Están tolos estes romanos

17 de marzo do 2010 perpetrado por otraveseiro

Licor café... a gasolina do povo!

Primeiro foi Paolo Di Canio, por certo, máis feo que pegarlle a un pai, e agora Mauro Zárate.

Un, italiano, e o outro, arxentino, pero ámbolos dous nacionalizados mongois.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Odioteca | 8 Grandísimas aportacións »

Pexorativo, o palabro de moda

11 de marzo do 2010 perpetrado por otraveseiro

Hoxe pasáronme un recurte da edición impresa de La Voz de Galicia do pasado domingo (si se descoidan me chega en 2014). Na sección de deportes, análise do encontro Deportivo-Tenerife, e nun apartado de breves...

Concretamente a letra dun deses cánticos consistía nun "o que non baile é Rosa Díez" acompañada dun animado bailoteo, e nunha balada con letra de amor: "Rosa Díez, filla de puta!!". Entendo que a devandita e acólitos non se poden ofender, se así o fan é porque non teñen sentido do humor ou son uns intolerantes, acomplexados e perturbados nacionalistas. Rosa, querémosche!

Por certo, que este debe ser o único blog futboleiro do mundo que non publica hoxe unha entrada sobre a eliminación do Madrid na Champions e tampouco se fai unha referencia a elo e... bueno, veña, vai!

Deseño de camisola visto aquí

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Odioteca | 8 Grandísimas aportacións »

Antes “Petón”, agora “Cara al Culo”

13 de febreiro do 2010 perpetrado por otraveseiro

Non é que me preste en demasía mergullarme neste temiña porque de seguro que xa se está a debater sobre elo nunha chea de foros e blogues, pero é que a grande cifra de DÚAS persoas piden que poña no seu sitio a José Antonio Martín Otín, alias Petón, e haberá que contentalos.

Recibindo un SMS de Primo de Rivera (por San Valentín) dende o máis alá

Á marxe do tema ideolóxico o tipo cáeme como unha patada nos collóns. Resulta insufríbel escoitalo nas retransmisións de fútbol, porque vale que o seu representado (Fernando Torres) xogue no Liverpool e lle desexe o mellor a este equipo, pero é que non se pode ser máis parcial retransmitindo un partido. Joder, é que perde o cú polo Spanish Liverpool! E logo está a súa laboura na Cadena Ser e... bo! mira, que paso do roio, síntoo moito pero non seguirei con isto. Petón, que che peten o cu a ti e aos nostálxicos do franquismo, de José Antonio, da División Azul e nai que vos pariu a todos.

E para remata-la entrada da mellor maneira posíbel... entoando todos xuntos a nosa versión do Cara al Sol. E en perfecto español eh!, para que logo non se diga (a sintonía non varía):

"Cara al Sol me pongo más moreno
con este nuevo bronceador
y si compras muchos, muchos botes
te regalan un balón."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Odioteca | 11 Grandísimas aportacións »

Míchel Salgado, outra vez no candeleiro

25 de outubro do 2009 perpetrado por otraveseiro

Onte recibín un correio da presidenta do Club de Fans de Míchel Salgado para darnos as grazas por escreber un artigo sobre eles, para comunicarnos que se está a crear unha nova web homenaxe ao astro de As Neves (ardo en desexos de que vexa a luz), para pedirme que retire do artigo a imaxe da autorización de Míchel para crear dito clube de fans e para ofrecérense para que lles faga unha entrevista (?).

salgado boxeador

"O Traveseiro prepárate... ímosche mallar a hostias"

Chámanme poderosamente a atención varias cousas:
1. Que me agradezan o artigo a pesares de que os poño a caer dun burro a eles a ao seu homenaxeado. O motivo podería ser que non entenderan o artigo por estar en galego: "pero lástima de que habeis escrito en gallego...". Pero non, ese non é o motivo: "pero más o menos se ha entendido". Eu penso que non entenderon nin unha puta palabra, independentemente do idioma.

2. Que me pidan que retire do artigo a devandita autorización cando precisamente eles a fixeron pública na súa web con todos eses dados persoais que agora non queren que se saiban. Borrarei os nomes se iso lles fai máis felices, pero a autorización non porque mola un huevo.

3. Que se pensen que son xornalista, que me pagan por administrar esta merda e, o peor de todo, que os post son para informar (?) á xente: "Entiendo que sois periodistas y que haceis vuestro trabajo, pero por favor una cosa es informar a la gente y la otra es poner datos personales".

Por outra banda, lembrar que o futbolista xoga actualmente no Blackburn Rovers da Premier League. Lembro que hai uns meses, por aí de festa, un colega presentoume a unha parella de ingleses que viven na Coruña, moi futboleiros os dous. Cando lle preguntei a el de que equipo inglés era respostoume: "Del Blackburn Rovers... tenemos una mierrrda de equipo" (literal). E iso que aínda non ficharan a Míchel!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Odioteca | 10 Grandísimas aportacións »

As barbas a remollar

21 de outubro do 2009 perpetrado por otraveseiro

Estas últimas vacacións de verán aproveitei para non afeitarme porque cando estou currando non podo deixarme barba.  Disque dá mala imaxe porque parecería un pitadeiro e tal pascual... Moito me china, pois parece que levar barba de cinco días é sinónimo de non lavarse en cinco días.

pvera_r1_c2

É unha cuestión de clases sociais. Porque hai mes e medio preséntanse o primeiro dos españois e o seu fillo na cena oficial de despedida do verán máis curto e "austero" sen afeitar. E non lles chaman pordioseiros, todo o contrario! Cito textualmente da revista de lercheo e papanatismo ¡Hola!: "El Rey se dejó crecer una barba veraniega de descanso y mar, que le quitó algunos años, y es que, como suele decir cuando bromea en privado, un Rey con barba en verano queda más regio [...]. El Príncipe se sumó por sorpresa al cambio de look de su padre, el Rey, y juntos marcaron tendencia con una imagen más desenfadada".

Vale, e a que ven este roio? Pois que hai uns anos, concretamente no 2004, cando o principiño se deixou barba por primeira vez, en El Jueves, o gran Pedro Vera preguntábase os motivos polos cales tomaba esa importante decisión. Unha delas era "por unha promesa"... aludindo á condición de seareiro atlético do maromo.

O tema segue vixente. O principiño deixase barba, igual que moitos futbolistas de primeira (menos Iker Muniain, que só se pode deixa-la pelusiña) e o Atlético ultimamente dá bastante peniña .

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Odioteca | 10 Grandísimas aportacións »

Vai de moderno ou ignora o que é a dignidade?

26 de xullo do 2009 perpetrado por otraveseiro

alvaro-benito

Darémoslle un pequeno respiro por uns días ao Real Madrid, ao que vou rematar por gastarlle o nome. Pero non sen antes comenta-lo novo look do ex-futbolista do Madrid e músico  (actividade que compaxina coa de contertulio futboleiro) Álvaro Benito, persoeiro do que xa opinei aquí nalgunha ocasión. Sombreiro, flequiño (hai pouco levaba o pelo pincho), bigotiño, chaqueta americana e peito escotado. Iso do que puidamos ver, porque ao mellor por debaixo leva uns minishorts, medias de rexiña e bailarinas de charol.

Disque hai anos, debido a unha lesión e posterior accidente de tráfico, implantáronlle nos USA, e en dúas ocasións, o menisco e o ligamento dun morto. E posíbel que namentres estaba anestesiado aproveitaran para transplantarlle tamén o cerebro de Coco Chanel? En calquera caso, como di un colega meu cada vez que sae nunha conversa o nome de Paco Vázquez e que nos serve neste caso... "A ese? de hostias... sempre!!".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Odioteca, Pregunta para nota | 5 Grandísimas aportacións »

Parrochas, churrasco e pelos no peito

15 de xullo do 2009 perpetrado por otraveseiro

sanz-guti

Fernando Sanz e Guti facendo bobadas, e quen sabe se algo máis sen a cámara diante, no vestiario madridista alá máis ou menos polo ano 1997 do noso señor. Dende aquela xa choveu, pois Fernandito é agora o presidente do Málaga C.F e Guti... Guti segue igual, vivindo do conto no Madrid.

O delirante título extraído dun tema de Os Diplomáticos de Monte-Alto ten a súa explicación: a parrocha, o que leva Guti debaixo deses atractivos pantalóns de pinzas; o churrasco, as costelas de cocho que teñen; e os pelos no peito, os que se lle ven a Sanz, non a Guti, que xa daquela era metrosexuaaaarl.

A audiencia, se xa de por si é escasa, no verán aínda máis, así que se piden (neste caso Michijhiense), que me meta con Guti, pois haberá que compracelo, non si?

Por certo, que o tractor virtual que vai estar queimando roda até o 17 de Xullo neste blogue pasa xustiño por enriba da imaxe de Fernando Sanz e Guti. Deste xeito mato dous paxaros dun tiro: solidarízome cos gandeiros galegos (o leite continúa!!) e atropelo a eses dous... unha vez tras outra, aúpa!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Odioteca, Puto Guti | 8 Grandísimas aportacións »

Florentino, vas levar até no DNI

17 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

Por se acaso queda algún ermitaño despistado por aí, informo que Florentino Pérez gastou máis de 15.000 millóns de pelas en dous futbolistas... e só acaba de empezar.

florentino-perez

Nunha entrevista no xornal Público perguntáronlle se lle molestaba que haxa xente que considere esas fichaxes de inmorais. Responde que non lle importa, que é froito da ignorancia, porque "este es un proyecto empresarial. Y no me gusta presumir, pero déjenme que les diga que esto ya lo hice en 2000 y multipliqué por tres los ingresos precisamente gracias a esos fichajes que la gente tilda de caros. Créanme que vamos a dar un salto cuantitativo también en los ingresos gracias a estas inversiones. Me gustaría decir que este dinero no son gastos por capricho, sino inversiones en las que nos va el futuro". Ben, pois como a min me considera un ignorante funcional permítame que lle diga o que penso de vostede:

2308313727_9bf562c174

Non debería molestarlle, nin tildar este blog de zafio e inmoral. Se é así é polo seu descoñecemento, pois este tamén é un proxecto empresarial que se ven facendo dende 2007 e que pretende multiplicar o número de adeptos á causa a base de poñer a parir a persoeiros da súa ralea, por capricho, porque me sae do carallo, e cun orzamento de 0 (cero) euros. Grazas ás túas defecacións verbais darei un salto cuantitativo nas visitas  sen necesidade de poñer fotos de mulleres cachondas de futbolistas, principal sustento até o de agora segundo o meu xestor de estatísticas. Seguireite de perto.

Por certo, a ilustración, dun galáctico do debuxo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Defecacións verbais, Odioteca | 9 Grandísimas aportacións »

Aquí non se salva nin deus!

10 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

apeles

Nin sequera o actual mellor equipo do mundo está libre de pecado, ou o que é o mesmo, de ter seareiros altamente tóxicos e/ou xilipollas. Neste caso, o Padre Apeles, que ademais do Barça tamén é "católico, apostólico, romano e monárquico, florentino, renacentista, aristotélico-tomista e pesimista, epicúreo, ecoloxista non fanático, vexetariano non practicante, flâneur infatigábel, anarquista de dereitas e frívolo, pero non superficial".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Odioteca | 4 Grandísimas aportacións »

Jorge Fans do Madrid

9 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

jorge-sanz

Lin nalgún sitio que o mellor papel que fixo Jorge Sanz foi interpretando a Arnold Swarzenegger de neno en "Conan el Barbaro"... porque non falaba. Non estou dacordo, o mellor papel que interpretou baixo o meu punto de vista foi en "Hospital Central"... porque morre, e ademais autoinmolado.

Hai pouco entereime que é do Real Madrid. Casualidade ou non, o feito é que unha gran cantidade de famosetes aos que odio especialmente son fans dese equipo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Odioteca | 5 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo