Se necesitan carrileiros

14 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

banda-ancha.JPG

O acabo de ler en La Voz de Galicia. O fútbol galego non está sobrado de laterais de longo percorrido e extremos que penetren ben a banda ancha do campo. Ollo, carrileiros medianamente decentes, non nos volvamos tolos e comecemos a pedi-lo retorno de Míchel Salgado. Ese se tal que se vaia con Agag e Briattore a Inglaterra a tronzar nocellos.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | Comenta, non sexas rata »

Os culpábeis da deforestación do planeta

13 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Disque unha gran porcentaxe das bobinas de papel que se producen no mundo se usan para impresión de libros, cadernos, folletos, xornais, recibos, facturas, papel hixiénico, papel de uso sanitario, etc... Se sumamos todo iso dá para moito papel de diola, pero de tódolos xeitos non afectaría tanto á deforestación do planeta se non fose pola excesiva producción que se fai dos libros e do papel hixiénico. Pero non porque á xente lle guste ler, que nin de coña, nin porque se use en demasía o papel hixiénico para limparnos o cu, que bo... eso cada un saberá (eu polo menos non levo frenazo nos calzonciños). Os verdadeiros grandes causantes son:

fernando-potter.JPG

Harry Potter.
Se temos en conta que do primeiro exemplar do libro de J.K. Rowling se venderon 110 millóns de exemplares, que sumando as cinco seguintes entregas fan 400 millóns de copias, que van polo sétimo libro e que cada un deles ten unha media dunhas 800 páxinas...

papeis-racing.JPG

Os seareiros arxentinos.
Aos que lle gusta sobremaneira saudar a saída do seu equipo ao campo lanzando toneladas de papel hixiénico. Se multiplicamos os roios de papel que se tiran nun partido por tódolos que se xogan ao ano entre Apertura, Clausura, competicións internacionais e amigábeis...
Aínda que non se aprecie na foto, aí detrás hai unha portería e detrás desta os afeccionados do Racing Club de Avellaneda.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Cuspidinhos, Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

Austria-Togo-Alacante conection

16 de xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

macho-hercules.jpg

Na miña vida tal cousa vin. Seareiros do Hércules de Alacante en Togo... xa é cousa rara, pero é que á súa vez son fans do porteiro da selección austríaca, Jurgen Macho. Só falta que éste último diga que o seu ídolo é José Antonio Camacho.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | Comenta, non sexas rata »

Para os devotos e de botas

15 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

kelme-swaroski.JPGPolo actual Salario Mínimo Interprofesional (600 euros) te podes calzar unhas botas de fútbol de luxo. Eso é o que custan un par da marca Kelme recubertas de cristais tallados de Swarovski, un austríaco que non me lembro agora en que equipo xogaba. Si recordo a Dobrowolski (Castellón), Kitanovski (Sabadell), Kanatlarovski (Deportivo) e Lewandoski (Logroñés). Calquera día falo algo deles, se é que non saen antes en Renaldinhos & Pavones. Pois o caso é que hai catro modelos de botas desas, segundo o tipo de cristais que leven incrustados, Diamante, Rubí, Zafiro e Azabache. Kelme tamén ten unhas máis asequibeis por 500 euros, de pel de tabeirón, as The One, en edición limitada, supoño que para cerebros limitados. Ben, pois para os que lle preste facer o ridículo sen gastarse esa pasta nunhas botas, vos deixo catro modelos a escoller de seguro que máis asequibeis.

1. O Sadomaso!!

nike-spurs.jpg

Este modelo é ideal para os futbolistas do Tottenham Hotspurs, para os leñeiros que lles mole feri-las pernas dos contrarios e para os que lle guste celebrar goles montados uns enriba dos outros berrando "jía, cabalo, jía!!" cravándolle as espuelas nas cachas aos compañeiros e estes desfrutando ca dor. Ademais son da marca Nike, ou sexa, que nike limpalas, nike enceralas... un luxo.

2. O Gili!!

healy.jpg

Levan rodas en lugar de tacos, o seu nome oficial é heely e é ideal para futbolistas como Arizmendi, que van a toda hostia polo campo pero patinando e caéndose cada dous por tres.

Son da marca Puma (patrocinador de Guti e Etoo entre outros) e o seu lema é "Se queres facer o gili, cálzate unhas heelys".

3. O Naranjito!!

bota-naranjito.jpgIdeais para nostálxicos e coleccionistas de material deportivo retro. É o modelo de bota que sempre soñaron calzar os Salva Ballesta, Raúl ou Hierro.

Por fóra está forrada en pel de touro de lidia e por dentro con pel de laranxa, como non podía ser doutro xeito. Ademais os cordóns están feitos con pelos de porco ibérico e a bota está pintada a man polos rapaces da Fundación Amigos de Naranjito.

4. A Zoca!!

adidas-zoca.jpg

A mellor de todas, modelo Made in Galician Country, fabricado por Adidas. Con esas botas pegas uns patadóns ao balón que o rebentas, con elas é imposíbel esvarar, e, en defensa, pobre do que sufra unha entrada túa calzándoas que se queda sen tibia, peroné, rótula e todo óso que se cruce polo medio.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

As mans onde eu as vexa

24 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

meliton-herculano.JPG

Vello, calvo, gafas de sol do ano da pera, traxe azul, cara de moi mal hostia... tranquilos!, non se trata de Melitón Manzanas nin de calquer torturador da Brigada Político-Social identificándose. É o Conselleiro de Seguridade do Hércules de Alacante mostrando os tickets que se lles entregan no Estadio Rico Pérez aos afeccionados que deixen obxectos perigosos en consigna, como paraugas ou cascos de motorista, e que poderán canxear tralo partido. Pido perdón polo susto a todos aqueles elementos subversivos que se jiñaron ao ler o título e ve-la foto.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

Dieta de Munitis

15 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Os xogadores que foron compañeiros del, así coma técnicos e médicos que o tiveron ás súas ordes aseguran que o actual xogador do Racing de Santander, Frodo Pedro Munitis é un caso único en Europa dun profesional tan recto no coidado do seu corpo e no traballo. Non lle basta con matarse nos adestramentos (e despois dos mesmos no ximnasio) que ademais leva a raxatáboa unha dieta imposta por el mesmo.

Consiste en paparse á comida gran cantidade de hidratos de carbono suprimindo as graxas, e pola noite menos hidrato e máis proteínas a base de verduras. O tipo se mete ao mediodía 180 gramos de pasta e 50 de noite (3.800 calorías ao día). ¿E como sabe o que inxiere? Sinxelo, Munitis pesa os alimentos antes de consumilos, así, ás concentracións se leva a comida da casa nos típicos tupperwares, previo pesaxe dos mesmos. Sempre o xusto, para a comida e para a cena, e no hotel llo cociñan ao seu gusto.

¿Qué obtén Munitis pasando dun dos mellores praceres da vida que é comer? Basicamente non ter nin unha soa rotura de fibras dende que é profesional e sentirse ben consigo mesmo. Parecerá unha estupidez, pero hai xente á que lle gusta ser coma Munitis (excepto altura), marcar tableta de chocolate no ventre e ter xemelgos de ferro. E moitos o conseguen, vaia se o conseguen, pero pagando un alto prezo, coma Munitis, privándose de enchentas a base de mariscadas, churrasco e demais praceres en cantidades industriais. Eu por exemplo non me privo de nada, e, sen embargo, non estou fondón, teño un corpo atlético, estou san, mido bastante máis que Munitis e, ademais, son moi ghuapo (internet, ese sitio onde é tan fácil mentir sen que che descobran).

case-munitis.jpg

E todo elo sen necesidade de tomar catro fideos, un xurelo á prancha e unha folla de leituga. A miña dieta consiste en beberse pola mañá cedo antes do café doble con leite e os dous Donuts, un Actimel de Danone (¿danone vai ser? da neveira) con CASEI IMUNITASS. Non te poñerás coma Munitis, pero case.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 2 Grandísimas aportacións »

A cara descoñecida de Pippi

25 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Non me estou a referir a José Manuel Pipi Estrada, playboy e xornalista (?) deportivo, senón a Pippi Langstrump, coñecida por estes pagos coma Pippi Calzaslargas.

fnoordtattoo.jpg

Non tiña nin idea que fose afeccionada ao fútbol e seareira do Feyenoord holandés, e si que tiña unha forza descomunal para ter nove anos, pero non que fose capaz de erguer cunha soa man, e arrincándoo do chan, o estadio De Kuip de Rotterdam. E mira que vía a serie de cativo, pero até hoxe nin conta me dera desa afección súa.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla, Xentes da grada | 5 Grandísimas aportacións »

Pequenas molestias nun nocello

12 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

aaaagh.jpg

- Bos días, doutor.
- Bos días, dígame que lle pasa.
- Sinto molestias no nocello esquerdo e me doe sobretodo cando me descalzo.
- A ver, ¿lle doe cando lle toco?
- Un pouco sí, ¿de que se pode tratar?
- Tería que facer unha exploración polo miúdo, pero así, a simple vista, non me ten moi boa pinta, podería tratarse de...
- Doutor, por favor, non me teña en vilo, ¿de que se trata?
- Está ben, llo direi, pero non se asuste. Ten completamente o nocello revirao e onde debería ter os dedos dos pés ten o tacón.
- ¿E iso é grave?
- Non o sería se vostede fose un boneco Airgam Boy, pero é humano, e os humanos de momento non podemos darlle voltas ao pé así coma así. Só o fai David Copperfield e algún máis, pero non vostede, nin eu.
- ¿E terei que deixa-lo fútbol?
- Non, sempre que non se poña nas mans do doutor Borrell, especialista en foderlle a vida a futbolistas. Sendo xogador profesional non terá problemas para ser operado de xeito rápido e gratuito, e seguir cobrando sen dar pancada namentres non estea curado.
- Pero doutor, eu non sirvo para estar parado.
- Pois entón vai facer anuncios de Levi's deses que sae xente dándolle voltas ao pescozo, ás mans e ás pernas namentres non che poñan os tornillos no pé. Trunfarás, sen ningunha dúbida.

EDITADO: Ese pobre desgraciado é Jacob Olsen, futbolista do Viborg danés nun partido que se enfrontou ao Vejle o 15 de Outubro de 2006.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 8 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo