Uns humildes consellos a Maradona
27 de Maio do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Diego Armando o Scalextric Maradona é o protagonista dun documental do director de cine Emir Kusturica que se presentou no Festival de Cannes. Á marxe do documental, tamén lle fixo unha entrevista, onde Diego confesou que se non fose pola cocaína sería mellor xogador do que foi. É posíbel, pero de seguro que a celebración do seu gol perante Grecia en USA’94 non sería igual se non estivese enfarlopado.
Tamén confesa que as drogas lle impediron ver medrar ás súas fillas, Giannina e Dalma, e non me estraña, polo exemplo que pon (en V.O.): "Me hubiese encantado que Dalma viniera a despertarme y no tener miedo porque dormía drogado. Mis hijas se daban cuenta de que estaba drogado. A Dalma le iba a dar un beso y me quitaba la cara". Estas nenas tiñan que facer coma as fillas de David Hasselhoff, gravalo en video, pero o feito, feito está. Este é o meu sinxelo consello gráfico para que outra vez se o pense antes de tomar drogas.
Tamén foi preguntado por que un home co seu carisma e que sempre está metido en tódolos freghaos, como é que non se mete en política. Respostou que "Yo no sirvo para robar a la gente". Por se acaso se lle dá por mudar de opinión, meterse a político, e, polo tanto, roubar, este é a miña humilde recomendación.
chuzame - Arquivado en D10S |
Comenta, non sexas rata »









