Pequenas molestias nun nocello

12 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

aaaagh.jpg

- Bos días, doutor.
- Bos días, dígame que lle pasa.
- Sinto molestias no nocello esquerdo e me doe sobretodo cando me descalzo.
- A ver, ¿lle doe cando lle toco?
- Un pouco sí, ¿de que se pode tratar?
- Tería que facer unha exploración polo miúdo, pero así, a simple vista, non me ten moi boa pinta, podería tratarse de...
- Doutor, por favor, non me teña en vilo, ¿de que se trata?
- Está ben, llo direi, pero non se asuste. Ten completamente o nocello revirao e onde debería ter os dedos dos pés ten o tacón.
- ¿E iso é grave?
- Non o sería se vostede fose un boneco Airgam Boy, pero é humano, e os humanos de momento non podemos darlle voltas ao pé así coma así. Só o fai David Copperfield e algún máis, pero non vostede, nin eu.
- ¿E terei que deixa-lo fútbol?
- Non, sempre que non se poña nas mans do doutor Borrell, especialista en foderlle a vida a futbolistas. Sendo xogador profesional non terá problemas para ser operado de xeito rápido e gratuito, e seguir cobrando sen dar pancada namentres non estea curado.
- Pero doutor, eu non sirvo para estar parado.
- Pois entón vai facer anuncios de Levi's deses que sae xente dándolle voltas ao pescozo, ás mans e ás pernas namentres non che poñan os tornillos no pé. Trunfarás, sen ningunha dúbida.

EDITADO: Ese pobre desgraciado é Jacob Olsen, futbolista do Viborg danés nun partido que se enfrontou ao Vejle o 15 de Outubro de 2006.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 8 Grandísimas aportacións »

O circo de La Romareda

5 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

milikis.JPG

Non gañan para disgustos no Real Zaragoza. ¿Onde está a virxe do Pilar cando se lle necesita? Son moitas as casualidade circenses: Tiñan a dous irmáns que se apelidan Milito, un deles de nome Gaby, que foi traspasado. O presidente se chama Agapito e o director deportivo Pitufo Pardeza. Hai uns meses cesaron ao adestrador Víctor Fernández, e o seu substituto, Garitano, se pirou á semana. Remplazouno Jabo Irureta, que onte presentou a súa dimisión entre outras cousas porque a súa mensaxe non chegaba ao vestiario.

Pois para que a mensaxe chegue ao vestiario o presidente decidiu fichar como adestrador a Miliki, que para máis inri se apelida Aragón. Miliki se dirixirá "A mis niños de treinta años" para que comencen a gañar partidos porque senón van para segunda de cabeza. No vestiario sonará antes dos partidos "La gallina Irureta", en homenaxe ao anterior adestrador que os deixou tirados; "Hola Don Agapito", en referencia ao presidente; "Feliz en tu día" (o Zaragoza cumpre 75 anos); ou "Como me pica la nariz", para os seareiros máis farlopeiros.

Ademais, nos desprazamentos en autobús soará, como non, "El auto nuevo" facendo unhas pequenas variacións na letra para adapta-la aos novos tempos: "En el auto de papá nos iremos a pasear... vamos pa segunda, pi, pi, pi, en un auto feo, pero no me importa, pi, pi, pi, porque la Expo es en Zaragoza". Este tema será interpretado a coro polos xogadores no autobús a excepción de Juanfran, onde só poderá cantar o de pi, pi, pi.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Cuspidinhos, Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

Discriminación por razón de bici

3 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Disque na maioría dos países árabes as mulleres non poden asistir a partidos de fútbol, e nunha minoría sí que poden, pero teñen que estar separados dos homes. Pois en Europa tamén as mulleres sofren discriminación á hora de ve-lo fútbol, e a proba a temos nesta imaxe.

bicis1.jpg

Antes de nada, explicarvos que no Imperio Pequeno os xubilados e parados se pasan esas longas xornadas de lecer ollando obras, dando de comer ás pombiñas nos parques, e, un grupo bastante numeroso, no bar, empinando o cóbado. Mais nos países do Leste optan por coller ese magnífico, sano e, polo que se ve, utilísimo medio de transporte chamado bicicleta e acudir a ve-lo adestramento ou partido do teu equipo sen pagar un can. Porque alí non é como aquí, que as bicletas son para o verano, non, noutros lados tamén son para o inverno, para o outono e para a primavera.

Dito isto, vou a explicarvos onde este tarado ve discriminación algunha contra a muller, sobretodo aí, onde non hai nin unha soa. Efectivamente, ao que chegamos a albiscar nesa ringleira só hai homes vendo polo morro un partido de fútbol. Fixádevos agora no tipo da segunda bicicleta, no primeiro plano. É o único que non alcanza a superar o valado, ¿e por qué? Pois pola sinxela razón de que se está a apoiar nunha bici de mulleres, de esas que non teñen barra no cadro.

Se o biciclista este se subira a unha bici para homes non tería problema algún, coma os seus compañeiros, pero como leva unha para femias ten que conformarse con ve-lo fútbol de puntiñas ou a saltiños, ou preguntarlle ao do lado o que acontece. Polo tanto, queda claro que as mulleres non poden ver fútbol sen necesidade de pasar por caixa, a non ser que usen unha bici para homes, co perigo que supón para a súa integridade física.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla, Xentes da grada | 3 Grandísimas aportacións »

Carlos… ¿va uté bien?

27 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

va-ute-bien.jpg

Non, ben non pode ir, e por moitas razóns:

-Está só nunha especie de celda de manicomio, totalmente branca e cunhas sábanas no chan.

-Leva pendurada das costas unha camisola do Madrid co seu nome e sen dorsal. ¿Onde se viu tal cousa?

-Leva unha tea de araña na súa zapatilla.

-Está a piques de pisar unha bufanda (¡negra!) do Madrid na que reza Halamadrid, así, todo xunto.

-Fai ca súa man o aceno de pegarse un tiro en toda a sien, ou cando menos, xesto de que está coma unha puta cabra.

-A pesar de todo iso, se está a rir.

Vendo o percal este... ¿como vai a ir ben?. Por certo, pronunciar o título con acento da República Bolivariana de Venesuela.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Estás sen nome, Idas de olla, Odioteca | 3 Grandísimas aportacións »

Fans de Messi, con Esquerda Unida

26 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

messi-iu.jpgQue se forme unha plataforma de apoio a Zapatero paréceme unha chorrada, pero ten un pase. Que os que poñan a cara nesta plataforma sexan artistas e intelectuais xa dá moito que pensar. Pero que nesa lista aparezan nomes como os de Miguel Ríos, Pedro Almodóvar e Miguel Bosé, entre outros moitos... xa é para saír correndo. Se xa non pensaba votar ao PSOE agora moitísimo menos, pois non pode ser nada bo algo que apoien eses gualtrapas.

Por outra banda, o PP tamén ten a súa tropa de defensores famosos. Entre este grupúsculo se atopan o omnipresente Bertín Osborne, un dos Morancos, o actor Pepe Ruiz (Pepa e Avelino) e Antonio Ozores. Imaxino que este último se pronunciaría ao respecto por escrito, porque a ver quen carallo lle entende vía oral.

Pero a mellor plataforma sen dúbida é a formada por seareiros fans de Messi que apoian a Izquierda Unida. De momento só a forma o tipo da foto, que non sabemos como se chama, pero que non dubidou nin un intre en coller a pintura sobrante da faciana e escreber a dedo os nomes do seu ídolo e da súa opción política.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla, Xentes da grada | 1 Grandísima aportación »

Koeman, ponte o casco

29 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

ponte-o-casco.jpgRonald Koeman (nunha mestura entre galego/espanhol/inglés viría a ser Cuman=Hombreculo) leva unha racha no Valencia de agárrate e non te menees. Dende que se fixo cargo da dirección técnica en substitución de Quique Flores, caeu eliminado da Champions, da UEFA e, na Liga, está fóra dos postos europeos... e baixando. Lle están a caer hostias (metaforicamente) por tódolos lados, e ao paso que va lle caerán literalmente.

Por iso aconséllolle que se poña un casco para atura-las, por suposto o oficial do Valencia CF. E o presidente, Juan Soler, debería facer o propio, sempre que lle colla na cachola, porque ca tremenda papada que se gasta o vexo difícil.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

Síntoma de que estás a ver moito fútbol

28 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

liga-italianapreview.jpg

Se che poñen una pizza diante e a cortas en porcións hexagonais dunha maneira que a pizza pareza un balón... é un síntoma de que estás a ver moito fútbol.

Se a cortas dese mesmo xeito e namentres o fas poste a berrar coma un poseso paridas como ¡Salinas... tiki-taka... fútbol con fatatas!!! e demais chorradas... é un síntoma de que estás a ver moito fútbol por LaSexta.

En calqueira dos dous casos a miña humilde recomendación é visitar urxentemente ao psiquiatra.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

Rotura do recto posterior

18 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

rotura-recto.jpg

Recoñezo que non teño nin idea de medicina deportiva nin tampouco de lesións neste eido. E iso que tódolos días che bombardean na prensa cos partes médicos das doenzas dos futbolistas: "Fulanito de tal causará baixa para o vindeiro encontro por unha rotura no recto anterior da súa perna dereita". Todo un clásico. ¿Pero que é o recto anterior? Pois polo visto é a parte anterior do músculo cuadriceps que se inserta proximalmente na espiña iliaca anterior e inferior, e distalemente no tendón rotuliano. Forma xunto co vasto interno, o vasto externo e a proción crural o músculo chamado cuadriceps. Función: flexión (do muslo hacia o tronco) e extensión (da perna).

Mais pouco se fala do recto posterior. Na foto de enriba temos un exemplo dunha lesión nese sitio. Un xogador do Newcastle United lesiona de gravidade a un do Arsenal FC, causándolle unha rotura do recto posterior. En termos médicos viría a ser como unha desfragmentación do esfínter na zona do biceps anal interno.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 1 Grandísima aportación »

« Entradas Anteriores Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo