Non á banda ancha

20 de Novembro do 2012 perpetrado por o traveseiro

Segundo o artigo 4.1 da Constitución Española… «La bandera de España está formada por tres franjas horizontales, roja, amarilla y roja, siendo la amarilla de doble anchura que cada una de las rojas». Semella que algún ultrilla do Málaga a estas alturas da película aínda non se decatou. Será o mesmo que lle escribiu a Juanito ao máis alá que «nunca te fuisteS«?

E o que ten poñerse a facer manualidades sen ter aprobados os estudos de corte e confección, co doado e económico que resulta hoxe en día baixar ao bazar chinés a mercar unha bandeira «como Dios (y España) manda».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Analfabestas, Espanholadas | 10 Grandísimas aportacións »

Espanha 4 – Galiza 17

3 de Xullo do 2012 perpetrado por o traveseiro

Estanco enriba de bar?

De entrada, os do mítico bareto do coruñés bairro da Agra do Orzán tiñan que comezar a subir o volume da tele; golpear con máis ímpeto pratos, vasos e cubertos; e falar a berros.

E para o resto dos veciños, e en especial un de Monte Alto que me comentaron hoxe que seica saca unha bandeira franquista pola fiestra só ao comenzo dos partidos (?)… aí van unha serie de consellos de grande utilidade, algún extraído do recomendábel manual de autoaxuda «Cómo convertirse en un hijo de puta»:

- Deixarlle unha rata morta no felpudo, cravarlle unha cabeza de galiña no marco da porta… O da cabeza de cabalo na cama é demasiado caro e arriscado.

- Tocarlle o timbre ao chegar a casa de madrugada ou ao ir currar cedo. Un clásico, mais desta vez insultándose a si mesmo, para quedar libre de toda sospeita.

- Outro clásico, botarlle lixivia na roupa tendida, loxicamente só se vives enriba del. Se ten a bandeira a lavar, o dobre de diversión.

- Colocar unha notiña no portal que diga «A festa é no 1º dereita» (p.ex.). Para maior efectividade, recoméndase face-la coña preferiblemente venres, sábados e vésperas de festivo.

- Con trazo violento, grandes caracteres e algún detalle que denote natureza psicótica (unha mirilla na letra «o» por exemplo) escreber na parede xunto a súa porta «Vas morrer», sen especificar nome algún.

- Coller unha botella baleira de Fairy, mexar nela até encher tres cuartos e deixar repousar un par de días. Pasado ese tempo achégaste a súa porta de madrugada e chiringas o contido do recipiente por embaixo da mesma. Dependendo da separación entre porta e chan, o líquido pode alcanzar tranquilamente o metro de distancia no interior.

Admítense suxestións.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Espanholadas | 3 Grandísimas aportacións »

Como non boicotear unha marca deportiva

26 de Setembro do 2011 perpetrado por o traveseiro

Quero aclarar que, ao fío do post anterior, por moito que lle faga boicote a Adidas polas súas horrendas últimas creacións, porque fabrique no terceiro mundo ou pola razón que sexa, chámalle X… nunca chegarei ás cotas do mítico Ladislao Kubala. Como moito (teño un suadoiro retro case igual) poñería unha etiqueta de Estrella Galicia, máis acorde cos mercadotécnicos tempos actuais, e se nos poñemos á súa altura, caso improbábel, este outro escudo.

Cómpre tamén aclarar que, sen saber de que vai a cousa, o máis normal é que o bo de Kubala tivera un contrato de patrocinio coa multinacional alemá e que vestía a súa roupa sen problema nos equipos que adestraba… agás no seu curro coma seleccionador da España alá polos anos setenta, cando foi tirada a foto, e que lle obrigarían na federación a estampar a merda do escudo do aguilucho por riba. Un caso semellante que Cruyff no Mundial de 1974, que tiña contrato con Puma e boicoteaba as tres bandas da camisola da selección que defendía.

Por certo, que a foto está escaneada dun vello exemplar da revista Don Balón, que esta semana botou o peche, quen sabe se definitivo. Hai a tira de anos que non a mercaba, se cadra por iso, por xente coma min e polo que se foi ao tacho, pero pasei moitas horas de cativo ollándoas e é triste que xa non exista.

P.D. CASO REAL, ao fío do último parágrafo: O meu irmán tiroume uns cantos exemplares ao lixo porque non quería xogar con el por estar todo o puto día cos Don Balóns. Tiven que baixar a recollelos do recoletor. Verídico!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Espanholadas, Mundo viejuno-celebrities | Comenta, non sexas rata »

Seguimento do Mundial Sub-20

28 de Xullo do 2011 perpetrado por o traveseiro

O bendito verán, a por momentos falta de conexión a internete e a miña recente adicción a matar porcos cobizosos con paxaros arrebolados cun tirachinas fai que o blogue non se actualice todo o que se debería. Mais temos que facer un alto no noso lecer porque está a piques de comezar o Mundial Sub-20 en Colombia, torneo no que temos postas moitas esperanzas, por suposto torcendo como non podía ser doutro xeito pola Auténtica Vermella, Corea do Norte.

A selección Chollima está encadrada no Grupo F, o da morte, xunto con México, Arxentina e Inglaterra. Precisamente o campionato abrímolo nós fronte aos ingleses. O noso mellor futbolista é o goleador Jong Il-Gwan, que milita no Rimyongsu e que levará o dorsal número dez.

No que atinxe a La Rojita, estúpido sobrenome da selección española e que a bo seguro foi ideado polo Marca, está no Grupo C, xunto a Costa Rica, Ecuador e Australia. Os españois estarán cagados coa presión de iguala-los éxitos dos maiores e polo trato hostil que recibiron incluso xa dende a súa chegada a Bogotá.

Estou seguro que moitos dos expedicionarios españois, senón todos, preferirían ser recibidos a pedradas ou mesmo balazos antes de atura-lo arrepiante recibimento… con sendas actuacións musicais a cargo da banda de música da Policía Nacional Colombiana e da tuna tentado claramente mina-la moral do grupo dende o primeiro intre.  Veremos a ver se xorde efecto.

Seguiremos informando.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade, Espanholadas | 2 Grandísimas aportacións »

Cumpreanos mundialista

11 de Xullo do 2011 perpetrado por o traveseiro

En contra do que poda parecer, opino que tamén aos que «la roja nos la trae floja» debemos lembrar este tipo de cousas para evitar que volvan repetirse, como se adoita a dicer sobre os grandes males da Historia (e isto o é).

… e aderezado por dúas citas célebres moi semellantes e tamén oportunas, asinadas por dous intelectuais dos séculos XX e XXI, respectivamente:

Castelao:
«Non temos ningunha fe nos hespañoes; pero témola en nós mesmos e nas ideias que profesamos».
Paquebote «Campana». Xullo-Agosto do 1947.
(Sempre en Galiza)

Zimmer103:
«Aínda temos fe no fútbol e en todos os que limpamos o cu coa bandeira española».
Estudios Grozny. Marzo do 2011.
(O Zurro en 2′)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Espanholadas | 4 Grandísimas aportacións »

Loquillo… «¿qué las das?»

23 de Maio do 2011 perpetrado por o traveseiro

Unha coñecida peña de moinos zaragocistas sacou ao mercado unha bufanda en raso a dúas caras, cun arrepiante deseño por unha delas.

Pregúntome por que collóns escolleron un tema de Loquillo e se este abandeirado contra a piratería e que ten menos sentido do humor que Aznar estreñido, autorizou xa non a fraseciña de marras, senón o puto logo. Tamén asáltame a dúbida de por que non puxeron un temiña do zaragozano universal e lenda (?) do ruock, Enrique Bunbury, tan chulo ou máis que Loquillo, que mira que é difícil.

O caso é que non sabemos que lles dá Loquillo a estas nenas (pero o supoñemos) porque mergullándome por internet topei con esta outra mamonada dos ultras da UD Salamanca, utilizada para vender unha camisola con outro lema mazo hooligan extraído da mesma canción troglodita: «Para qué discutir si podemos pelear» (isto o canta un grupo de rock basco e os meten a todos no trullo).

Se extrapolamos esta ocorrencia ao fútbol galego, quizáis teriamos que facer bufandas futbol-rockanroleiras con lendas máis auténticas, coma nós: «Lendias, piollos e outras fieras» , «Lorchos, congrios e fanecas» ou «Parrochas, churrasco e pelos no peito». A primeira é dos Heredeiros da Crus e as outras dúas dos Diplomáticos de Monte-Alto.

Non podemos rematar sen avisar de que non hai erro algún no título, só é o típico caso de laísmo, tantas veces escoitado a españolitos deses que presumen de falar tan ben o castelán porque non foron obrigados na escola a estudar dialectos vernáculos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Espanholadas | 3 Grandísimas aportacións »

Xa está aquí a semana santa

18 de Abril do 2011 perpetrado por o traveseiro

E con ela, as numerosas mostras de paixón relixiosa, e sobor de todo en forma de procesións, como por exemplo a do Cristo de los Mongolitos Intolerantes.

Este paso transcorre por Madrid e fai unha parada na Avda. Concha Espina (Santiago Bernabeu), onde un saeteiro micrófono en man canta unhas breves pero emocionantes coplas para excita-la devoción e penitencia dos fieis, coma por exemplo…

«Y va a seguir y va a seguir la dictadura del Madrid, no va a acabar, no va a acabar la dictadura del Real».

«Guti alé, Guti alé, forza Guti, Guti alé».

«Mágico Raúl, mágico Raúl, hoy tú tienes que marcar».

«Madridista y español la mejor combinación, España en mi corazón y mi equipo campeón».

«Luis Enrique tu padre es Amunike».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Espanholadas, Odioteca | 4 Grandísimas aportacións »

Náusea constante: a Copa do Mundo chega a Galiza

28 de Decembro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Foi noticia onte por estes lares a chegada da Copa do Mundo a Compostela. O presidente da Xunta, ese que non apoia as seleccións deportivas galegas, non perdeu ocasión de facerse a foto co trofeo e soltar algunha que outra barrabasada das súas, coma propoñer a Del Bosque coma «entrenador de España», para elixir aos mellores políticos. Señor Feijoo, vostede non vale nin para a liga das Mariñas, con tódolos respeitos para esta competición. Mais el non foi o único que gosta  de chupar cámara. Por exemplo, tamén está este.

«Uuuhm, bocata di cardinale»

Julian Barrio, o arcebispo de Compostela, que pronosticou a vitoria española en Sudáfrica, semella pasalo realmente ben, como se estivera nun parque infantil e non na misa do Peregrino. Mención a parte merecen os tres de detrás.

Á esquerda, o reposto presidente da Federación Galega, Xulio Meana, que non hai deus que o quite da poltrona, e ao que lle acho certa semellanza física co Dioni. No medio, o seu homólogo da Española, Angel María Villar, con careto de estar, como é costume nel, durmindo cos ollos abertos. E á dereita, Vicente Del Bosque, que está até na sopa. De feito, hai un rato baixei o lixo e pareceume velo detrás dun carro, coa copa do mundo nas mans.

Se queredes ver unha galería de fotos bastante completa deste lamentábel acto, premede aquí, pero ollo cos que teñades o estómago delicado, porque nun par delas… sae Feijoo coa camisola de España!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Espanholadas, Odioteca | 7 Grandísimas aportacións »

Os chourizos de Navalcarbón

19 de Novembro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Quixen botarlle unha ollada vía Google Earth aos campos que ten a Federación Española en Las Rozas, coñecidos coma «La Ciudad del Fútbol». Non atinei con eles á primeira, trabucándome cos campos que o CD Las Rozas ten en Navalcarbón, un pouco máis ao sul dos outros. Hai dúas fotos penduradas por usuarios de Panoramio sobre esas instalacións e unha delas, subida por un tal angel.ecr, conta con esta «breve» explicación.

Prezos desorbitados das entradas, non sortean nada, bancadas noxentas…, un auténtico escándalo en toda regra.

Por outra banda, onte celebrouse o sorteo de Copa, e o Deportivo xogará a súa eliminatoria perante o Córdoba. Entro na web de dito clube e primeiro que me atopo é coa foto oficial do plantel da tempada 2010-2011, que non foi tirada como é costume no seu campo de xogo, nin na cidade deportiva, senón… nunha puta praza de touros!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Espanholadas | 4 Grandísimas aportacións »

Fela(cita)cións aos campións

15 de Xullo do 2010 perpetrado por o traveseiro

Dixera que ía deixa-lo temiña Mundial-España aparcado até máis tardar, mais non debo seguir escorrendo o bulto ante a perrencha dalgún. Teño que felicitar á selección española, hostia!

Así pois, os meus parabéns ao equipo adestrado por Simón Cabido «Doña Croqueta»: De esquerda a dereita e de arriba a abaixo… Josema Yuste, Eloy Arenas, Raúl Sender, Andrés Pajares, Alfonso Lusson, Luis Sánchez Polack «Tip», Juanito Navarro, Fernando Conde, Fernando Esteso e José Luis Coll.

Porque de feito estes días foron moitos os que saíron do armario recoñecendo que de cativos tiveron o traxe de Arconada, que vibraron co España-Malta ou que levaban un bandeirín da rojigualda na roda dianteira da bici. Eu tamén recoñezo todo iso e engado que lamentei profundamente a derrota perante Bélxica en México’86. Por sorte, pouco máis tarde, non sei se tivo que ver que un alma caritativa me dera un raquetazo na cachola xogando ao ping-pong, que deixei de ir por España. Agardo que, coma min, moitos nenos galegos (e non tal) rematen caendo da burra, pero sen golpes na cabeza, por vontade propia.

Tres cousas máis alleas a isto que non podo deixar no tinteiro:

1. A Facenda pública reclámalle ao expresidente do Celta, Horacio Gómez, e ao seu consello a nada desprezábel cantidade de 33’5 millóns de euros pola súa mala xestión. Penso que pode facer fronte tranquilamente a esta débeda pola fortuna que amasou xa nos anos oitenta coma pinchadiscos en programas infantís, e máis tarde coma produtor de viño, cervexas e gaseosas.

2. Parece ser que o chivato de Paul vai ser trasladado ao zoo de Madrid para que morra de vello (disque lle quedan poucos meses). Moito mellor para nós, que así nos queda máis perto para tentar de cumpri-la nosa promesa de secuestralo, mazalo contra as pedras e xantalo á feira, en caldeirada, á mugardesa… xa veremos. Tampouco se descarta darlle morte alí mesmo co método do secador ou radio enchufados e tirados ao acuario para que as piche electrocutado.

3. Os «BOISANBOIS». O meu vello onte, dicindo non sei que dos BOIXOS NOIS.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Defecacións verbais, Espanholadas | 5 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo