Comendo pirolas (2)

21 de Novembro do 2011 publicado por o traveseiro

Non é a primeira vez que acontece mais agardemos que sexa a última. Como xa relatabamos aquí cando Feijoo gañou as eleccións á Xunta de Galiza, os dirixentes do Deportivo volven a abochornar ao deportivismo felicitando dun xeito ademais bastante noxento ao gañador das últimas eleccións. Din que “‘Nuestro Deportivo ya tiene otro título: Que el Presidente de España sea ferviente seguidor de nuestro Club, como también ocurrió con Adolfo Suárez’, le expresó Lendoiro en una cariñosa carta”.

Señor Lendoiro, máis contundentes que a vitoria eleitoral van ser outras cousas como non deixe de utilizar o Clube para lamber cus aos seus amighiños. Se quere, mándelle cartas desas “cariñosas” (cunha pinga de seme, incluso) pero non co membrete do Clube, que non lle paga para dedicarse a eses menesteres precisamente.

En fin, aquí tedes a ligazón á nova de Canaldeportivo.com, e aquí un post que publicara hai tempo sobre o inefábel, onde menosprezaba ao equipo da súa propia cidade.

Arquivado en Odioteca | 3 Comentarios »

Xente que perde o cu por un acta de concelleiro

15 de Maio do 2011 publicado por o traveseiro

Ou o que é o mesmo: politicuchos de medio pelo que xa non saben a que apuntarse con tal de rabuñar un puto voto.

Hoxe, Carlos Marcos, empresario ultra-nacionalcatólico e Campión de España de Rallyes en 1990 (!), anunciándose a toda cor en La Opinión de A Coruña. Por favor, que alguén lle faga un favor á cidadanía e lle quite os freos ao camión.

Arquivado en Odioteca | 4 Comentarios »

Con ánimo de ofender

2 de Maio do 2011 publicado por o traveseiro

Vamos a ver se nos queimamos un pouco coa peña levantando un pouco de odio e repulsión cunha escolma de paridas.

-Trala ledicia pola vitoria por 1-0 perante o Manchester chegou a tristura ao Arsenal FC polo suposto falecemento do seu afeccionado máis célebre, Osama Bin Laden. Agardemos que se sega a entoar no Emirates Stadium o “Osama, oh, oh. Osama, oh, oh, oh, oh. He comes from Taliban. He is an Arsenal fan” coa música de “Volare”, de Domenico Modugno.

-A sorpresa ingrata leveina hoxe lendo o xornal. Seica a Copa do Mundo de imitación aínda segue de xira, e onte estivo por estes lares, concretamente en Santa Comba, Ordes e Betanzos. A falta de imaxes de betanceiros poñemos esta do popular friki facha Alfonso Ussia facéndolle o amor ao trofeo.

-O indesexábel encargado dos videomarcadores de Riazor cumpriu a ameaza de poñe-las fotos das mamás deportivistas, mais á marxe delas, segue a provocarnos arcadas cos videoclips da radiofórmula que emiten até a saciedade. Queremos que volvan os tempos en que emitían entre outros clásicos, o “One step beyond” dos Madness.

-Cando eu ía ao fútbol de pequeno a nosa idea era colarnos en Tribuna ou Preferencia para ve-lo fútbol de puta madre dende unha boa perspectiva, comodamente sentados nunha butaca, e a resgardo das inclemencias metereolóxicas, utilizando as máis variadas artimañas, coma pedirlle a un descoñecido que se fixera pasar polo teu pai até saltar valados de dous metros dunha bancada a outra. Os tempos cambian, polo menos en Riazor, onde decenas de rapaces cruzan todo o estadio en procesión para animar ao equipo cos ultras, e de pé. Freados na fronteira por unha ringleira de seguratas e vixiados de perto pola policía, non se amedrentan e cólanse igualmente esporeados por unha masa que canta “Si tienes un hijo subnormal no lo pienses más, hazlo policía nacional”, ou “Garda xurado, madeiro retrasado”.

-Cóntame un irmán que estivo a falar cun vello do barrio que lle dixo que para el os mellores do Deportivo no encontro do sábado foron Juan Domínguez e AITIMEL, referíndose a AYTHAMI Artiles. Eu son máis doutro canario, Juan Carlos Valerón DANACOL. Os vellos e os seus problemas para dicer correctamente os nomes dos futbolistas, ese grande misterio sen resolver.

-Xerentes que morren repelendo con cinceiros a atracadores armados con coitelos e pistolas, exfutbolistas aos que lles cae o teito do porche da casa enriba, foghetes que saen disparados contra a bancada durante as presentacións do clube, cascotes (que non casquetes) que caen da cuberta de Balaídos, fillos de dirixentes que morren de accidente de avión tendo antergos na localidade ourensá de Avión, netos electrocutados na piscina da casa… a historia recente do Celta está chea de episodios de drama e traxicomedia. Para cando incluír no himno ou nos videomarcadores de Balaídos o tema dos Def Con Dos, “Pánico a una muerte ridícula”?

-Segundo desvelou o xornal El (in)Mundo, a Fiscalía do Estado está a investigar á embarcación de Urdaibai, actual campiona da Liga de traíñas, por suposta dopaxe. No plantel hai seis remeiros e treinador galegos. Un deles, Luis Pazos, de grande semellanza co racinguista Gonzalo Colsa, celebrou a consecución da Bandeira de La Concha vestido cunha camisola do Athletic. Descoñecemos se era a de Carlos Gurpegi.

-Que José Mourinho é o treinador máis capullo e repelente da liga sábeo todo o planeta e parte do universo. Despois do cese hai xa bastantes semanas de José Antonio Camacho no Osasuna, sabemos tamén quen é o máis inútil e incompetente, con bastante diferencia sobre os seus perseguidores: Miguel Angel Lotina.

-O porteiro israelí Aouate produciuse unha fractura desprazada do arco cigomático dereito do rostro ao chocar co pau dereito da súa portería. Paréceme estraño que se partira a cara co dura que a ten e que aínda non saíse a denunciar á portería por antisemitismo.

Arquivado en Baseado en feitos reais, Idas de olla, Odioteca | 8 Comentarios »

Xa está aquí a semana santa

18 de Abril do 2011 publicado por o traveseiro

E con ela, as numerosas mostras de paixón relixiosa, e sobor de todo en forma de procesións, como por exemplo a do Cristo de los Mongolitos Intolerantes.

Este paso transcorre por Madrid e fai unha parada na Avda. Concha Espina (Santiago Bernabeu), onde un saeteiro micrófono en man canta unhas breves pero emocionantes coplas para excita-la devoción e penitencia dos fieis, coma por exemplo…

“Y va a seguir y va a seguir la dictadura del Madrid, no va a acabar, no va a acabar la dictadura del Real”.

“Guti alé, Guti alé, forza Guti, Guti alé”.

“Mágico Raúl, mágico Raúl, hoy tú tienes que marcar”.

“Madridista y español la mejor combinación, España en mi corazón y mi equipo campeón”.

“Luis Enrique tu padre es Amunike”.

Arquivado en Espanholadas, Odioteca | 4 Comentarios »

A orixe catalá de Hierro

11 de Abril do 2011 publicado por o traveseiro

Fennando Hierro deixará o vindeiro 30 de Xuño de ser director deportivo da RFEF, que é cando lle remata o contrato. En tódolos medios atribúen a súa negativa a renovar a que non estaba de acordo con que España xogue a Copa América, como así quere o presidente. Hierro non o admite e di que é por motivos “personales y familiares”.

Dende aquí corroboramos a versión do carniceiro de Vélez-Málaga. Os motivos son de índole persoal e familiar, debido ao desgusto que lle provocou coñecer grazas a un minucioso estudo do Instituto Catalán de Paleontoloxía, que sostén que o sangue que corre polas súas veas é catalán. Concretamente, os seus antergos proveñen da localidade barcelonesa de Hostalets de Pierola. O estudo reflicte que “os hominoideos descubertos nos xacementos europeos e especialmente en Cataluña -que habitaron entre hai 12 e 9 millóns de anos- formaban parte da subfamilia dos driopitecinos (nome que significa simios do bosque), que estarían emparentados cos ponxinos (grupo que inclúe os actuais orangutáns)”.

E por se quedaba algunha dúbida, tamén sinala que “algúns dos restos fósiles de driopitecinos achados en Cataluña presentan características avanzadas: as súas adaptacións a subir ás árbores mantendo unha postura vertical do torso ou outra para colgarse das árbores utilizando unicamente os brazos, algo que aínda se dá nos grandes antropomorfos da actualidade como os gorilas, chimpancés e humanos”, traendo á nosa memoria a facilidade con que Hierro utilizaba os brazos soltando cobadazos aos rivais e mantendo o torso vertical e erguido cando ameazaba aos árbitros e compañeiros cunha irritante xesticulación histriónica e emitindo estraños aullidos que expertos primatólogos traducen coma “Eh, eh, es que no sabes cómo jodennos eh? ya no sabes como jodennos” ou “Estoy hasta los huevos de correr pa’ tós”.

Arquivado en Odioteca | 2 Comentarios »

Horror: A cretina do GH-12 é do Depor!

28 de Marzo do 2011 publicado por o traveseiro

Coma se no Deportivo non aconteceran xa bastantes cousas das que avergoñarse, van e lle dedican no voceiro do Clube unha portada (e entrevista interior) á petarda de Marta López, de Gran Hermano 12.

Os do Schalke 04 tiñan a Hitler como afeccionado e nós a esta

Esta imbécil profunda fíxose famosa por estes lares por poñer a caer dun burro aos galegofalantes, cualificándoos de brutos, paletos e ignorantes, verbas que á larga custáronlle a expulsión e o desprezo absoluto na nosa terra, menos para os pimpíns do panfleto deportivista.

O que pretenden no Deporsport (e iso que aínda non lin a entrevista) sabémolo de sobra: utilizala para atacar a La Voz de Galicia, argumentando que este xornal maltratouna, cando o certo, e non é por defendelos, é que foi un máis de tantos que criticaron as súas defecacións verbais, agás os medios da estrema dereita que a defenderon a capa e espada porque “confirma la imposición chapucera del gallego” (?).

Por certo, que a piques de publica-lo post decátome que até na referencial web sobre as mongoladas do xornalismo deportivo, La Libreta de Van Gaal, fanse eco desta abraiante portada.

ACTUALIZACIÓN.
Porque o publicou antes ca min e porque vale moitísimo máis a pena ler que este, o post do amigo Mr.Tichborne sobre a vergonhenta (que non vergonzante) portada do Deporsport… AQUÍ.

Arquivado en Odioteca, Xornalistos | 14 Comentarios »

Os auténticos “tontitos”

27 de Marzo do 2011 publicado por o traveseiro

A rifa que mantiveron José Bono e Celia Villalobos na Mesa de la Cámara Baja hai un mes no que se debatía a contratación de persoas discapacitadas para traballar no Congreso non a tiveron  no Grupo Prisa cando decidiron dar espazos importantes en medios escritos e audiovisuais a dous atrasados mentais coma Manuel Esteban “Manolete” e Tomás Roncero.

É posíbel que no AS non estean a cobrar subvención algunha do Estado por dar traballo a estes pobres homiños, máis cecais sería millor iso que non que estean lucrándose a costa deles,  pendurando videos na rede de deficientes falando de fútbol (se polo menos se deran de hostias resultaría máis entretido) sen ter nin paxoleira idea do mesmo e, por si fóra pouco, retándonos a nós a participar con eles en xogos oficiais desa puta mafia que é a Liga de Fútbol Profesional.

Outros tres colectivos de deficientes non diagnosticados…

1. Os seareiros do Atlético.
Ou polo menos algúns deles, que lle berraron “eres un mono” a Marcelo. Aínda cren estes que a raza humana a fixo deus mesturando un cacho de barro cunha costela?

2. Os seareiros do Lleida.
Ou polo menos algúns deles, que no partido que os enfrontaba co Sporting Mahonés adicaron frases a Marta Frías, asistente do árbitro, coma “ensina as tetas, puta”, “ímosche follar” ou “seguro que aquí gañas máis ca de puta”.

3. Os que xogan ao fútbol coas galiñas.
Pero non compartindo xogo, senón usándoas como balón. Os feitos aconteceron na localidade vallisoletana de Pedrajas. Como seica estes individuos non saben que as pitas, como todos os animais, “sienten el dolor, como tú y como yo”… propoño entrar nas súas casas armados con paus e, namentres dormen pracidamente, empezar a xogar á billarda coas súas baleiras cacholas.

Arquivado en Odioteca | 2 Comentarios »

Maltrato animal? Si, bueno… non.

3 de Marzo do 2011 publicado por o traveseiro

O mundo do fútbol está cheo de descerebrados, e un deles é Luis Moreno (non todo vai ser Sergio Ramos), futbolista do Pereira colombiano, que propinou unha bestial patada a unha pobre curuxa que finalmente rematou finando. Por certo, que este feito tráeme á memoria cando hai dous ou tres anos o preparador de porteiros do Deportivo, no quencemento previo a un encontro en Riazor, matou dun balonazo a unha imprudente gaivota que pasaba por alí. Foi fortuíto, iso si. No xornal deportivo AS poñen a nova do maltratador animal colombiano e xusto debaixo a do “deportista” José Tomás.

A verdade é que se xa me repatea bastante que nalgúns xornais pequeno-imperiais de información xeral teñan sección adicada ás touradas… moitos máis aínda que a haxa nos deportivos, sobre todo no Marca e AS. Neste último a sección é nomeada coma AS DE ESPADAS, onde dentro hai novas onde tamén falan de maltrato, pero non dos toureiros contra os touros… senón do Estado contra os criadores!!

E é que min tócanme bastante o carallo a merda esta das touradas, pero lendo a nova de enriba dáme a sensación que José Tomás foi ao campo e tentou follarse a sendas vacas, unha o sábado e outra o luns, e segundo o seu médico, con resultado satisfactorio.

Bonus Track.

Ferran R.P. seareiro do Girona, foi condenado a nove meses de cadea e 3.000 euros de multa por saltar ao campo de xogo nun encontro fronte ao Ceuta, dirixirse cara a afección contraria, roubarlles unha bandeira española, arrugala, cuspir sobre ela, refregala polo cu, e simular que a queimaba. E cando ía ser detido pola seguridade encabronouse, subiuse ao valado e liouse con eles a patadas e cabezadas namentres lles chamaba fascistas cataláns e torturadores. Queremos probar do mesmo que se papa Ferran.

Arquivado en Odioteca | 4 Comentarios »

A espiña de Gustavo López eche ben profunda

14 de Xaneiro do 2011 publicado por o traveseiro

Estiven a ver onte o partido de Copa do Deportivo en Almería, con derrota e xogo penoso por parte dos coruñeses, e Lotina, tan pancho, di que “Nos vamos satisfechos” porque o resultado non é malo. Dende logo que non, es ti bastante pior que o resultado. Mais deixando de lado un partido sen moita historia, quero salientar a presenza coma comentarista de Dixital Plus de… Gustavo López, aquel ao que o Deportivo lle cravara unha espiña e que leva anos tentando quitar.

De entrada non tiña nin paxoleira idea que era deste tío, e se sorprendeume que fose comentarista, máis aínda que estivera cubrindo un partido do Deportivo, que, como todo o mundo sabe por estes lares, é un equipo ao que odia profundamente, co cal chocaba un pouco a súa presenza. E a súa parcialidade amosouna ao longo e ancho de toda a retransmisión.

De feito, tras adiantarse o Almería, o equipo andaluz seguiu apertando e Gustaviño non perdeu a ocasión de darlles folgos dicindo case textualmente que “esperemos que el Almería sea capaz de mantener esta ventaja o incluso ampliarla”. O comentarista principal do encontro tampouco se curtou un pelo e contestou que “a ver si se cumplen tus deseos”.

Visto o visto, non nos queda outra que aplaudi-lo comentario dun paisano que dixo que “Gustavo, ímosche mandar aos sicarios de Cáceres, e logo nos vas chiscar un ollo.

Arquivado en Maldita TV, Odioteca | 8 Comentarios »

Náusea constante: a Copa do Mundo chega a Galiza

28 de Decembro do 2010 publicado por o traveseiro

Foi noticia onte por estes lares a chegada da Copa do Mundo a Compostela. O presidente da Xunta, ese que non apoia as seleccións deportivas galegas, non perdeu ocasión de facerse a foto co trofeo e soltar algunha que outra barrabasada das súas, coma propoñer a Del Bosque coma “entrenador de España”, para elixir aos mellores políticos. Señor Feijoo, vostede non vale nin para a liga das Mariñas, con tódolos respeitos para esta competición. Mais el non foi o único que gosta  de chupar cámara. Por exemplo, tamén está este.

“Uuuhm, bocata di cardinale”

Julian Barrio, o arcebispo de Compostela, que pronosticou a vitoria española en Sudáfrica, semella pasalo realmente ben, como se estivera nun parque infantil e non na misa do Peregrino. Mención a parte merecen os tres de detrás.

Á esquerda, o reposto presidente da Federación Galega, Xulio Meana, que non hai deus que o quite da poltrona, e ao que lle acho certa semellanza física co Dioni. No medio, o seu homólogo da Española, Angel María Villar, con careto de estar, como é costume nel, durmindo cos ollos abertos. E á dereita, Vicente Del Bosque, que está até na sopa. De feito, hai un rato baixei o lixo e pareceume velo detrás dun carro, coa copa do mundo nas mans.

Se queredes ver unha galería de fotos bastante completa deste lamentábel acto, premede aquí, pero ollo cos que teñades o estómago delicado, porque nun par delas… sae Feijoo coa camisola de España!!

Arquivado en Espanholadas, Odioteca | 7 Comentarios »

« Previous Entries Next Entries »