24 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro

A mediados da semana pasada un problema alleo á miña persoa provocou que desaparecera unha anotación e varios comentarios deste meu/noso blogue, e entre estes últimos o de alguén (os que deixan comentarios se contan por miles e non me lembro de quen se trata) se queixaba ou reclamaba de que tódolos homes que saltan a un campo de fútbol en plan espontáneo van totalmente en pelotas. Sen embargo non ocorre así cas mulleres, que, as poucas que saltan ao campo, non o fan totalmente espidas, como deus as trouxo ao mundo.
Esta foto serve para desmontar esa teoría. Non estou del todo seguro, pero coido que aconteceu no campo de Butarque, onde xoga o CD Leganés. Unha señorita salta ao campo en pelotas, portando somentes unhas chancletas e unha tira no que reivindica infraestructuras para o seu barrio, nas que se teñen que incluir roupa de abrigo ou, cando menos, algo de lencería.
A foto non é de moita calidade, pero se aprecia perfectamente as facianas de satisfacción dos policías nacionais (modelo taberneiros) que a acompañan a cachear, e como ao da esquerda se lle está empezando a poñer a porra erecta.
chúzame -
Arquivado en Elas tamén xogan |
1 Grandísima aportación »
17 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Aconteceu esta fin de semana no preolímpico da CONCACAF que se disputa nos Estados Unidos. O equipo anfitrión venceu pola mínima á selección de Honduras no derradeiro minuto, e de penalti. Nun intre do encontro salta ao campo unha espontánea en bikini e ataviada coa bandeira norteamericana das barras e estrelas.
O xogador que se ve na foto é o defensa Hunter Freeman, que ou ben é gay ou se toma demasiado ao pé da letra unha norma básica de calquer adestrador: Nunca se pode perder de vista o balón. Neste caso caso penso que tampouco lle pasaría nada se a mirase aínda que sexa un pouco de refugallo, non é pecado, digo eu.
Non sabemos como rematou a historia, nin tampouco como son as leis en Florida, onde se disputou o partido, pero se temos en conta o tiquismiquis que son os americanos para estes rollos o normal é que mandaran a esta rapaza de cabeza a Guantánamo. E menos mal que non levaba un pitillo na boca, que senón a acribillan a tiros alí mesmo.
chúzame -
Arquivado en Elas tamén xogan |
1 Grandísima aportación »
8 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro

O céspede non parece estar xeado, as árbores teñen folla verde e polo que se ve está a quenta-lo sol. ¿Entón que fan estas mulleres xogando ao fútbol amantadas de pés a cabeza se non vai frio? Moi fácil, teñen a desgraza de sofrir a lacra social do machismo. Unha lembranza para todas elas neste 8 de Marzo, Día da Muller.
chúzame -
Arquivado en Elas tamén xogan |
3 Grandísimas aportacións »
26 de febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

¿Quen é esa tipa e que fai en bragas e ca camisola do Deportivo posta? Para explica-lo temos que remontarnos a Outubro do 2004. Ese mes se edita o número 15 da revista oficial do Clube, e esta señora forma parte dunha reportaxe fotográfica titulada "Silvia Fominaya, revolución en el Playa". Para os non iniciados, o Playa Club é un histórico local hosteleiro coruñés actualmente xestionado polo Depor e que ben sendo a sala de xogos dos fillos de Lendoiro and friends.
Imos con Silvia Fominaya. É unha modelo, actriz (?) e presentadora de televisión que naquelas datas estaba na cresta da ola porque traballaba (?) como contertulia (falaba do seu can e sacaba unha teta de cando en vez) no programa Crónicas Marranas, de Telecinco, tras participar na edición daquel ano de La Isla de los Famosos. ¿E que ten que ver co Deportivo? Nos últimos anos no Clube colleron a puta manía de captar adeptos famosos para facerlles reportaxes na revista oficial sen ter en conta que a maioría deles o Depor lles importa un carallo e tampouco caeron na conta que a moitos deportivistas máis que enorgullecernos nos avergoñaba que certos persoeiros pousaran cas cores do Depor e se declararan deportivistas.
Mais neste caso Silvia Fominaya sí ten relación co Deportivo. Na tempada 93-94 o Depor fíxose cos servicios dun entonces cotizado dianteiro do Raio Vallecano, Pedro Riesco. Non se pode dicir que fracasara porque tampouco tivo ocasión de amosar moito pola grande competencia que había no seu posto. O caso é que Riesco viviu na Coruña acompañado pola súa moza, que resultou ser Silvia Fominaya, que daquela contaba con 17 anos.

Resulta chocante ler o que poñen dela nesta reportaxe: "Es guapa a rabiar, salta a la vista. Pero el mayor atractivo de esta mujer es la belleza interior. Durante su visita al Playa Club, Silvia Fominaya nos fulminó con su sonrisa. Quedamos cautivados por su simpatía, su paciencia, su presencia, y, sobre todo, por su decisión de abrirse al deportivismo".
E resulta chocante polo feito de que na Coruña non a recordamos precisamente pola súa simpatía e beleza interior, senón todo o contrario. Esta tía sempre estaba metida en bullas: A moza de Pedro Riesco ten unha liorta de tráfico..., a moza de Pedro Riesco se pelexa cunha señora polo turno da charcutería de El Corte Inglés..., a moza de Pedro Riesco a monta na súa urbanización porque lle molestan os contenedores de lixo... E así continuamente, un día sí e outro tamén. Só nos queda agardar que Oksana Andersson, a moza de Willhelmsson, se comporte mellor ca ela e, sobretodo, non teñamos que agardar 10 anos para ve-la pousar lixeira de roupa ca camisola do Depor.
chúzame -
Arquivado en Elas tamén xogan |
8 Grandísimas aportacións »
16 de febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Me parece estupendo que un porteiro pouse nas fotos de equipo amosando as luvas para que se vexa a marca que o patrocina.
Me parece xenial que un porteiro pouse nunha foto ca súa muller e coas luvas postas.
Me parece caralludo que a un porteiro lle pareza curioso e divertido que o nome da marca das súas luvas sexa moi parecida ao aeroporto de Sondika (Bilbao), e que teña a ben amosa-las xunto á súa muller.
Me parece de puta nai que un porteiro pouse para unha foto ca súa muller, os dous en pelotas, e só cas luvas postas.
O que me parece unha cabronada é que o porteiro sueco Magnus Hedman teña unha muller como Magdalena Graf e faga unha foto como non se debe facer. O xeito máis apropiado é colle-las luvas, engancha-las nas orellas, e a continuación meterse a mans onde non molesten, por exemplo, no cú.
chúzame -
Arquivado en Elas tamén xogan |
4 Grandísimas aportacións »
5 de febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O pasado 31 de Xaneiro pechouse o prazo para inscribir xogadores na liga española. O Deportivo, unha vez máis, non conseguiu fichar a ese dianteiro goleador que tanto anceiaba Lotina e a parroquia deportivista dende fai... nin se sabe. Pero dá igual, a xente non se mosqueou porque a única fichaxe, aínda que non sexa dianteiro, foi nin máis nin menos que a de Christian Wilhelmsson, un extremo dereito sueco apodado "O Chip".

Seguro que o xogador pasaría inadvertido se non fose porque a súa moza é Oksana Andersson, unha modelo e cantante de orixe ruso. Na Coruña, e parte do extranxeiro, non se fala doutra cousa (me sorprendeu até leer sobor este tema nun portal arxentino), xa sexa en xornais deportivos coma de información xeral. Hai unha especie de síndrome que fai que todo cristo fale desta parella, tanto eles como elas, que consideran ao tipo o Beckham de Riazor. En canto a nós... pois a verdade é que isto xa semella unha peli casposa de Alfredo Landa e José Luis López Vázquez, unha obsesión case enfermiza coa sueca, importando máis cando chega á Coruña esta rapaza que cando debuta Wilhelmsson.
Vos preguntaredes por que carallo non acompaño esta entrada cunha foto da feliz parella, e a poder ser con pouca roupa. Pois porque, como apuntei antes, falan do temiña en tódalas webs, blogues e foros de deportes, con ligazóns a fotos deles ou mesmo á propia web de Oksana. Así que se os queredes ver, poñédevos a traballar. No seu lugar prefiro colgar esta imaxe que corresponde a unha película que dá nome a este post, "El síndrome de Svensson". O fotograma é ademais moi futboleiro, o protagonista do film (Alejandro Garrido) porta unha camisola da selección de Suecia, e ela (María Almudever) unha minúscula retro-futboleira. Esta rapaza aínda por riba interpreta a unha guitarrista dun grupo de pop chamado... "Los Balones".
chúzame -
Arquivado en Actualidade, Elas tamén xogan |
3 Grandísimas aportacións »
25 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Por ámbolos dous casos, por suposto. Hai uns días comentabamos o tópico de que detrás dun futbolista feo con pasta sempre hai unha muller cachonda. Franck Ribery e acompañante nos desmontan esa teoría, ou, cando menos, son a excepción que confirma a regla. O francés, actual xogador do Bayern de Munich, é posibelmente o xogador máis feo do planeta.
Na súa defensa dicir que cando era un meniño tivo un accidente de coche que o fixo sair despedido polo parabrisas, e quedou así, con ese careto. Pero... ¿e ela? pois non che sei, pero dendelogo que fan boa parella.
A foto xa ten tempo, e foi tirada cando Ribery xogaba no Galatasaray de Estambul, e a saquei de A Contrapié, que se vexa ben clariño, para que logo non me anden a "piar".
chúzame -
Arquivado en Adefesios, Elas tamén xogan |
3 Grandísimas aportacións »
3 de xaneiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Aos catro gatos que se atreven a entrar neste sitio e a deixar comentarios hai que coida-los. E se esa escasa audiencia pide algo, hai que comprace-la. Por iso, hoxe teño a ben inaugurar un novo tema adicado ao sexo feminino. Porque hai que desterrar ese mito de que o fútbol é cousa de homes e porque un tampouco é de pedra, oiga.

Din que detrás dun gran home hai sempre unha gran muller e se isto o extrapolamos ao fútbol nos sae que detrás dun futbolista feo, pero forrado de pasta, hai sempre unha muller cachonda cunhas grandes peras. E para mostra, un botón. Javier Portillo, ex-dianteiro do Madrid e actualmente no Osasuna, nun acto social, posiblemente un vodorrio, e moi ben acompañado. A foto atopeina no Bar Deportes, para non variar.
Por outra banda, como tamén teño pensado abrir un tema adicado a feos, ridículos e extravagantes, tamén lle podería facer un oco alí a Portillo. Pero para iso xa haberá tempo.
chúzame -
Arquivado en Elas tamén xogan |
4 Grandísimas aportacións »