Raúl selección, xa!

8 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

raulseleccion.JPG

Xa estaban a tardar. Tantos meses dando a vara medios de incomunicación, futbolistas, seareiros... que ao final a un grupiño destes últimos se lles ocorreu facer algo que se vía vir, e non é outra cousa que crear unha páxina de apoio para que Rául estea na vindeira Eurocopa. O enderezo desta nova frikada ciberespacial: www.raulseleccion.com.

Os obxectivos desta nova plataforma son "impulsar unha campaña para que algo se mova nos corazóns dos españois, o fútbol é orgullo nacional, o son os nosos clubes e o debe de ser a nosa selección, non comandada por ningún capitán mellor que Raúl". ¡Qué conmovedor!

"Raúl é un gran líder, tanto fóra coma dentro do campo, polo tanto o mínimo que se merece, na nosa opinión, e dada a súa actual forma é un recoñecemento de toda España. Non caiamos no malo costume de desmitificar aos nosos mitos nacionais, para calquer outro país Raúl sería mucho más de lo que está a ser para Luís".
¡Aragonés, cabrón, fóra da selección!

Por aí xa se está apuntando a idea de crear unha plataforma para conseguir que Raúl non vaia á selección. Se sae adiante, dende logo que poden contar con todo o meu respecto, apoio e até cartos se é preciso.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Espanholadas | 2 Grandísimas aportacións »

Ver moito fútbol causa trombos

22 de novembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Alomenos iso é o que sostén Ramiro Rivera, ex-profesor xefe do servicio de ciruxía cardiovascular do hospital Gregorio Marañón, o único supervivente do equipo médico que tratou a Franco dunha tromboflebite uns meses antes de cascar. O tipo aproveita agora para publica-lo acontecido neses días, e entre outras cousas asegura que a causa máis probábel da tromboflebite de Franco foi que "se lle deu por estar tanto tempo sentado nese sillón baixo, durante toda a fin de semana, vendo partidos de fútbol do Campionato Mundial de 1974, o que gañou a selección alemana á de Holanda na final".

portada_peq_franco_ha_muerto.jpg

Até este momento, e segundo as biografías do dictador, os trombos se debían á presión da caña de pescar sobre a ingle. Ramiro Rivera, que non sei se é mestre cervexeiro dende 1906, tira por terra esa teoría, e considera que pescar atúns ou salmóns de vinte kilos non é malo para a saúde, senón estar piltrado na casa vendo fútbol.

Así que xa sabedes, se non queredes rematar como o da foto, non se vos ocorra ver moito fútbol nas fins de semana no salón da casa, e moito menos sentados nun sillón non homologado pola UEFA. Se os partidos son por LaSexta, aparte de tromboflebite podedes rematar tamén mal da cachola. O que avisa non é traidor.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Espanholadas, Mundo viejuno-celebrities | 1 Grandísima aportación »

Picoletos vs. Xitanos

18 de agosto do 2007 perpetrado por otraveseiro

A ninguén se lle escapa que os torneos de verán xa non son o que eran, que cada vez vai menos xente a ve-los e que as recadacións non dan nin para pagar aos árbitros. Pois namentres o Teresa Herrera, Colombino ou Carranza van a pique, un novo trofeo irrumpe con forza.

Este trofeo, que xa vai pola segunda edición, chámase Memorial Victoriano Montes e se disputa este sábado na localidade de Pueblonuevo, na provincia de Badaxoz, e é organizado por un tal Fernando Medina "El Almeja". A particularidade deste torneo é que os equipos participantes (formato triangular) están formados por gardas civís, xitanos e artistas, e a recadación irá a parar a Cáritas Diocesana de Badaxoz.

espanholadas2.JPG

Se descoñecen as aliñacións, pero polo que se puido saber o equipo da Benemérita está bastante descompensado porque a meirande parte dos futbolistas xogan pola extrema dereita. A liña de atrás practica unha defensa bastante dura, raiando a violencia. Pola banda dos xitanos, predominan os medios centros defensivos, que teñen moita facilidade para roubar balóns, como non podía ser doutro xeito. Coma os picoletos, tampouco xogan moi limpo.

No que atinxe aos artistas, tamén se descoñece a formación inicial, pero garantiu a súa presencia Juan Carmona, do grupo Ketama (ou Kemata). Agardo que non os denuncien por aliñación indebida, xa que ese de artista non ten moito. Tamén xogarán os exfutbolistas Roberto Fresnedoso, ex do Espanyol e Atlético entre outros, e o Mono Burgos, que ben seguro nos deixará algunha cantada desas que nos tiña acostumado cando era profesional.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Espanholadas | Comenta, non sexas rata »

Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo