Se a envexa fose tiña…

21 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

...Pelé, aparte de impotente, sería un tiñoso. Resulta que declarou no xornal brasileiro O Estado de Sao Paulo que a Maradona deberían quitarlle os títulos que posúe por dopaxe: "Maradona foi un xogadorazo pero vexa ben: non pateaba ca dereita, non cabeceaba... non era completo. E hai outra cousa: ¿por que tantos deportistas olímpicos perden as medallas cando son sorprendidos dopados e el non?"

pele.jpg

Neste caso ben ao pelo a frase que lle adicou unha vez o recentemente retirado Romario: "Deus bendixo os pés dese cidadán, pero se esquenceu da boca. Calado, sería un poeta". Non podo estar máis dacordo con Romario, e engado que se a Maradona hai que retirarlle os títulos con el habería que face-lo mesmo, por pousar vestido de futbolista nun campo de fútbol americano valeiro, cunha moqueta por céspede, cun balón horroroso e cunha guitarra española na man (?). Propoño que, ademais, habería que cagarlle no oco da guitarra, para que aprenda a estar calado.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Defecacións verbais | 1 Grandísima aportación »

Son coma cachos de carne

1 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

escravos-do-balon.JPG

Non o digo eu, o di Clarence Seedorf:
"Eu teño un anaco de carne arxentina que é boísima e a queren todos, así que a vendo en Italia. Despois a exporto a España e a Inglaterra. A vendo onde me fan a mellor oferta sen ter en conta se é o sitio axeitado. [...] Manda só o diñeiro e ninguén se preocupa de se o xogador se ambientou e se integrou. Se lle deixa só ao seu destino. Esa é a mentalidade en que se basea o fútbol."

Pobriño Seedorf, que mágoa me dá. Cando só era un adolescente o obrigaron a irse da súa casa en Amsterdam, arrincándoo dos brazos da súa nai para irse a xogar á Sampdoria. En Italia ninguén se preocupou que tal estaba, e cando comezaba a integrarse... zas!, chegou o Madrid e os italianos o venderon por 800 millóns de pelas sen preguntarlle. Viaxou a España nunha caixa de madeira de 2x2 metros, con tan só uns buratos para respirar.
Ninguén diría que no Madrid foi infeliz. Mais tódalas pallasadas que facía xunto a Roberto Carlos nos adestramentos, partidos e entrevistas conxuntas eran para disimular, porque aí o trataron coma un escravo. Incluso chegou a ser sodomizado varias veces nos vestiarios. O Madrid posteriormente o traspasou ao Inter de Milán por un pastón, coma un vulgar cacho de carne (ben seguro sen pillar el un só euro de comisión), e de aí ao Milan.

ximnasio-de-tortura.JPG

O noso amigo Clarence nunca protestou, pero agora, con 32 anos, ca vida resolta e forrado de pasta até as orellas, é hora de converterse no adalid dos oprimidos futbolistas profesionais, que son obrigados a mudar de equipo pola forza, sen respeitar os seus contratos, baixo ameaza de que se non aceptan se pasarán a tempada vendo os partidos dende o palco e a televisión. Por suposto tamén corren o serio perigo de ser obrigados a adestrar por separado, afastados dos seus compañeiros, nun campo sementado de minas e acompañado nada máis que por un preparador físico sádico e déspota ou pasa-la vergoña de xogar pachangas cos leprosos do equipo B.

¿Para cando o Tribunal Internacional de La Haya penalizará aos clubes que trafiquen e escravicen aos futbolistas profesionais? Seedorf, estamos contigo!

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Defecacións verbais | Comenta, non sexas rata »

O día dos namorados

14 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

maradona-tevez.jpg

Estos días xa xe notaba no ambente futboleiro que se achegaba San Valentín. O presidente da RFEF, Angel María Villar, declarou que está namorado de Luis Aragonés, do seu estilo, do seu traballo, e que desexaba de todo corazón a súa continuidade. Ademais, o italiano Totti tamén considera un escándalo que Raúl non sexa Balón de Ouro, e que lle encanta o sete madridista. Isto non é nada novo, debe ser algo contaxioso pero todo quisqui parece namorado de Raúl.

Pois falando de Raúl, hoxe Ramón Calderón anunciou a súa renovación vitalicia polo Real Madrid, xunto con Iker Casillas. Atención ás súas verbas, porque máis que asinar un contrato de traballo dá a sensación que se casan, formando un matrimonio polígamo ou simplemente un triángulo amoroso:

"Hoy, que celebramos el día de los enamorados, decimos que Iker, Raúl y el Real Madrid se quieren, se necesitan, se complementan y por esa razón han decidido unirse de por vida"

Despois desa defecación verbal do ínclito habería que preguntarlle se pensan ter fillos, nese caso cantos, e se se van a mudar todos ao Bernabeu para facer vida en común.

Por certo, para adornar esta entrada hai centos de fotos de Aragonés e Villar xuntos, de Raúl acaramelado con Guti e Casillas, con Calderón... pero non molaban para un día coma hoxe. Por iso tiven a ben poñer unha de Maradona dándose un beijo con Carlos Tévez, na Bombonera, hai catro anos, cando o agora xogador do Manchester xogaba no Corinthians brasileiro. Se demostra unha vez máis que, á marxe do rollo homosexual, o amor é cego. Para morrearse con Tévez hai que botarlle uns cantos, pois é un dos xogadores máis feos do mundo.

A todo isto, poño que se dan un beijo, e non un bico, porque en Portugal isto último se traduce por mamada, e claro, con calqueira buscador algún do outro lado do Minho vai pensar que teño unha imaxe de Maradona facendo unha felación a Tévez, aínda que bueno... con Maradona todo é posíbel.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en D10S, Defecacións verbais | 5 Grandísimas aportacións »

Prantado no medio do campo

9 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

arbore.JPG

O falar non ten cancelas, en boca pechada non entran moscas, pola boca morre o pez... e tódolos refráns que se nos ocorran valen para defini-las promesas eleitorais que fan os políticos de turno. "Disparate tras disparate até a victoria final" sería un bo lema de campaña tanto para Zapatero coma para Rajoy.

O primeiro se pasa tres pobos cas promesas, mais Rajoy, sen darse de conta que o que propón o seu rival é un disparate, vai este e o duplica, ou como neste caso, o multiplica por dez. E e que polo visto, o tarado este dixo onte que se gaña as eleccións prantará 500.000.000 (cincocentos millóns) de árbores, que serían unha media de 1.500 por minuto. E todo para frear o cambio climático, supoño que asesorado polo seu curmán.

A foto de enriba ilustra perfectamente o que acontecería nese caso, porque prantar árbores está moi ben, pero cando está todo cheo de cemento a base de urbanizacións e demais merdas, vai pasar que non quede espazo para tanta árbore e os remate prantando no medio dos campos de fútbol. Rajoy o que debería facer é irse a prantar un pino, ou o que é o mesmo, irse a cagar á leira, e de paso que se aclare nas súas preferencias futbolísticas, porque iso de declararse como "madridista, hincha del Depor, accionista del Pontevedra y socio del Celta" é como levar un cartel enriba que poña "peligro, loco suelto".

A todo isto, propoño que a primeira árbore que se prante nun campo de fútbol leve o nome de Tronquito Magdaleno, en homenaxe ao mítico xogador dos 80.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Defecacións verbais, Espanholadas | 3 Grandísimas aportacións »

Neanderthais do século XXI

22 de decembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Un grupo internacional de científicos descubriu que os neanderthais, considerados como os típicos trogloditas do óso e o pao, tiñan un xen clave na capacidade de falar que até o de agora se consideraba exclusivo dos seres humanos modernos. Para chegar a esa conclusión tiveron que analizar mostras óseas de hai 43.000 anos do xacimento asturiano de El Sidrón.

Pero o que non saben e que hai homes modernos con mentalidade Neanderthal, e que non só teñen a capacidade de falar, senón que cando o fan, conseguen que suba o prezo do leite, dos cereais, da gasolina e dos tomates. E algúns até chegan a ser presidentes de clubes importantes de primeira división, coma Ramón Calderón, presi do Madrid.

mamon-calderon.JPG

Calderón é unha auténtica máquina de mete-la gamba vía oral, concretamente cada vez que lle poñen un micro diante. Queda para a lembranza aquela conferencia que dera nunha universidade na que puxo a caer dun burro aos seus propios futbolistas, ou cando dixo que moita xente pensaba que a capital de España era Real Madrid, que non tiñan necesidade de fichar porque eran os campións de liga (20.000 millóns de pelas se gastaron este verán)... Mesmo despois de estar dando a vara durante anos co brasileiro Kaká, que o ficharía porque non quería que na súa tumba puxera que "aquí xace o home que non trouxo a Kaká". Pois o outro día dixo que Kaká non ten sitio neste Madrid. Hai que foderse.

Pois a última, que non derradeira, defecación verbal de Ramón Calderón foi a colación dunha pregunta sobor as pancartas que están a poñer os ultrasur no Bernabeu, insultando a algúns xornalistas, ante a pasividade dos mandatarios madridistas. Isto foi o que dixo:

"Sobre os Ultras Sur só teño que dicir cousas boas. Son un grupo de rapaces que animan moito e participan moito e todo o demais é cousa deles. As pancartas poden ser criticábeis, pero é a súa liberdade de expresión, e nós a aceptamos porque cada un é libre de opinar o que queira".

Ben, entón agredir a afeccionados dos outros equipos (e mesmo do teu se son doutras razas), mostrar bandeiras fascistas e xenófobas, insultar a todo quisque mediante faixas no estadio... todo iso son esas cousas boísimas que só ten que dicir Ramón Calderón, o Neanderthal do século XXI.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Defecacións verbais | 2 Grandísimas aportacións »

Amigos e algo máis

3 de outubro do 2007 perpetrado por otraveseiro

unitedblowe6076a7aba6291dh.jpgDi Cristiano Ronaldo, extremo portugués do Manchester United que "A miña relación con Rooney é xenial, coma sempre foi, antes do Mundial, despois do Mundial e tamén agora".

Non fai falla nin que o xure. A bulla que protagonizaron ámbolos dous no pasado Mundial de Alemaña xa é auga pasada. Lembremos que Cristiano Ronaldo provocara a expulsión de Rooney chibándose ao árbitro dunha suposta agresión do inglés a Ricardo Carvalho.

Como demostra a foto, agora se levan tan, tan, tan ben, que até practican sexo oral no terreo de xogo, ante miles de siareiros, para que non haxa dúbidas da súa amizade.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Defecacións verbais | 1 Grandísima aportación »

Caneda fuma herba

18 de setembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Iso ou que perdeu definivamente os papeis, se é que os tivo algunha vez. O autor de grandes perlas coma "aos feitos me REPITO…, RASCARSE as vestiduras…, PATACA minuta…, estamos de CASPA caída…, estamos entre a ESPALDA e a parede ou ADORAR a píldora" superouse a sí mesmo dicindo que "O COMPOS ESTARÁ EN PRIMEIRA DIVISIÓN EN CINCO ANOS"

caneda.JPG

Para os que non segan as categorías inferiores informar que o Compos está en Rexional Preferente, unha especie de Quinta División. Ademais, teñen unha débeda do copón, a Federación Galega os sanciona até por non pagar os honorarios arbitrais e aos seus partidos van unha media de douscentos espectadores. Nese pozo os meteu o propio Caneda, cousa que non recoñece: "O Compos se foi ao tacho pola mala xestión de tres grupos políticos", e que aínda por riba di que el o mellor xestor do fútbol español porque "baixei de primeira con 1200 millóns de superávit". Para mexar e non botar pinga.

Remato cunha frase extradeportiva deste elemento que lle leín hai un par de anos e que aínda gardo como ouro en pano:
"Hai xente que ten diabete ou retención de orina, e eu reivindico uns servizos nos soportais de San Lázaro para que a xente maior non se ande a agochar. E unha cafetería, por se a algún lle ven un baixón de azucre".

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Defecacións verbais | Comenta, non sexas rata »

Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo