días coma pallaso-comentarista amenizando os partidos da selección apañola.

Pois vai ser que non, porque os chefes da federación chinesa de fútbol fixéronlle unha oferta para dirixir os designios da selección nacional de cara ao Mundial do Brasil 2014. Camacho, que dito sexa de paso, igual pretende igualar ao grande Bora Milutinovic pero non lle chega nin á sola dos zapatos, aceptou en primeiro lugar porque se está levantando el e os seus axudantes un pastizal. Polo visto os seus altos emolumentos os paga unha empresa inmobiliaria chamada Wanda, que non sei se tamén é unha peixería ou algo, pero pasta teñen. E segundo porque se sente 100% identificado cos métodos chineses. Me explico.

Seica en China non existe a figura do utilleiro, así pois, os xogadores da selección chinesa acaban os adestramentos e levan cada un a súa roupa suada. Volven ao hotel de concentración e bótana a lavar. Nin sequera adoitan a ducharse no estadio tras os adestramentos e os partidos. Vamos, que sonche uns porcos, e Camacho debe estar totalmente encantado con eles porque actúan á súa imaxe e semellanza.

A todo isto leva tres meses en China e non aprendeu nada de chinés, algo que non sorprende porque xa cando estivo tres anos no Benfica non falaba nin papa de portugués, así que ten un intérprete ao seu carón que seica está sufrindo do lindo porque non sabe como traducirlles aos xogadores “corre cabrón!”.

Por certo, a imaxe do propio Camacho e da que poderiamos identificar tranquilamente como a súa filla (Camachina?) foi vista hoxe mesmo no indispensábel tumblr de Gorkalimotxo.

Arquivado en Chámalle X | Comentarios desactivados en Camacho na China

O presi do Mesón do Bento

12 de Xullo do 2011 publicado por o traveseiro

Chámase José Manuel Candal Raposo, e foi quen de subir en 2006 ao Mesón do Bento CF de Terceira Autonómica a Segunda; en 2008 a Primeira; en 2009 a Preferente; e en 2010 a Terceira División. O malo foi que este ano baixará de golpe todas esas categorías por motivos económicos, voltando a Segunda rexional, ao grupo de As Mariñas.

Velaí o temos nunha impactante imaxe dun partido do Mesón, recollendo fachendoso os balóns entre toxos e xestas e perto de varias torres de alta tensión. Imaxes como estas eclipsan todo o que atinxe á súa xestión a fronte do clube ordense. Candal debería ser un referente para os novos dirixentes do fútbol galego.

Arquivado en Chámalle X | Comentarios desactivados en O presi do Mesón do Bento

Percebe!

2 de Abril do 2011 publicado por o traveseiro

Na edición para Galiza do Marca do pasado martes entrevistaron ao canario Manuel Pablo García co gallo de que é o futbolista en activo da liga que máis tempo leva defendendo o mesmo escudo en Primeira División, e supoño que de tódalas divisións con parafusos nunha perna. Unha das perguntas é se xa se considera galego. A resposta foi que “Si te cuento que…

Gostaría de ve-la cara do camareiro da mariscaría e saber se realmente pensou o que pensaría eu: “Este tío é xilipollas”. Este episodio lémbrame á vez que o Raio Vallecano gañara na Coruña hai bastantes anos e os Ruiz-Mateos, que daquela pagaban, convidaron a toda a expedición a unha mariscada. Puxeron as imaxes na TVG da enchenta, e salientaron o careto de pánfilo do porteiro estadounidense Kasey Keller, que ollaba coma todo dios poñíase as botas agás el, que coma Manuel Pablo, non gostaba do marisco. Na súa defensa dicer que seica criouse nunha granxa de polos en Wisconsin e supoño que ten outro concepto das langostas.

De tódolos xeitos, Manuel Pablo admite que o marisco é agora o seu prato preferido xunto á pasta (a pasta gansa), e quen sabe se non asalta os restaurantes a ritmo do rock dos míticos Cacahué: “A ver que pasa aquí! Nin peixe nin bistec, queremos comer… percebes!”.

P.D. O Real Madrid din que quere fichar a un dianteiro do Sporting de Xixón de 16 anos. Dáse a particularidade que é fillo de Mino, aquel mítico defensa central leñeiro e sen cintura que pululou por varios equipos españois. Di o pai que “tiene más calidad que yo”. Joder, pois para iso tampouco hai que ser ningún fenómeno.

Arquivado en Chámalle X | 7 Comentarios »

O Real Madrid vermello

16 de Marzo do 2011 publicado por o traveseiro

Ante o ruxe ruxe de que o Madrid podería vestir de vermello para o ano que vén temos que dicer que non lles pega en absoluto. Vamos, que lles sentaría coma o puto cu. Aínda que no fondo danos igual porque para nós seguirán sendo o que sempre foron, o equipo máis merdas do mundo, vaian da cor que vaian.

E falando de cores de camisolas, este domingo escoitando os partidos na Radio Galega un locutor di que “o Deportivo viste hoxe de nazareno. Minutos máis tarde, e na mesma emisora, outro di que “o Depor B viste de malva. Ignoramos se os xuvenís vestiron esta fin de semana de lila e os cadetes de morado. A horrenda camisola, aquí.

Arquivado en Chámalle X | 3 Comentarios »

Pintadas que dan que falar

9 de Febreiro do 2011 publicado por o traveseiro

Seica as augas baixan revoltas no Deportivo e xa se poden ler pintadas nas paredes do estadio dando un toque aos futbolistas. Parafraseando a David Bisbal, ogallá remate pronto este conflito porque nunca se viu o Castro de Elviña tan pouco transitado.

En fin, que a nova das pintadas chegou á edición dixital do Marca, ávidos coma sempre deste tipo de noticias, e nos comentarios topei case sen querer con este.

Compaxina isto con enviar SMS a “El Gato al Agua”

De seguido, traduzo e reproduzo para choscos:
“Impresentábeis coma sempre os tipexos estes… non pensedes que todos os coruñeses somos así desa calaña, eses energúmenos non nos representan, só son 4 gatos que fan ruído e que utilizan ao noso Depor para pregoar ideais políticos independentistas e que están emborrachándose toda a tarde antes do partido para avergoñarnos a todos os deportivistas… odio o que sodes e o que representades, vós si que tedes que marcharvos de Riazor, non nos representades Forza Depor!”

Non é por insistir no pequeno tamaño da captura, pero fixándonos ben comprobamos que o individuo que escrebe ten como avatar unha foto de costas de Cristiano Ronaldo, polo que amosa que non é deportivista e que puxo iso para toca-lo carallo. Polo menos podía poñer unha foto dun coruñés da súa ralea, eu que sei… Carlos Negreira, por exemplo. E logo está o do seu alcume, Tayson, clásico nome de pitbull (ou se cadra vai por aí arrincando orellas) acompañado pola cifra 88, utilizada até a saciedade por neonazis por aquelo das iniciais de Heil Hitler. Ao mellor é porque naceu en 1988? Tanto ten, é parvo.

ACTUALIZACIÓN
As palabras dese pobre home lémbrame ao publicado en Xullo do 2005 nunha web de certo partido ao que prefiro non ligar para non darlles publicidade. Non me estrañaría nada que fose o mesmo pimpín. Copio e colo:

“DENUNCIA:
Que en la madrugada del sábado al domingo tres de julio, encontrándose el delegado Felipe Meijide con su esposa, tomando una copa en un local de una conocida zona de copas de la ciudad coruñesa, irrumpieron en el mismo tres individuos con estética “redskin” (Cabezas rapadas de izquierdas) abalanzándose por la espalda de Felipe Meijide, llegando a propinarle un golpe, al revolverse este, y tras la valiente actuación de su esposa, siendo esta la primera en enfrentarse a los agresores, apartándolos a empujones, viendo estos el revuelo formado y la intermediación del propietario del local, deciden irse, no sin antes amenazarlo con lindezas como, “ya te enseñaremos a andar pegando carteles de democracia nacional” y “ya te cogeremos solo, fascista”, los hechos fueron denunciados ante la policía nacional.

ALERTA:
Del aumento en La Coruña de estos grupos de “tolerantes”, que intentan impedir mediante amenazas y agresiones, el libre ejercicio de nuestra actividad política, la existencia en la ciudad de locales como el centro social “Atreu”, autentico nido de proetarras y la continuidad de grupos como “riazor blues”, grupo al que probablemente pertenecen los agresores, estos amparados por el Real Club Deportivo, y con un muerto en su haber, quizás alguien espere a que seamos alguno de nosotros el próximo muerto.

EXIGE:
La actuación de las autoridades contra estos grupos, ya que son los poderes públicos los que deben garantizar la libertad de los ciudadanos a expresarse y a militar en el partido que deseen. Al Real Club Deportivo y a su presidente el señor Lendoiro a prohibir a los Riazor Blues, su reorganización, la exhibición en Riazor de simbología marxista e independentista y sus cánticos proetarras y anti-españoles, y a los responsables policiales el marcaje a estos grupos y a toda la trama pseudo etarra en Galicia, con partidos como “Nos-up” y organizaciones juveniles como “Briga”, todos ellos implicados en desordenes públicos y atentados contra el patrimonio. Actúen ya, antes de que sea demasiado tarde, porque la “kale borroka” en La Coruña y en Galicia es ya un hecho”.

Arquivado en Chámalle X | 10 Comentarios »

O photoshop non é só cousa da Interviú…

21 de Xaneiro do 2011 publicado por o traveseiro

No último número publicado da revista oficial do Deportivo, entre as numerosas páxinas adicadas a guerrear con La Voz de Galicia, por suposto sen faltar a clásica foto do seu dono (Santiago Rey) privando, vén unha pequena entrevista a El Cuervo, histórico membro dos Riazor Blues. Sae fotografado xunto a un dos numerosos murais que povoan a bancada de Marathon.

Ao principio non atino a comprender que é esa mancha negra sobre a bandeira galega, e logo decátome que é a imaxe dun corvo. Unha fotomontaxe, pois no orixinal o que hai aí non é un paxaro precisamente.

Quédame a dúbida se o que pretendían dende a revista era ter un detalle co mítico El Cuervo, censura-la estreleira, ou simplemente as dúas cousas. Tendo en conta que non é a primeira vez que borran a estrela vermella desa imaxe… branco e en botella.

Á marxe disto, hai outra cousiña que me chama a atención. Nas páxinas centrais, adicadas á canteira, rematan sen explicación nin tradución algunha, cunha frase que semella escrita en latín:

“Uptat veleniamet iure et luptatis eum nulpute dolorpe raesenim vent ametum inis nullaore minim”.

Coma o meu latín somentes limítase a recoñecer o típico “Si vis pacem para bellum” e ao comezo do referencial “La Familia Iskariote”, prego encarecidamente que alguén, non ten porque ser un intérprete no senado, me aclare que carallo significa a cita en cuestión.

Arquivado en Chámalle X | 5 Comentarios »

Anuncios breves

27 de Novembro do 2010 publicado por o traveseiro

-Real Madrid, ex-puterío.
Diego Armando Maradona: “Cuando llegó Mourinho, el Madrid era un puterío”. Estou de acordo, agora coa chegada do portugués (home de gran cultura e coñecedor de cinco idiomas), xa non só é un puterío, tamén un lupanar, casa de lenocinio, mancebía…

-Odio eterno á medicina deportiva moderna.
Os xogadores do Hércules de Alacante beberán bochas de auga de mar do Canal da Mancha para evitar lesións e Juca e Guardado, do Deportivo, meteranse nunha cámara hermética equivalente a estar a 12 metros de profundidade na auga, neste caso para cicatriza-lo tecido lesionado. O mellor de todo é que tanto uns coma os outros vanse seguir lesionando. Apostamos algo?

-Non disparen ao campo de fútbol.

A imaxe tirada de El País amosa os danos causados pola artillería norcoreana na illa de Yeonpyeong. Congratúlanos saber que non se gastaron proxectís en esnaquiza-lo campo de fútbol que se apreza na parte superior dereita, porque para iso xa hai xeitos máis tradicionais: os xabaríns.

-Tiran máis dúas tetas que dúas carretas.
Un vello que para no meu choio díxome que hai un ruxe-ruxe que di que Angel Lafita podería voltar ao Deportivo porque disque a súa muller non se atopa a gusto en Zaragoza. Por certo, que o vello referiuse a Lafita como Delasita (!).

-Oferta: esgarros a 600 euros.
O Comité de Competición multou ao Real Unión de Irún con 600 euros porque afeccionados locais cuspiron sobre un árbitro asistente, segundo reflectiu o acta: “Aficionados, que animaban al Real Unión Club, se encontraban detrás suyo lanzando escupitajos sobre él, alcanzándole en la pierna y la espalda”. Estes bascos, cada día apuntan máis baixo.

-Vazva, até na sopa.
O que outrora era Guru e Loreak Mendian, todo quisque levaba a flor de marras en roupa e colantes no carro, agora é Vazva. O rapaz ou rapaza que non leve unha camisola ou suadoiro co logo desta marca de roupa surfeira xa semella raro de collóns. Pois o outro día contáronme que a tenda é propiedade dun tal Alberto Vázquez e Oscar Vales, de aí o nome, e que o segundo é irmán do precoz (tanto no debut coma na retirada) futbolista Marcos Vales, e fillo do que fora tamén xogador Pepe Vales.

-Os señoritingos do Espanyol.
Polo visto, cada vez que nun fondo do campo de Cornellá berran puta Barça o resto do campo asubía a estes afeccionados porque “dan unha mala imaxe do clube”. E digo eu… asubían no Camp Nou aos que cantan “Perico que vuela, perico a la cazuela” ou “Si alguna vez he de matar será un perico de Sarriá”? Dubídoo bastante.

-Compra de partidos.
Un comisario de policía asegura que o Celta baixou a segunda na tempada 2006-2007 por culpa da compra de partidos. Eu penso que o Celta descendeu porque sacou 39 puntos dos 114 posíbeis. Respecto a que tenten levar o tema aos tribunais… en fin, que calquera clube cos seus antecedentes xa non o faría.

-Pintoresco Lendoiro.
O presidente do Deportivo é o prota dun cadro da artista Pilar López Román, que expón os seus cadros no Hotel Meliá María Pita até o 8 de Xaneiro. Visitando a web da pintora vexo que comparte protagonismo na categoría de “ilustres paseando baixo a choiva” con Jabo Irureta, Arsenio Iglesias e co seu excompañeiro de pupitre, o inefábel Paco Vázquez.

Arquivado en Chámalle X | 10 Comentarios »

A camisola do millón de pelas

8 de Novembro do 2010 publicado por o traveseiro

Leo no imprescindíbel Todo Sobre Camisetas que foi vendida, na londinense casa de poxas Sotheby’s, unha camisola de fútbol da selección inglesa con 120 anos de antigüidade pola nada desprezábel cifra de 6.800 dólares.

Sempre gostei do coidado que teñen os ingleses para estas cousas, que conservan cousas que no momento semellan insignificantes e logo son vendidas a prezos de escándalo. Por poñer un exemplo, o Barcelona pagou hai dez anos un pastón, entroutras cousas (cachos de céspede, porterías, asentos…) por un chanzo da escalinata por onde subiron os campións da Champions do 92 no vello campo de Wembley.

Eu sempre dixen que a merda de hoxe é o ouro de mañá, algo que a miña nai tampouco entende. Por iso gardo moita miscelánea futboleira, tamén camisolas, que moitas delas, aínda que son oficiais e antigas non terán tanto valor co paso dos anos porque haberá moita xente que as conserve, mais… quen vai gardar unha xoia coma esta:

Trátase dunha horrenda camisola do Sporting Coruñés que os historiadores datan nos primeiros anos noventa do século pasado e ten coma características principais que…
-É unha camisola suplente, o que se cabe resulta máis bizarro. A titular sería branquiazul a raias verticais.
-Foi fabricada pola prestixiosa marca deportiva Líbber Sport, radicada daquela (descoñezo se aínda existe) no Polígono Industrial Calonge (Sevilla).
-O seu deseño é clásico, e entallada… para levar embutida todo aquel que vista unha talla superior á “L”, claro.
-Está feita en 100% polyester, nada que ver cos tecidos eses especiais contra o suor e toda esa merda das de agora.
-O escudo do clube está serigrafiado en branco en consonancia cos detalles das mangas, e a publicidade e o número das costas en negro.
-O patrocinio corría a cargo de Marisquería Arturo Ríos, de Palavea (non confundir con Arturo Ríos a secas).
-O dorsal da camisola é o 13. Unha curiosidade se temos en conta que daquela non era número de xogador de campo, senón de porteiro suplente.

Para rematar, como vén sendo ultimamente, unha cousiña que non ten que ver co tema. Onte estaba a ver En Xogo, na G2 e o seu presentador Oscar Benito, dixo que non podían ofrecer os resumos dos partidos da Terceira División, como adoitan a facer, porque estes días “nesta casa” estiveran até arriba de traballo por mor da visita do Papa Bento a Compostela. Hai que foderse!

Arquivado en Chámalle X | 1 Comentario »

Anima, hostia!

31 de Outubro do 2010 publicado por o traveseiro

Faixa pendurada da varanda da vella e decadente Torre de Marathon (ten perto de 70 anos), pegada a un dos fondos do Estadio de Riazor. O Deportivo pódese ir ao pozo, pero dende logo que non vai ser pola falta de folgos dos seus afeccionados.

Á marxe disto, hoxe leo en Riazor.org unha entrevista ao mítico Antón Lezcano, que nos deixa unha anécdota relacionada indirectamente co grande ‘amigo’ desta casa, Iván Helguera:

“Entón ocorréuseme o da vaca na bandeira, e fun mercalas bandeiras. Resulta que non había en toda Galicia, unha cousa como rarísima. En Coruña encontrei dez, tiven que ir a Pontevedra e encontrei unhas trinta. Finalmente, a anécdota é que as encontrei en Ferrol, onde eu nacín, e a xente que mas vendeu preguntaba: ‘Pero isto para qué é? Porque son moitísimas bandeiras… ‘. ‘Pois nada, vounas serigrafiar por enriba, porque imos á final da Copa e tal…’. Entón a señora dime: ‘Pois eu teño un sobriño que xoga alí, no Real Madrid’. E eu: ‘Pero qué me dis!’. ‘Si, si. Eu son a tía de Iván Helguera’. ‘Pois moi ben señora, noraboa!’. Así foi que a tía de Iván Helguera ‘surtiume’ a primeira vez de bandeiras galegas. Sempre digo que a vaca trouxo moita sorte, polo menos para gañalo Centenariazo.”

A tía de Ivan Helguera… patriota galega!

Arquivado en Chámalle X | 5 Comentarios »

« Previous Entries Next Entries »