Ex-futbolista con ojete postizo
23 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O ex-futbolista francés Emmanuel Petit sacou unha autobiografía na que detalla tódolos seus excesos co luxo, o sexo e as drongas. Isto me fixo lembrar de Monsalvete, aquel futbolista do Betis alá polos primeiros noventa que, cando estivo cedido no Figueres, dera positivo por cocaína. Busco por internete a ver que foi da súa vida e descubro unha entrevista que lle fan nunha web bética onde se demostra que uns nacen con estrela e outros estrelados. Monsalvete está no segundo grupo.
A entrevista xa foi hai nove meses, e nela di que o único que lle pide á vida é un traballo fixo, porque ten catro fillos que manter e porque dos seus anos de futbolista non aforrou un chavo. Segundo el, en catro anos no Betis tan só gañou 11 millóns de pesetas, que lle parece pouco (atención, son 11 kilos de hai quince anos). O caso é que ao tipo lle gustaría volver a traballar de repartidor de pasteliños de Bimbo, que de tódolos chollos que tivo nos últimos anos ese era o que máis lle molaba. Sería porque se poñía cego a Tigretones.
Ben, pois o título ben a santo dunha pregunta sinxela como "Monsalvete, ¿que tal estás?" Responde que "Voy tirando, poco a poco. Me gustaría que las cosas me fueran mejor; pero es lo que hay y sigo pa´lante", para despois detallar polo miúdo os seus problemas de saúde. Penso que con dicer que estivo chungo do estómago e estivo ingresado un tempo no hospital chegaba, mais Monsalvete se lanza e xa non hai quen o pare:
"Hace un año, en enero... de 2006, estuve muy grave, casi ya nadie contaba con que saliera de esa. Tenía unos dolores de barriga y aguanté por lo menos cinco días antes de ir al Virgen del Rocío. Fue una barbaridad. Tenía apendicitis y llegué reventado, con gangrena. Estuve un mes en el hospital y me operaron dos veces; me pusieron un ano artificial y me salvé así. Recuerdo los botes de morfina, uno detrás de otro. Nadie pensaba que iba a salir vivo. Me quedé hecho un zombie, con la cara chupada. De 100 kilos pasé a pesar setenta y poco. ¡Uff! Que mal momento. Pero el peor fue otro, cuando entré en una depresión muy gorda. Fue hace cuatro años. Ahí perdí la cabeza. No tenía ganas de seguir pa´lante. Y me planteé de todo, la verdad. Estuve dos años fatal. Con los papeles perdidos, tenía menos tornillos... ¡Qué mal, mal de verdad! Toqué fondo."
Gangrena, operacións, morfina, zombies, falta de tornillos na cabeza... menuda película. Afástate Quentin Tarantino, que aquí chega Monsalvete.
chúzame - Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |
1 Grandísima aportación »





