Raro no nome e nas formas

12 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

Xa había tempo que non posteaba ningún enxendro (heráldica futbolo-chapuceira), así que imos ter que ir metendo algún para que non caia no esquecemento unha sección da que un colega me dixo que era o que lle molaba do blogue. Logo caeu da burra e dixo que lle molaba todo do blogue pero o dos escudos era o que máis. Ou sexa, para que nos entendamos, só lle mola a sección dos enxendros, je, je. Vale, pois o caso que nos ocupa hoxe é o do Siófoki Bányász, impronunciábel equipo húngaro cuxo máximo logro foi gañar a copa de Hungría do ano 1984. A día de hoxe xoga con outro nome pero o equipo segue sendo o mesmo, o fundado en 1921.

siofoki-banyasz-hun.png

Analicémolo pois. Formado polo clásico círculo onde figura o nome do clube e a data da súa fundación. Até aí nada novo, parece un sinal de prohibido pero ten un pase. O malo chega nos compoñentes do que está recheo. Observamos un hexágono pintado cun trazo bastante delgado e dividido en dous, e dentro del o que semella ser unha torre petrolífera, unha cheminea industrial ou o canón dunha ametralladora en vertical (postos a imaxinar paridas). E diante de todo iso a imaxe máis destacábel, que aparentemente é un grifo ou tubería.

E digo aparentemente porque a simple vista é o que parece... se non fora polo que colga da punta. Visto dende a miña mente perversa dá a impresión que non é un grifo senón o membro viril dun negro empalmado e o que pendura del pode tratarse dun preservativo, que, moito coidadiño, está furado polo medio. Dende a perspectiva dalguén normal, ve nese debuxo un paraugas ca funda a medio poñer, ou, mesmamente, un calcetín.
En todo caso, vexa como se vexa, é unha auténtica monstruosidade indigna dun clube de fútbol. Ao que lle guste este emblema unha de dous, ou o di por leva-la contraria ou ten o sentido do gusto no cu.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Enxendros | Comenta, non sexas rata »

Un equipo con duende

18 de Febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

avenirbeggen.PNG

Luxemburgo, aparte de en Eurovision, tamén participa nas fases clasificatorias para Eurocopas e Mundiais, claro que sí. E son coñecidos porque pechan estas táboas clasificatorias do malos que son. No conxunto mundial ocupan o lugar 154º, por debaixo de Surinam e por enriba de Maldivas. En Europa están no posto 49º, non sendo os derradeiros porque cada vez hai máis países (teñen a Montenegro pisándolles os talóns).

Pois se Luxemburgo ten selección ten que ter liga propia e clubes. Un deles é o Avenir Beggen, cuxo escudo é eso de aí enriba. Sería un emblema normaliño se non fose porque ao balón e ao nome do equipo lle acompaña unha especie de duende ou trasno que parece estar descojonándose de ledicia. ¿E por qué está tan contento?

Estiven a botarlle unha visual ao historial deste equipo en competicións europeas e levan a mesma liña ca selección. Participaron durante 16 anos en Europa, de 1970 a 2003. E nese tempo xogaron 18 eliminatorias, o que quere dicir que tan só en dous ocasións pasaron unha rolda. Foi no ano 1993, que eliminaron a un equipo de Islas Feroe (e polos pelos) para caer na seguinte co Spartak de Moscova de paliza. E logo tamén eliminaron no 96 ao Örebro sueco, e na próxima rolda o Lens lle deu a do pulpo, 6-0 e 0-7.

Entón deduzo que o trasno do escudo se está a divertir non polos grandes resultados e palmarés do seu clube, senón porque está a penetrar sexualrmente o balón pola válvula do aire.  De feito o escudo está modificado por min, engadéndolle as dúas ralliñas da dereita para que quede ven claro o que está a facer o anano ese, que usa o balón coma xoguete erótico.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Enxendros | 3 Grandísimas aportacións »

Emblemas da Idade do Cobre

14 de Febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

cobre.JPG

Aínda que pareza mentira, non son dous modelos diferentes de escudos dun mesmo clube. Por iso tiven a ben xunta-los porque son igual de feos, ou cando menos, peculiares.

O da esquerda é o emblema do Club de Deportes Cobreloa, da cidade chilena de Calama. É un clube relativamente novo, fundado en 1977, e actualmente milita na primeira división de Chile. Viste totalmente de laranxa.

O da dereita é o escudo do seu rival, o Club de Deportes Cobresal, fundado en 1979 e que tamén xoga na primeira chilena. Viste con camisola branca con motivos laranxas e pantalón desa cor.

Imos cos enxendros que teñen por escudos. Resulta que nunha rexión mineira se funda un clube, o Cobreloa, que adopta unhas cores e un escudo que deixa moito que desexar. Consiste nun balón rodeado dun círculo laranxa cunha especie de cruz invertida. Imaxino que representa á simboloxía do cobre, pero así, visto a bote pronto, non pode un deixar de relaciona-lo cun equipo formado por mulleres, así de claro. Por moito que lle engadan o nome do equipo e a cidade, o escudo é simple a máis non poder.

Vale, pois dous anos máis tarde da fundación do Cobreloa, no pobo mineiro de El Salvador se funda outro clube, o Cobresal, e claro, teñen que inventarse unha imaxe corporativa. A estes non lles chega con copia-las cores do seu rival e o nome, que deseñan un escudo practicamente igual. Balón setenteiro rodeado do mesmo simboliño e co nome do equipo. Mais aínda quixeron romperse máis a cabeza que lle engadiron un sombreiro ao balón a modo de casco de mineiro. Automaticamente, calqueira que descoñeza como se representa o cobre, relaciona ese escudo cun equipo de fútbol formado por mulleres... que traballan nunha mina.

Me pregunto se a alguén deses equipos se lles ocorreu  rediseña-lo escudo, xa non para mellora-lo seu atractivo (cousa non compricada), senón para que non se pareza ao do seu rival, coño. A min polo menos me daría bastante grima ter un escudo que se parecese ao do Celta.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Enxendros | 1 Grandísima aportación »

RADiografía dunha trapallada

7 de Febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

fk-rad-belgrade.png

Esa cousa fea de aquí enriba trátase do escudo do FK-RAD de Belgrado, modesto equipo serbio que sempre estivo á sombra dos dous grandes do fútbol serbio e da extinta Iugoslavia, Estrella Roja e Partizan. Deste equipo fichou o Deportivo en 1991 a Miroslav Djukic, que compaxinaba daquela o fútbol coa conducción de excavadoras (aínda que pareza mentira, desta vez falo en serio). Contan que Carlos Ballesta, segundo de Arsenio no Depor, viaxou a Belgrado coa intención de ver xogadores dos dous grandes. Estaba no hotel, era sábado pola tarde e eses equipos xogaban o domingo. Entón Ballesta lle dixo a Zoran Vekic (representante de xogadores), que non podía estar así, pintando o caneco, que tiña que ver fútbol como sexa. Vekic lle dixo que o podía levar a ver ao RAD, que xogaba ese día, pero que eran uns mataos. Alí descubriu Ballesta a Djukic, aínda que, todo hai que dici-lo, xa o estaba a tantear o Estrella Roja.

A ver, que se me vai a pinza, imos co escudo deste equipo. O que o deseñou dende logo non se parou moito. Colleu un círculo, o pintou ca cor do equipo. A continuación lle engadiu un balón, que para iso é un clube de fútbol, meteu nunhas casiñas brancas e en letras eslavas o nome do equipo, RAD, e noutro lado FK. ¿E agora qué? Pois nese momento coméndose o coco estaba a xogar cun clip (ollo, non de Playmobil, senón dos de suxeitar papeis), o rompeu e se lle deu por coloca-lo enriba do círculo azul. E aí naceu o emblema deste Clube.

Dous apuntes. A día de hoxe teñen un novo modelo, é ovalado, a dúas cores, e lle engadiron o ano de fundación do clube, 1958. Eso sí, o clip roto segue aí. O outro apunte, Trapallada = Cousa mal feita, sen coidado nin arte.  

 

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Enxendros | 4 Grandísimas aportacións »

Horror e pavor

31 de Xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Hoxe inauguro un novo tema, "Enxendros", adicado aos escudos e emblemas futboleiros que destacan pola súa simpleza, por estar mal concebidos... vamos, por ser feos. Polo menos para min, que para iso teño un gusto tan exquisito. Non me vou deixar levar polas miñas fobias cara certos equipos, así que se un escudo me parece feo pois o digo e punto, aínda que ese equipo me caia ben ou me resulte indiferente.

wolverhampton-wanderers.png

Vai ter a mala sorte de estrear esta sección o Wolverhampton Wanderers, equipo inglés que milita actualmente no que sería a Segunda División española, e que ten como máximos logros as tres Ligas que gañou nos anos cincuenta, aparte de algunha que outra Copa e Supercopas inglesas. Tamén é coñecido por se-lo equipo preferido de Robert Plant, vocalista dos Led Zeppelin.

Penso que é compricado atopar un emblema futboleiro tan feo en Inglaterra, onde miran moito a imaxe e coidan destos temas. Alí os equipos tradicionalmente teñen escudos bonitos e moi elaborados, onde non soe faltar escrito o nome completo do Clube, referentes á cidade, ao barrio ou o ano da súa fundación. Incluso en moitos aparece algunha cita en latín.

Sen embargo o Wolverhampton se sae da liña e nos sorprende con esa figura hexagonal coa silueta dentro do que parece ser un cánido (se supón que é un lobo, para iso son os wolves), un bicho feito ademais con escadra e cartabón. Eu rapidamente o asimilo co anagrama de RUMASA, ou co logotipo duns laboratorios farmaceúticos, de compoñentes electrónicos, de repostos para coches... pero nunca co escudo dun Clube de fútbol inglés fundado nada máis e nada menos que no ano 1877. Xa choveu.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Enxendros | 4 Grandísimas aportacións »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo