Aznar xogou no Lleida na intimidade

9 de decembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Hai mes e pico saiu á luz a nova ou o rumor de que Aznar se quixo apresentar á presidencia do Real Madrid e non puido porque segundo os estatutos da sociedade para facelo ten que levar como mínimo dez anos de socio. O resto dos requisitos os cumpría sobrado: ser facha, ter un gran afán de protagonismo e o ego polas nubes, ser antipático e bastante feo.

Até o de agora só coñeciamos a relación de Josemari co fútbol pola súa predilección polo Madrid e porque de pequeno xogaba no recreo xunto ao seu amigo Juan Villalonga, do que xa se falou por aquí e "lo que te rondaré morena", porque ao paso que vai... Pero o que a xente descoñecía é que Aznar si xogou ao fútbol profesional, nos anos oitenta, e na UE Lleida, algo que só o conta na intimidade, cando está en círculos reducidos non moi amplos. Como se aprecia, naqueles marabillosos anos a súa muller lle deixaba que levara trobas, igualiño que hoxe.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Adefesios, Cuspidinhos, Odioteca | 3 Grandísimas aportacións »

O monstro do campo

4 de decembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

O que son as cousas, dándome unha volta por El Desván del Abuelito descobro que o ex-futbolista Fernando Ruiz Hierro ten falseado o seu currículo, empezando pola súa data de nacemento. É materialmente imposíbel que este fulano nacera en 1968 porque dez anos antes, no 1958, interpretaba baixo o pseudónimo de Arthur Franz a pinícula de terror Monstro no campus.

Anos máis tarde deixaría a súa faceta de actor, e xa non luciría unha camisa de leñador, mais seguiría repartindo leña, desta vez nos campos de fútbol, para convertirse no monstro do campo (e dos despachos federativos).

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Adefesios, Cuspidinhos | 2 Grandísimas aportacións »

Cassano, ¿o 5º Baldwin?

14 de novembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Cada vez que escoito falar ou vexo unhas imaxes do actual xogador da Sampdoria, ex do Real Madrid, Antonio Cassano, lémbrome dun dos irmáns Baldwin, coñecidos actores norteamericanos. Concretamente de Stephen, que é o máis novo dos catro, o que ten cara como de retrasado. Lles atopo certo parecido, aínda que Antonio non parece verse reflexado.

Onte novamente me viu á mente cando leín que Cassano publicou unha biografía na que afirma que estivo con 600 ou 700 mulleres, cen arriba... cen abaixo, tanto ten. Nos queda por saber se o facía como lle vin a Stephen Baldwin (que de Talentino máis ben pouco) nalgunha pinícula de acción desas para tódolos públicos que botan á hora da sesta os sábados pola tarde, é dicer, follando cos gallumbos postos.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Cuspidinhos | 3 Grandísimas aportacións »

Os outros Guardados

5 de novembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Dirty é un comentarista ocasional deste blog que encaixa perfectamente coa filosofía do mesmo porque ten a mente como o seu alcume. O outro día deixou un comentario no que mesturaba ao futbolista mexicano do Depor, Andrés Guardado, con reality-shows e Palomares. O primeiro pensamento que me veu á cabeza foi El Diario de Patricia e Fraga bañándose en augas radiactivas. Mais onte á noite, zapeando, de casualidade din coa solución: Dirty referíase a Javi Palomares, un concursante do Gran Hermano que ten bastante parecido co mexicano.

O tipo ten vintetrés anos, é natural de Cidade Real, está solteiro e canta para unha orquestra polifónica. Polo demais, din que é homosexual e se descoñece se ten algunha predilección especial por algún equipo de fútbol. Para comprobalo e poñer algo aquí tería que paparme GH para documentarme, cousa que non vou facer nin farto de güisqui.

No seu lugar, porei a outra pinga de auga de Andrés Guardado, que ademais tamén é futbolista internacional. Se chama Tania Paola Morales Bazarte, e en México é coñecida como La Guardado. Ten a mesma idade que o deportivista, xoga na mesma posición e o seu parecido físico é máis que evidente. Logo está o roio sexista, ¿por que á xogadora lle chaman La Guardado e non ao revés? ¿Por que a el non o coñecen por El Morales?

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Cuspidinhos | 5 Grandísimas aportacións »

Morreu Marcelo Lippi

29 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Así me dixo o meu irmán hai un par de días, que morrera Marcelo Lippi. "¿Como que...? Ah! bo..." Rapidamente caín da burra de que o meu irmán sempre se referiu ao actual seleccionador italiano coma Paul Newman, polo, segundo el, grande parecido (?) entre ámbolos dous. Tampouco me sorprendeu. Me sorprendería se me dixera que palmara Paul Newman, porque entón entendería que quen as pichou foi Marcelo Lippi, mais o actor estaba moi enfermo e xa era moi maior.

A ver... que a idade ou enfermidade tampouco ten que ver, eh!! porque hai moito fillo de puta octoxenario que non casca nin pa dios. ¿Pactos co diaño? ¿Baños en augas radioactivas? ¿Mala herba nunca morre? A saber.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade, Cuspidinhos | Comenta, non sexas rata »

Os culpábeis da deforestación do planeta

13 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Disque unha gran porcentaxe das bobinas de papel que se producen no mundo se usan para impresión de libros, cadernos, folletos, xornais, recibos, facturas, papel hixiénico, papel de uso sanitario, etc... Se sumamos todo iso dá para moito papel de diola, pero de tódolos xeitos non afectaría tanto á deforestación do planeta se non fose pola excesiva producción que se fai dos libros e do papel hixiénico. Pero non porque á xente lle guste ler, que nin de coña, nin porque se use en demasía o papel hixiénico para limparnos o cu, que bo... eso cada un saberá (eu polo menos non levo frenazo nos calzonciños). Os verdadeiros grandes causantes son:

fernando-potter.JPG

Harry Potter.
Se temos en conta que do primeiro exemplar do libro de J.K. Rowling se venderon 110 millóns de exemplares, que sumando as cinco seguintes entregas fan 400 millóns de copias, que van polo sétimo libro e que cada un deles ten unha media dunhas 800 páxinas...

papeis-racing.JPG

Os seareiros arxentinos.
Aos que lle gusta sobremaneira saudar a saída do seu equipo ao campo lanzando toneladas de papel hixiénico. Se multiplicamos os roios de papel que se tiran nun partido por tódolos que se xogan ao ano entre Apertura, Clausura, competicións internacionais e amigábeis...
Aínda que non se aprecie na foto, aí detrás hai unha portería e detrás desta os afeccionados do Racing Club de Avellaneda.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Cuspidinhos, Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

O circo de La Romareda

5 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

milikis.JPG

Non gañan para disgustos no Real Zaragoza. ¿Onde está a virxe do Pilar cando se lle necesita? Son moitas as casualidade circenses: Tiñan a dous irmáns que se apelidan Milito, un deles de nome Gaby, que foi traspasado. O presidente se chama Agapito e o director deportivo Pitufo Pardeza. Hai uns meses cesaron ao adestrador Víctor Fernández, e o seu substituto, Garitano, se pirou á semana. Remplazouno Jabo Irureta, que onte presentou a súa dimisión entre outras cousas porque a súa mensaxe non chegaba ao vestiario.

Pois para que a mensaxe chegue ao vestiario o presidente decidiu fichar como adestrador a Miliki, que para máis inri se apelida Aragón. Miliki se dirixirá "A mis niños de treinta años" para que comencen a gañar partidos porque senón van para segunda de cabeza. No vestiario sonará antes dos partidos "La gallina Irureta", en homenaxe ao anterior adestrador que os deixou tirados; "Hola Don Agapito", en referencia ao presidente; "Feliz en tu día" (o Zaragoza cumpre 75 anos); ou "Como me pica la nariz", para os seareiros máis farlopeiros.

Ademais, nos desprazamentos en autobús soará, como non, "El auto nuevo" facendo unhas pequenas variacións na letra para adapta-la aos novos tempos: "En el auto de papá nos iremos a pasear... vamos pa segunda, pi, pi, pi, en un auto feo, pero no me importa, pi, pi, pi, porque la Expo es en Zaragoza". Este tema será interpretado a coro polos xogadores no autobús a excepción de Juanfran, onde só poderá cantar o de pi, pi, pi.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Cuspidinhos, Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo