Picos de ouro

10 de marzo do 2010 perpetrado por otraveseiro

Recoñezo que estou a arrastrar unha pequena crise de creatividade, a cal, unida á falta de tempo, fai que non actualice o blogue todo o que quixera. Non me preocupa, pois de momento non se me detectou un trastorno de identidade asociativo nin matei ao can nin a exmuller nin nada, como Johnny Depp en "A fiestra segreda". Así que, para ir tirando, imos poñer algunhas frases que se leron/escoitaron ultimamente nos medios que son dignas de figurar aquí. Así pois...

-Xosé María Caneda, presidente do Compostela, que coido non necesita presentación. A semana pasada foi sancionado polo Comité Antiviolencia con 4000 euros por abri-las portas dos accesos a San Lázaro sen consultarlle ao coordinador de seguridade. Caneda argumentou que o coordinador tenlle tirria porque é veciño del, e que neste asunto vai de "chivato dos xefazos". En canto ao procedemento a seguir para paga-la multa, segundo Caneda será así: "4.000 euros? Coma se estes naceran. A mi vanmos cobrar da casa da collona".

Así quere ver os estadios Sarkozy

-Nicolas Sarkozy, presidente francés, opinando sobre a rivalidade París-Marsella que deriva en enfrontamentos entre seareiros do Paris Saint Germain e Olimpique cando xogan estes dous conxuntos: "É mellor ter unhas bancadas baleiras que cheas de gamberros". Isto tamén vale para a política, pois considero que é mellor ver os parlamentos baleiros antes que cheos de deputados durmindo, navegando por internete... en definitiva, rabuñándose os collóns.

-Pencho Angosto, presidente da Federación de Peñas do Cartaxena, denunciou o trato vexatorio do xefe de seguridade do Numancia: "nos pidió que nos identificáramos y al decirle que éramos un afición pacífica, se puso violento y llegó a decir que allí entraba quién él quería porque era Dios". Tamén que os cacheou en profundidade, incluso a nenos e mulleres, e lles impediu o acceso cos paus das bandeiras aínda que son flexíbeis e están permitidos. Pois menos mal que era Deus, que se chega a ser o demo, os sodomiza cos paus das bandeiras e despois os queima vivos.

-Alberto Marcos, capitán do Valladolid, arengando aos seus compañeiros ante o vindeiro partido contra o Madrid: "No quiero amigos, quiero que me desprecien [...] Si el domingo hay que arrancar alguna cabeza se arranca". Ía poñer a foto deste tío como imaxe de cabeceira do blogue pero lamentabelmente retractouse ás poucas horas: "Son unas palabras desafortunadas. Dios quiera que no pase nada contra el Real Madrid".

-Miguel Angel Lotina, técnico do Deportivo, confirmando en que estado se atopa a renovación do seu contrato: "Solo faltan un par de cenas y un par de buenas botellas de vino y se firma". Menudo nivel o destes preas, a sinatura de contrato dun traballador normal non vai acompañada nin dun triste cacho de tortilla, se acaso dun "apúrate a asinar antes de que me arrepinta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Defecacións verbais | 5 Grandísimas aportacións »

Varios moi variados (8)

27 de decembro do 2009 perpetrado por otraveseiro

Unha especie de poupurri de paridas que aconteceron estes días e que hai que publicar antes de que se me esquezan ou deixen de ser actualidade.

"O Madrid naceu para gañar e dar exemplo". O declarou o podre de Florentino Pérez durante o tradicional xantar de Nadal. Pois iso que llo diga a moitos dos seus ilustres seareiros.

mal exemplo

Coma por exemplo, o actor de pelis mediocres, Seann William Scott, que na apresentación española do truño "Mal ejemplo", valga a redundancia, vestía cun chándal do Real Madrid, dándolle credibilidade ao título e ás palabras de Florentino. Ou coma o gran mestre axedrecista ucraíno Vassily Ivanchuk, que vestiu tamén unha chaqueta de chándal do Madrid nunha partida do torneo de Linares ante o flipe dos xuíces, que non sabían se realmente incumpría ou non a regulamentación de que hai que xogar con chaqueta.

Fútbol con fatatas, que dicía Andrés Montes... ou con cenorias. No encontro da liga grega entre o Panathinaikos e o Iraklis (1-0), o xogador Giorgios Karagounis tivo que aturar que lle caera unha choiva desta nutritiva hortaliza namentres se dispuña a lanzar un córner. Ignoro se lle fixo gracia ou non. Ao mellor é coma o cantante dos Extremoduro, que parou o concerto en Pontevedra porque seica lle tiraron unha castaña: "Las castañas os las metéis por el culo!!", lembro que dixo, esquecéndose que moitos anos atrás, noutro concerto en Cerceda, era el o que, posto até as cellas, tiraba cacahuetes ao público baixo o berro de "Tomad, para el mono!!".

barnes platano

En fin, que a historia de Karagounis e Robe Iniesta lévanos ao derbi de Liverpool de 1988, no que os seareiros do Everton lanzábanlle ao gran futbolista negro Jonh Barnes plátanos e cacahuetes, algo que por desgraza segue a acontecer en Goodison Park. Propoño que cada banana sexa devolta ao seu dono tirándolla á cabeza cunha pedra atada, porque como reza un autocolante que teño na casa... "pedras non son argumentos, pero si a única lingua que entendedes".

E o Conselleiro de Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, dixo unha burrada asegurou durante o debate no Parlamento sobre a supresión dos partidos das seleccións galegas que "o anterior goberno bipartito case obrigaba á xente a acudir a estes partidos", algo do que corroboran moitos afeccionados.

proseleçom galega

Muito obrigados

Coma unha vítima que prefire ficar no anonimato que nos conta que "si eu fun apresado e comeronme o tarro e fun castigado a recoller balóns no campo mentras me apuntaban cun fusil". Ou Xan, que declara que "no meu pobo era talmente coma no 36, a xente escapada e os milicianos do bipartito dando a rolda polas casas, até houbo paseados; uff que medo pasabamos cada vez que anunciaban un partido da selección de Galiza!!!". Carlos tamén dá fe disto: "Si, señor Rueda, a min leváronme da correa e puxéronme un buzal para que non ouvease".

José as pasou realmente putas: "A min puxéronme unha pistola na cabeza, me obrigaron a comprar a entrada e a non abandonar as bancadas, ata que acabou o partido". Finalmente Juan declara que até houbo serias ameazas aos familiares dos xogadores: "Segundo me contaron varios amigas dalgún parente dos futbolistas, o bipartito foi as súas casas e díxolles que si non xogaban ca galega, tiñan que saír fóra do país".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Defecacións verbais | 2 Grandísimas aportacións »

O gol de Ronaldo segundo Caneda

28 de setembro do 2009 perpetrado por otraveseiro

Moitos recordaredes o gol de Ronaldo ao Compostela na tempada 1996-97, que, como dicían nas retransmisións da TVG cando un xogador íase de máis dun contrario "vaise de cantos lle saen ao paso..." O gol que fixo levarse as mans á cachola ao mesmísimo Sir Bobby Robson o podedes ver aquí. Premede hostia! velo e logo seguimos.

O víchedes? que? unha obra de arte, non? A min mo parece, e supoño que a case todo cristo... menos a Xosé María Caneda. O presidente do Compostela non opinaba o mesmo, e tampouco un ano despois, cando se volveron enfrontar. Perguntado polo gol, vai e solta:

"Semellabamos irmanciñas da caridade. Lle fixemos un corredor entre cincou ou seis xogadores. Tivo sorte de levarse o balón tras sair tres ou catro veces trompicado. Se eu fose un defensa lle meto un cobadazo ou un hostiazo e non pasa de alí, pero lle deixaron pasar coma Perico pola súa casa".

xose-m-caneda

O gol de Ronaldo é unha merda e Caneda viste de puta madre

Continúa... "Sigo alporizado porque déronlle a importancia dun gol fenomenal cando foi unha merda de gol. Foi un gol de trompicón en trompicón, que é unha merda. Nós metimos goles mellores..." Ronaldo esa tempada xa deixara o Barça traspasado ao Inter, e o novo crack era Rivaldo. Para Caneda, o posteriormente Balón de Ouro e campión do mundo era un xogador do montón... lentísimo.

"Rivaldo non se come o mundo. Non hai que bailar ao seu ritmo, é un xogador fácil de subxeitar, igual que Ronaldo. Eu xa o dixen a pasada tempada e se me botou a prensa enriba chamándome botarate. Ao final demostrouse que Ronaldo é o crack dos últimos treinta anos que menos calidade ten. Ronaldo só é bo en velocidade. A Rivaldo eu xa o vin en Brasil e era un tío lentísimo. Mellorou en velocidade, pero nun partido fai tres ou cuatro xogadas e pouco máis". Pouquísimo.

Pero bueno... que se pode agardar dun home que pensa que o Compostela xogará a Champions algún día.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Defecacións verbais | 12 Grandísimas aportacións »

A vida é unha merda, pero o fútbol mola

18 de setembro do 2009 perpetrado por otraveseiro

Agora non me lembro de que ía a conversa. Se falabamos de fútbol, de música, de cine ou literatura, a saber. O caso é que xurdiu o nome do escritor, guionista, director de cine... Ray Loriga, a partir de hoxe Boñiga, que si sabes que se follaba a tivo unha relación sentimental con Christina Rosenvinge ("hago chas y aparezco a tu lado"), que si escrebe en El País, que si vive do conto dun libro que escribiu hai a hostia de anos, que si é do Real Madrid...

flamengo

Loriga, dirixindo un documental sobre a súa paixón: o fútbol

Comorl? Non sabía da súa militancia madridista. O colega co que mantiña a conversa foi máis lonxe aínda e púxome os pelos coma escarpias cando me comentou unha anécdota do tipo este nun programa sobre libros, non sei se o de Sánchez Dragó ou algún que había antes. Disque nun momento da tertulia, o presentador propúsolle aos eruditos literarios a "orixinalísima" pregunta nunca antes prantexada por ninguén de que dixeran a súa palabra favorita. Dirían as típicas de liberdade, amor, cariño...

Nesto que lle toca a quenda a Ray Loriga e vai e di: "A mí, si me lo permiten, me gustaría decir dos... REAL-MADRID". Descoñezo o que aconteceu, pero supoño que habería sorrisos e algún aplauso, nada que ver co que realmente debería de ter acontecido. Ou ben que os contertulios arramplaran con todo o que tiñan a man e llo espetaran na cabeza, ou ir rapidamente a publicidade e chamar ao departamento de seguridade para que o levaran de alí.

Pero aquí non acaba isto. Póñome a fedellar por internete a ver se atopo algo sobre o susodito e entérome que o tipo, para durmirse, en vez de contar ovelliñas, pensa no Real Madrid e nas aliñacións que el faría para enfrontarse aos seus rivais. O resto do mundo o que facemos cando non nos entra o sono é ler algún artigo de Ray Loriga na prensa, caemos redondos.

Se por isto non fose pouco, na presentación hai dous anos dun dous seus truños en forma de novela, Días aun más extraños, vai e solta unha frase para a posteridade: "La verdad es que cada vez me gusta más el fútbol y menos la vida". Definitivamente, ou este tío é parvo ou bebe demasiado café.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Defecacións verbais | 7 Grandísimas aportacións »

Máis motos e menos fútbol

11 de agosto do 2009 perpetrado por otraveseiro

0000-2850fussball-wettspiel-posters

Ou as dúas cousas á vez

É unha grande putada ter escarallado o reproductor MP3 e non poder escoitar música nos longos, lentos e cheirentos traxectos do bus urbano de camiño ao traballo e viceversa. Pero tamén ten a súa ventaxa: podes practicar ese vello deporte nacional que consiste en escoitar (sen querer) as máis variopintas conversas alleas.

Todo un clásico, un ou varios tios que falan e falan de algo para rematar dicindo que o tema en cuestión non lles interesa en absoluto. Onte un individuo pasouse coma dez minutos fando de actualidade futboleira: que si Filipe Luis e a FIFA, que si a morte de Jarque, que si o Teresa Herrera, que si... para rematar coa frase...

"Que conste que a min o fútbol non me chama. Prefiro ver na televisión motos ou trial antes que o carallo do fútbol". A parte en negriña, totalmente literal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Baseado en feitos reais, Defecacións verbais | 3 Grandísimas aportacións »

Andrei Moj, un tipo cabal

28 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

Nestas datas no que se move o mercado de fichaxes e os xogadores están a desfrutar do seu tempo de lecer (en realidade están todo o puto ano de vacacións)... estes empezan a mover ficha e presionar aos seus clubes para pirarse a outros equipos.

andrei-moj

Os motivos esgrimidos máis habituais son que "aquí non gozo da confianza do adestrador... non me sinto valorado economicamente... necesito doutros retos profesionais ... quero xogar nun grande... estar perto da miña familia e amigos, aos que boto moito de menos... son xoven e necesito minutos... quédanme poucos anos de fútbol e quero aproveitalos xogando o máximo de partidos... teño que mirar polo pan dos meus fillos... quero ser internacional e xogando aquí non o conseguirei".

Esas frases as podemos poñer en boca de centos de profesionais, un par delas recentes, por exemplo, de Filipe Luis. Pero moi poucos son quen de poñer unha escusa coma a que puxo en 1993 o xogador ruso Andrei Moj para abandona-lo Espanyol de Barcelona:

"Non podo seguir xogando nun clube despois de que un dos seus conselleiros lle dixera ao meu representante que eu son un fillo de puta e un borracho".

Moj chegou ao Espanyol mediada a tempada 91-92 xunto cos seus compatriotas Galyamin, Kutnetsov e Korneiev para salvar aos pericos do descenso (o propio Moj marcara o gol decisivo en Atotxa). Despois, segundo se comentaba na defunta R.B.B.E, a cousa foi a pior porque "los rusos se gastaron la pasta en putas, no volvieron a rendir nunca más al mismo nivel, el club fue incapaz de asumir el coste de sus fichas y se fue generando un déficit del quince". O futbolista xogou posteriormente noutros equipos españois, e tras retirarse, mata o gusaniño nos veteranos do propio Espanyol.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Defecacións verbais, Mundo viejuno-celebrities | 4 Grandísimas aportacións »

Florentino, vas levar até no DNI

17 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

Por se acaso queda algún ermitaño despistado por aí, informo que Florentino Pérez gastou máis de 15.000 millóns de pelas en dous futbolistas... e só acaba de empezar.

florentino-perez

Nunha entrevista no xornal Público perguntáronlle se lle molestaba que haxa xente que considere esas fichaxes de inmorais. Responde que non lle importa, que é froito da ignorancia, porque "este es un proyecto empresarial. Y no me gusta presumir, pero déjenme que les diga que esto ya lo hice en 2000 y multipliqué por tres los ingresos precisamente gracias a esos fichajes que la gente tilda de caros. Créanme que vamos a dar un salto cuantitativo también en los ingresos gracias a estas inversiones. Me gustaría decir que este dinero no son gastos por capricho, sino inversiones en las que nos va el futuro". Ben, pois como a min me considera un ignorante funcional permítame que lle diga o que penso de vostede:

2308313727_9bf562c174

Non debería molestarlle, nin tildar este blog de zafio e inmoral. Se é así é polo seu descoñecemento, pois este tamén é un proxecto empresarial que se ven facendo dende 2007 e que pretende multiplicar o número de adeptos á causa a base de poñer a parir a persoeiros da súa ralea, por capricho, porque me sae do carallo, e cun orzamento de 0 (cero) euros. Grazas ás túas defecacións verbais darei un salto cuantitativo nas visitas  sen necesidade de poñer fotos de mulleres cachondas de futbolistas, principal sustento até o de agora segundo o meu xestor de estatísticas. Seguireite de perto.

Por certo, a ilustración, dun galáctico do debuxo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Defecacións verbais, Odioteca | 9 Grandísimas aportacións »

Unhas cantas sandeces

3 de abril do 2009 perpetrado por otraveseiro

Tódolos días leo e escoito unha gran variedade de sandeces ditas por persoeiros do balompé, en especial a futbolistas unineuronais. Estas son algunhas das que chegaron aos meus oídos recentemente:

Verdú, futbolista do Deportivo, un habitual por estes pagos:
"Mi película preferida es 'Me llaman Radio', de Cuba Gooding Jr., que es mi actor favorito. En cuanto a las series, antes era un fanático de 'Los Serrano'. No me perdía ningún capítulo. De las de ahora, me gusta mucho 'Sin tetas no hay paraíso', aunque estamos a la espera de que comience la nueva temporada".
-En Riazor "Me llaman Pichafria". Se che gustou "Los Serrano" proba con "Médico de Familia", fascinarache.-

"No me gusta navegar por Internet. Me gastó muy poco en móvil al mes. No llega ni a los cien euros".
-¡Que pouco gasta! Só o usa para recibir chamadas e facer algunha de urxencia-

Alberto Marcos, futbolista do Valladolid:
"Al final nos enfrentamos once contra once, nosotros somos unos machotes y vamos a jugar en nuestra casa".
-Macho, macho man, I've got to be, a macho man.-

"En el 6-0 del Camp Nou fuimos valientes y no como otros equipos que se encerraron atrás y murieron de forma cobarde. Dimos la cara y nos la partieron".
-A mágoa foi que vola partisen só en sentido figurado, por irse de chulos-

Dani Parejo, futbolista do Madrid:
"Peores cosas se han visto así que creo no vamos llegar tirar los brazos ni a dejar la toalla, vamos".
-Para decir tremenda barrabasada, e sen sair dos termos puxilísticos, debeu recibir un derechazo en todo o mentón que lle afectou ao cerebro-.

Por certo, a foto é do vestiario do Valladolid, coas indicacións do adestrador para o partido contra o Barcelona escritas na pizarra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Defecacións verbais | 2 Grandísimas aportacións »

Sublime intervención na asemblea do Madrid

31 de marzo do 2009 perpetrado por otraveseiro

Nin a nós nin a ninguén con dous dedos de fronte lle pode interesar o que dixo na Asamblea General Extraordinaria del Real Madrid o presidente de Plataforma Blanca, nin o de Ética Madridista, nin o que pedía a presidencia para Santillana, Pirri ou Zoco (¿a quen se lle ocorre?). A nós o que nos interesa de verdade era a intervención de Toñín "El Torero", coñecido friki do Madrid, dirixíndose a Vicente Boluda, actual presidente branco. O seu parecido con Cañita Brava non é só físico. Transcripción literal da alocución:

"Bueno vamos a ver, yo iba a tener otra actuación pero después de otra brillante actuación de otro compañero he cambiao por otros derrotero. Quiero decir a todos los compañeros que se le ratifique o no se le deje de ratificar el Madrid es eterno, pero utté ha hecho un comentario que me ha irritao porque yo no lidero ninguna plataforma, suy independiente, yo no voy con nadie, voy solo, pero sí lidero una legión de madridittas con un sentimiento mu grande hacia su equipo y usted ha hecho un comentario que ha especulao con que si no vamos a tener chance el día veinticuatro de Mayo para ganar la liga y yo me rebelo con esa información. -Boluda pon cara de preguntarse de onde saiu este tío- Prefiero que las elecciones fueran ma..., ma posteriore porque yo pienso que hasta el rabo todo es toro y que se podrá ganar la liga. Y ahí es donde voy. Sa hablao aquí: paz social, unión del madridimmo, valores del madridimmo, y una palabra que ha dicho un compañero que es la de la esperanza. Pues si, y perdonarme que es lo que voy a hacer que no me voy a desnudarme -comeza a desabrocharse a camisa e a garabata- pero voy a hacer una cosa que casi siempre la llevo conmigo y estoy obligao a hacerlo porque..., porque, y compañeros perdonarme, perdonarme… ¡ESPERANZA! -Momento foto- ¡Y hala Madrid y como se canta en el estadio: ¡Vamos Real, hasta el final! ¡Gracias compañeros!" De nada home, de nada.

Eu se fose socio compromisario do Madrid non ratificaría a Boluda..., votaría para poñer a este tío de presidente vitalicio. Por Don Santiago Bernabeu, por Juanito e por España!!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Adefesios, Defecacións verbais | 6 Grandísimas aportacións »

Día Internacional da Muller

8 de marzo do 2009 perpetrado por otraveseiro

De todos é sabido o grave retraso mental que sofren os seareiros do Zenit de San Petersburgo pola súa negativa a que o seu clube fiche xogadores negros. Por se con isto non bastara, o voceiro do consello de afeccionados de dito clube, un tal Ruslan Dryuma, propuxo á directiva do Zenit que non venda entradas ás mulleres nos partidos en que o equipo xoga no seu campo, o Petrovsky Stadium. Segundo este cretino, "eu non podo saltar nin insultar cando hai persoas do sexo feminino xunto a min". Pero coidado, que el non é machista porque "non tódalas mulleres se verían afectadas pola medida, somentes as máis mozas". Coma di un que traballa comigo "as mulleres son a cousa máis bonita que hai na Terra", e aos rusos estes lles molestan porque con elas perto non poden face-lo xíbaro. En fin.

Pero para os que pensen que isto só pasa no Leste, nos paises islamistas e subdesenrolados... se equivocan, tamén aquí ao lado, no Imperio Pequeno. Coma exemplo vos poño as palabras do rei da estulticia das radios deportivas españolas, o inefábel José Ramón De la Morena. Foi hai uns meses, por mor do partido da primeira volta do Barça-Madrid, no programa das mañás da Cadena Ser, falando dunha familia unida polo fútbol:

"...ese padre, que parece que le va la vida en el equipo. El mayor, que ha salido al padre en las voces. El pequeño, que ya discute los fueras de juego. Y la madre, que aguanta paciente esas noches de alboroto alrededor del televisor temiendo cómo pueden dejar el cuarto de estar, repleto de vasos y botes de Coca-Cola, ceniceros llenos y algún desperfecto". Joserra remata a faena con "tú no cobras primas, pero eres lo mejor del fútbol, eres quien lo mantiene, quien lo paga, lo sostiene, y no quiero que sufras por un resultado, ni que le amargues el domingo a ella, pase lo que pase".

Unha visión do fútbol a de este home un tanto caduca e tresnoitada. Porque ao mellor son eu o que estou trabucado, que a miña casa é a única onde tes que recoller ti o salón despois de ve-lo fútbol, baleira-los cinceiros, e erguerte ti a pola cervexa. E esas veciñas da miña bancada, dúas rapazas que van ao fútbol namentres os seus mozos agardan por elas fóra (verídico) e eses domingos de fútbol televisado por PPV no bar, onde se lles escoita máis a elas cagándose en todo que a nós... Pregúntome de que pino caeu De la Morena.

Para rematar, e antes de que me preguntedes quen é esta futbolista de enriba, pois volo digo. Trátase nada máis e nada menos que de Rosa de España, xogando ao fútbol por unha boa causa. Moito mellor así que cantando, as cousas como son.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Defecacións verbais, Elas tamén xogan | 5 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo