17 de Xuño do 2013 perpetrado por
o traveseiro
Arquivado en Estás sen nome |
1 Grandísima aportación »
6 de Outubro do 2011 perpetrado por
o traveseiro
En tódolos vestiarios de equipos de fútbol hai maniotas (agujetas), sobor de todo en pretempada e coma mínimo unha rexubeira (cotilla), este último tamén en calquera choio, comunidade de veciños, escola… Máis no Rápido de Bouzas, da Terceira División, hainos literalmente.

Xogan de defensas, un no eixo e outro no lateral, son titulares e teño entendido que tamén bastante duros e expeditivos. Á marxe disto, salientar que o Rápido é un clube bastante paranormal, e non o digo por ter ao paquete exfutbolista Xurxo Otero non seu staff técnico, senón por esta curiosa nova da web oficial.
Arquivado en Estás sen nome |
6 Grandísimas aportacións »
8 de Setembro do 2011 perpetrado por
o traveseiro

Recoñezo que as vacacións foron un tanto longas, porque coma destapou o noso caro amigo Zimmer103, estabamos tomando canhas, entre outros, con Sócrates e Andy Carroll (a pesares da vixilancia intensiva do represor Capello).
Mais xa estamos de volta, así que dende xa empezaredes a recibir dende este humilde blogue a vosa ración do porteiro polaco da foto, agardemos que se non diaria, si máis a miúdo que nos penosos últimos tempos.
Arquivado en Autobombo, Estás sen nome |
3 Grandísimas aportacións »
21 de Maio do 2010 perpetrado por
o traveseiro

Disque foi sancionado con nonseicantos partidos sen xogar por non sei que movida. Se alomenos fose por romperlle a tibia, o peroné e mailos ósos propios do nariz a Pedro Ruiz… pero que va!
De momento vai tentar conseguir ficha no Den Haag holandés. Se finalmente o logra vai ter que loitar polo posto de titular na portería cun tal Boy Waterman, un magnífico nome deportivo que me leva aos meus tempos no instituto, onde nun exame de inglés había unha proba na que había que traducir a ese idioma unha serie de profesións.
Logo de corrixilos, a mestra (coñecida agarimosamente coma Mary Poppins) manifestou publicamente a súa indignación porque os alumnos, en troques deixar en branco os que non sabían, poñían barrabasadas para a ver se soaba a frauta, e poñía coma exemplo o caso de FONTANEIRO (plumber), onde algúns o traducían coma FONTAINER, ou, coma o caso que nos ocupa, coma WATERMAN.
Arquivado en Estás sen nome, Idas de olla |
3 Grandísimas aportacións »
2 de Agosto do 2009 perpetrado por
o traveseiro

Tiña un gran olfato goleador, pero seica Elvis Scoria estivo acatarrado durante toda a súa estancia en Lleida. Na súa presentación en setembro do 97 (onde prometeu un mínimo de dez goles que ao final quedáronse nun só) o seu representante púxose a tararea-lo mítico tema dos R.I.P. «Escoria» («Nosotros somos la escoria y escoria os vamos a dar…») pero ninguén dos presentes pillou a mensaxe subliminal… até que transcorreron os meses e se decataron de que lles venderan un manta que estaba todo o tempo lesionado.
Para saber máis da vida, obra e miragres deste elemento, pasade, como non podía ser doutro xeito, por Renaldinhos & Pavones.
Arquivado en Estás sen nome |
Comenta, non sexas rata »
11 de Novembro do 2008 perpetrado por
o traveseiro

Estiven a botar un repaso ao álbum de cromos de fútbol da tempada 08-09 da miña sobriña e quedei estupefacto. Son bastantes os fallos que acho no mesmo, coma por exemplo que haxa máis cromos por equipo que espazos para que se poidan pegar. Isto o solucionan poñendo nun espazo baleiro «Pon al que prefieras», e te veñen dous nomes, por exemplo (non é o caso) Messi ou Eto’o. Así, se tes os dous cromos, pegas no espazo correspondente o que máis che preste, e o outro, como non hai sitio para el, o pegas na neveira, na túa fronte, ou cho comes con patacas, pero esquécete de poñe-lo no álbum porque non ten un sitio asignado.
De feito, isto acontece na casiña do noso protagonista: «Pon al que prefieras. Awat o Fabricio». Como é lóxico, a cativa está agardando a obte-lo cromo de Fabricio. Unha auténtica chapuza, entre outras moitas, pero que poden ter un pase. Non así o cromo escaneado, que non hai por onde collelo e é un atentado contra a intelixencia humana, e en especial, dos coleccionistas futboleiros.
Os de Panini, ou Colecciones Este… de que vai? en lugar de poñer o nome correcto do porteiro israelí Dudu AOUATE, poñen AWAT, e fican tan anchos. ¿Cales son os motivos que levaron a estes fenómenos da natureza a meter un gambazo de tal calibre? As miñas cinco teorías ao respecto:
1. O editor é un rapaz de 16 anos que repetiu párvulos, e só sabe escribir en linguaxe abreviada porque se pasa todo o puto día mandando mensaxiñas co móbil.
2. O editor é adulto pero se pasa o día esnifando a cola dos cromos.
3. Na imprenta son antisemitas, e poñen mal para foder.
4. Aouate perdeu o nome da hostia que lle meteu Munúa, e cando foi a recollelo do chan a O, a U e a E estaban escachadas e tiveron que botar man da W.
5. O encargado de escribilo preguntou como se poñía e lle dixeron que «Tal como suena».

Eran outros tempos, a día de hoxe porían Encono
Finalmente, as cinco dúbidas que me asaltan:
1. ¿Como escribirían o nome do seu representante, Gustavo Crmko, se tivera cromo?
2. ¿Canto me poderían dar por el se o subasto?
3. ¿Terían que pechar Panini ou facer un E.R.E. se ese fallo o teñen con outro xogador con máis nome, por exemplo Bollan Criquis (Bojan Krkic)?
4. ¿Cometerán os mesmos erros os de Panini con outras coleccións que non sexan de fútbol, coma por exemplo no «interesante» álbum Barbie Dulces Momentos, publicando un cromo de Barbie botando un polvo con Kent?
5. ¿Debería respostar á enquisa da súa páxina web onde preguntan Cómo te has enterado de que existe la página Web Panini e dicirlles que se non meteran cafradas nos cromos endexamais os visitaría?
Arquivado en Estás sen nome |
3 Grandísimas aportacións »
8 de Xullo do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Hai un par de horas fun botar unha ollada á despensa da cociña a ver se pillaba algunha lata de mexillóns para tomar en bocata de cea, que se me antoxaba. Na miña casa rara vez se mercan conservas que sexan de marca, aquí non vas atopar Calvo ou Rianxeira, senón atún Leocadia ou filetes de anchoa El Consorcio (ex-Mocedades). Estas anchoas son tan grandes que eu cada vez que abro unha lata digo o mesmo, que esto non é un filete de anchoa, é un Eugenio Etxebeste. Un Antxon, vamos.
Ben, pois ao que ía, pillo unha lata de mexillóns e cal é a miña sorpresa ao comprobar que é dunha marca nunca vista na miña despensa até o de agora: NOLY. Automaticamente me veu á mente o careto do exfutbolista do Celta dos oitenta, Manuel Alonso Méndez, coñecido futbolísticamente coma NOLY.

Dedúcese que o seu nome artístico lle ven de Manuel, Manolo, Manolito, Manoli, Noli. Foi un lateral dereito da mesma promoción que Rodolfo Dapena, pero que correu distinta banda do Celta. Na foto aparece co cabelo en permanente, pero eu sempre o recordo co pelo liso, que é como sae noutras fotos que teño del pero ca camisola do Elxe, mais prefiro poñe-lo ca do Celta, sobretodo por foder. Eso si, sempre con bigote, como debe de ser. O acoplado de detrás se trata de Jimmy Hagan Juego, pronunciado algo así como Yimi Jeigan, un defensa irlandés que aparte de ser irlandés, tamén o parecía.
Volvendo á lata de mexillóns, se me pasou pola cabeza que ao mellor a empresa era do propio Noly, en vista de que é vigués e que os mexillóns son das Rías Baixas. Nada máis lonxe da realidade, o dono da conserveira non é o exfutbolista e os mexillóns non son galegos, senón de Chile. «Coitelo de pao na casa do ferreiro» di o refrán, como cando mercas o leite galego que en realidade é francés, a pataca galega de A Rioxa ou os percebes marroquinos.
Arquivado en Estás sen nome, Mundo viejuno-celebrities |
3 Grandísimas aportacións »
3 de Xullo do 2008 perpetrado por
o traveseiro

De entre tódalas pequenas marcas de roupa deportiva (visten entre 0 a 2 equipos profesionais) hai dúas que chaman a atención polo seu nome. Unha é CEJUDO e a outra JAKO. Hoxe falarei da primeira porque da segunda tería que poñer algunha foto de Imperioso ou dun ionki meténdose un pico e non me apetece agora poñerme a pesquisar por internete, polo tanto falaremos de Cejudo.
A empresa foi fundada no ano 1925 D.C. por Ildefonso Cejudo Parreño, pero foron os seus fillos, alá polos anos setenta, os que decidiron adicar a actividade da empresa a fabricar roupa deportiva, e máis concretamente, calzado. Segundo presumen, Cejudo foi a segunda marca de España máis vendida no ano 1983. Supoño que a primeira sería Paredes e por detrás estaría Yumas (reservadas para xente con gran poder adquisitivo) ou mesmo Golfitos. Me escarallo que na súa web din que os establecementos especializados en roupa deportiva «esixen que os productos se apoien en xogadores e equipos de recoñecido prestixio», e nomean a clubes que patrocinan ou o fixeron anos atrás como Recreativo, Almería ou Xaén, e a xogadores de fútbol de primeira categoría (textual) como Darío Silva, Benjamín ou Ito… O primeiro, perdeu unha perna nun accidente de coche, non puido pisar ben o freo por culpa da baixa calidade das súas zapatillas de deporte Cejudo. Os outros, eternas promesas que se non se xubilaron xa están tardando.

O que tiñan que facer nesta empresa para ter éxito é patrocinar a xogadores que levaran o nome da marca non nas botas, senón nas cellas. Nos oitenta e noventa si sería sinxelo atopar cejudos, mais a día de hoxe é farto compricado ver a futbolistas que non se depilen as cellas, por eso este consello a Cejudo chega demasiado tarde. Entre as decenas de fotos de futbolistas cejudos escollo unha dun, Fernando Hierro, que tira por terra a miña teoría de que ter as cellas unidas polo medio é un símbolo de intelixencia, por aquelo de que une as dúas partes do cerebro. Esa alomenos é a escusa que pon un cejijunto coma min para non depilarme as cellas.
Arquivado en Estás sen nome |
6 Grandísimas aportacións »
23 de Maio do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Moita bravura na Coruña, o dianteiro Omar Bravo fichou polo Deportivo…
- OMAR BRAVO mexicano, os vindeiros tres anos en Riazor:

- O MAR BRAVO coruñés, tódolos anos en Riazor:

Arquivado en Estás sen nome |
Comenta, non sexas rata »
6 de Maio do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Miro o calendario e descobro de casualidade que hoxe é San Heliodoro. Calqueira futboleiro que se prece rapidamente relaciona este nome co estadio do Club Deportivo Tenerife, o Heliodoro Rodríguez López. Con eses apelidos é lóxico que o estadio se coñeza como O Heliodoro, a diferencia dos Bernabeu, Calderón, Carranza ou Villamarín, por poñer exemplos de campos de fútbol con nome de persoas. Non lles vas chamar Santiago, Vicente, Ramón e Benito respectivamente, hai que ser serios. Mención aparte merece o campo do Valladolid, Zorrilla, que non a todo futboleiro que o escoite se lle ven á mente o estadio, senón Nuria Bermúdez, Mar Flores, Ana Obregón ou calqueira veciña, exmoza, exmuller…

O expresidente que dá nome ao campo tinerfeño de seguro que de cativo odiaba aos seus pais por poñerlle ese nome, mais imaxínense si se chega a chamar Manuel, non tería tanta transcendencia na historia. Seguro que hai millóns de españois que se chaman Manuel Rodríguez López e poderían presumir de dar nome a un campo de fútbol.
Como podedes apreciar, en lugar de acompañar a entrada cunha foto do estadio ou do tal Heliodoro Rodríguez opto por deixar a imaxe dun tal Francisco Zuppo, friki tinerfeñista dos anos 50, sen dúbida moito máis interesante. Este tipo saltaba ao campo para ameniza-lo ambiente nos prolegómenos dos partidos dirixindo os cánticos dos afeccionados dende o círculo central. E sen megáfono, nin micro, nin hostias. Era o Alfredo Kraus chicharreiro.
Arquivado en Estás sen nome, Mundo viejuno-celebrities |
2 Grandísimas aportacións »