Recicla os cristais, tírallos á cabeza a Guti

14 de Maio do 2013 perpetrado por o traveseiro

O exfutbolista e exembaixador da campaña de protección de medio ambiente e reciclaxe do Real Madrid, José María Gutiérrez Guti, escribiu no seu twitter que «vosotros perdéis el tiempo en reciclar el vidrio? Yo no». Obviamente, todo cristo a poñelo a parir.

Mais a ver… eu persoalmente perdo o tempo en separar o lixo que xero na miña casa (a pesares de que sei de boa tinta que logo os que o recollen o mesturan todo no mesmo colector), no que inclúo cristais e papeis. Pero por suposto respecto aos que non o fan. Só pido a estes últimos que xa que non queren tirar as botellas e frascos de cristal no colector correspondente… que polo menos as garden para logo tirarllas á puta cabeza de Guti cando o vexan.

E para os comprometidos co medio ambiente e non queiran desperdiciar os cristais co monas este sempre queda a alternativa de non gastar nin unha pinga de auga no recheo de piscinas no verán, ou sexa, coller a Guti (agora que é xurado nun concurso televisivo de saltos) e tiralo do trampolín máis alto coa piscina baleira. O mundo vos estará eternamente agradecido.

P.D. A foto de Guti xentileza de Rinat Rafaé.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Puto Guti | 3 Grandísimas aportacións »

Vamos a por Guti

16 de Febreiro do 2013 perpetrado por o traveseiro

Ese é o contundente título da obra teatral protagonizada por Albert Pérez Hidalgo, Sergi Torrecilla, Xavier Torra e Nicolás Carbajal, que dan vida a catro traballadores dunha inmobiliaria que deciden secuestrar a Guti para desestabilizar ao Real Madrid e conseguir que perda un partido contra o Barça co obxectivo de gañar unha aposta millonaria en Internet.

Non sei se Princi, que nos puxo ao tanto do tema, viu esta obra teatral pertencente á compañía Project Nisu (Navegació Incendiaria i Salvament Unilateral) e pódenos aventurar se hai ou non final feliz. Nós, dende a nosa canalla perspectiva, entendemos que para que haxa final feliz, como primeiro paso, débese lograr secuestrar a Guti. E como segundo, que este secuestro sega o camiño de Publio Cordón ou Guillermo Collarte.

Se isto non acontece, cremos que non valerá a pena pagar nin os cinco ou oito pavos que custe ver esta obra, a que, dito sexa de paso, foi premiada no certame «Scena Simulacro 2012″. Deixémonos de simulacros: secuestro e axustizamento de Guti, XA!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Puto Guti | 6 Grandísimas aportacións »

Deportistas: por que non se suicidan máis a miúdo?

9 de Decembro do 2011 perpetrado por o traveseiro

Na capa do Marca de antonte anunciaban un «REPORTAJE: ¿Por qué llega al suicidio un deportista de élite?» Aos do panfleto deportivo madrileño pásalles un pouco como a min, que non lles gosta moito escreber (coa diferencia que eu non cobro por elo) porque logo abres o xornal e esa «reportaxe» que pintaba ben tradúcese en dúas páxinas que se  lle quitas as imaxes (unha inmensa do marcador de Goodison Park lembrando a Gary Speed, seleccionador galés que se aforcou o outro día; outra non moito máis pequena do funeral de Robert Enke; unha máis deste porteiro que cascou tirándose ás vías do tren; e finalmente unha de Babat Rafati, un árbitro alemán que a semana pasada tentou suicidarse curtándose as bonecas) fica tan só un texto de merda que cho les en medio minuto.

Suicidio colectivo xa!

E aínda por riba os psicólogos consultados tampouco din nada que non saibamos, coma que os deportistas de elite están sometidos a presión (coma calquera persoa) e que tipos coma Speed tamén poden estar deprimidos aínda que teñan éxito no seu traballo e teñan cartos. Nos ha jodío, pois menuda novidade.

E logo está a ridiculez da cuestión formulada… que leva a un deportista profesional a prantexarse o suicidio ou mesmo levalo a cabo? A miña pregunta, que gostaría que me aclararan eses afamados psicólogos é o por que non se suicidan máis a miúdo, sobretodo moitos futbolistas e exfutbolistas españois.

Aí temos o exemplo de Álvaro Benito (foto superior), futbolista que ía para figura do Madrid e que unha chea de lesións obrigárono a pasar polo quirófano varias veces (incluíndo transplante de ligamentos dun cadáver) e que non só o levou ao suicidio senón que se vingou da sociedade facéndose cantante (?) e guitarrista dun grupo pseudopunkpopeiro para quinceañeiras.

O flipao este iniciouse na música precisamente durante as súas longas convalecencias, aburríase e algún malnacido que debería ser levado ao tribunal da Haya por crímenes contra a Humanidade, agasallouno cunha guitarra. Unha historia semellante á de Julio Iglesias, outro 100% hostiábel que ía para porteiro do Real Madrid e que, cando tiña 19 anos, un accidente cando conducía un carro posto até as cellas case o deixa paralítico afastándoo dos seus soños coma profesional do balompé. Tivo que estar encamado dous anos, mais lonxe de suicidarse, déuselle por aprender a tocar unha guitarra de tuno que algún fillo de puta como o de Alvaro Benito lle regalou. O demencial resultado xa é por todos e todas coñecido.

Chema Buceta, psicólogo durante sete anos do Real Madrid, di falando do caso do árbitro alemán que quixo suicidarse porque o obrigaban a retirarse pola idade («¿Queréis verbenas? pues ver venas!», debeu poñer na súa nota de despedida), motivo segundo el máis que suficiente para curtarse as venas: «Dejar de hacer lo que te gusta es un gran problema. La jubilación anticipada te va arrinconando hasta que te aparta de lo que más te gusta. Eso genera estrés, depresión…» E nomean ao colexiado Iturralde González, que cancelou a súa conta en Twitter por sentirse presionado. Un Iturralde por certo, que se xa me caía ben porque tras manter unha pequena conversa con el e porque rara vez perdía o Depor con el arbitrando… agora de putísima madre tras coñecer que tivo unha banda de punk, que cantaban en euskara, que estaban influenciados por grupos coma Kortatu, Negu Gorriak, RIP, Eskorbuto…, que ten máis de 20.000 discos… pero iso xa é fariña doutro costal. O caso é que con eses antecedentes, se non se matou ou o fixo a heroína, non o vai facer agora polas estúpidas presións vía twitter dos xornalistas e de catro afeccionados mamarrachos.

E para rematar, e xa que tamén sae na foto, Guti, que recentemente anunciou que se retira do fútbol pero moito me temo que non o seu suicidio, porque a Guti non o xubilan, xubílase el, e ademais tampouco deixará de facer o que máis gosta, que non se trata precisamente xogar ao fútbol, senón ao golf, saír de festa e enroiarse con cachondas.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Pregunta para nota, Puto Guti | 11 Grandísimas aportacións »

Etílico Gutierrez

8 de Decembro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Non entraba dentro da orde do día tocar este temiña pero seica é de interese xeral poñer a foto de Guti soprando tralo accidente que tivo co carro por levar unha melopea de tres pares (quintuplicaba a taxa máxima de alcol no sangue) ou coma di un doutor consultado pola Ser… «En términos vulgares es una buena cogorza. No es coma etílico, pero estamos en una intoxicación etílica importante e incomprensible en un deportista». Ou como poñía na televisión turca «Guti alkol duvarini aşti», que tradúcese ao galego como «Guti rebenta o alcolímetro».

Precisamente a semana pasada linlle unha entrevista no Marca na que asegura que vive en Estambul coma un estudante no estranxeiro, e vendo o seu roio o creo perfectamente. Tamén nos conta que…

1. Nos seus ratos libres, polas tardes, toca a guitarra. Este mal costume debería cortalo de raizame, porque logo pasa o que pasa. Lembremos que Julio Iglesias e Álvaro Benito comezaron tamén así e agora temos que aturalos.

2. Confesa que hai tempo estaba a xantar nun restaurante e levou o susto da súa vida cando escoitou un estoupido. Resultou ser un atentado, un tío inmolárase a pouca distancia de onde el se atopaba. Pon que «ahora lo cuenta con gracia y cara de susto», sen saber a realidade do suceso: o terrorista trabucouse de sitio… Guti era o obxectivo!

3. Di que mantense informado de todo o que acontece en España por internet e porque ve os telexornais españois pola tele. Esta afirmación queda en entredito cando lle fai unha sorprendente pergunta ao xornalista: «¿Cómo está la situación económica en España? Nos pregunta». Eu penso que a resposta a sabería até un ermitaño do deserto: FODIDA.

E á marxe disto, unhas pintadas que lin nun muro no barrio de As Atochas-Montealto, e que gardan certa relación con Guti: «Chochos tristes fóra da Galiza» e «Por Nadal, Barbie abortitos».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Puto Guti | 5 Grandísimas aportacións »

Guti excrementicio

19 de Setembro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Ao final vai resultar que non todo aquel que escrebe unha animalada nun campo de busca de internete é un perturbado. Se cadra é un tipo «normal» coma nós (póñoo entrecomiñado porque normais normais tampouco é que sexamos… ás probas me remito). Porque sei que é difícil de crer, pero co obxectivo de facer unha fotomontaxe para un cartaz escribín en Google Imaxes a seguinte frase: «CULO DEFECANDO».

Como non podía ser doutro xeito, e case sen querelo, na páxina 5 aparece o noso caro amigo José María Gutierrez ‘GUTI’, que parecía que o tiñamos esquecido dende que se foi xogar a Turquía. A imaxe xa a tiña por aí gardada no disco duro para cando a situación o pedise, e trátase dunha portada do Marca (recortada por min para a ocasión) na que sae o ínclito, e en rigorosa exclusiva, apresentando en sociedade a Capela Sixtina tatuada no brazo. A dicer verdade, a portadiña aseméllase mogollón á capa dese discazo de José Ángel: «Madre, soy cristiano y homosexual».

Por certo, que a ligazón pertence a unha entrada do blogue de Manuel Jabois, e no que podemos atopar esta grande frase dentro dun comentario escrito por un tal Mercutio e que estou pensando moi seriamente en tatuarmo no brazo, pero en latín, que é máis cool:

«A Guti hay que darle una paliza con la pastilla de jabón envuelta en la toalla y dejarlo tirado delante de la tienda de campaña de Poli Díaz».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Puto Guti | 3 Grandísimas aportacións »

A ex de Guti, flower power

3 de Maio do 2010 perpetrado por o traveseiro

Como ben nos definiu un lector, este blogue é de fútbol e dos seus danos colaterais. E un deses danos son as mulleres (neste caso ex) dos futbolistas, no caso que nos ocupa, a de Guti.

«O sea, que me gustaría acabar como Janis Joplin, ¿sa’es?»

Atrás quedan os tempos en que Arantxa De Benito apresentaba xunto co no menos patético Tony Aguilar «Zona Franca», un programa musical en TVE, e tamén cando exercía de fiel esposa e nai de familia. Lembro aquela vez en que Guti levou un golpe na cachola nun partido de Champions no que infelizmente non chegou a maiores pero que quedou algo grogui e tivo que estar un tempo en repouso. Esa mesma noite, o xornalista José María García interesouse polo seu estado, chamou á súa casa, e como el non se podía poñer pois saíu a mona esta ao ar, cun tremendo afán de protagonismo, di algo así como «el médico nos dijo que no se fuera pronto a dormir, así que está en el sofá con una luz baja, luego tomará una sopita caliente y pa’ cama» (case textual).

E agora aí a tedes, na Flower Power, a tradicional festa hippie que tódolos anos se celebra en Ibiza pero que esta fin de semana foi en Barcelona, cunha pouse que fai que o tema dos Siniestro «Matar hippies en las Cíes» estea máis vixente que nunca.

«Llego a la isla, le saco de la tienda, le doy en la cabeza, le abro en la cabeza. Le corto un brazo, le arranco una pierna, le saco las uñas, le muerdo una oreja».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Puto Guti | 5 Grandísimas aportacións »

A Guti danlle paus até na ficción

19 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Quería deixar aparcado por un tempo o tema Guti porque sei que comezo a resultar cargante, pero se non conto esta curiosidade da vida rebento. Onte púxenme a ver unha peli, Disturbia, un remake do clásico de Hitchcock «A fiestra indiscreta», pero en plan thriller xuvenil. Vamos, que non é un peliculón precisamente, pero para pasar o rato está ben.

«Te conozco bacalao, aunque vengas disfrazao»

Como xa vai para tres anos que se estreou  non pasará nada por facer un spoiled en toda regra e conta-las dúas mellores escenas da peli. Ao principio, o protagonista arréalle unha hostia na face ao seu mestre de italiano, o señor GUTIERREZ. E perto do final, o asasino trónzalle o pescozo ao sobriño do mestre, que naturalmente tamén se apelida GUTIERREZ, o cal ademais, é policía. A casualidade a tumba o feito de que estes gutis non son loiros, senón mulatos, pero aínda así… non resulta marabilloso?

O director, D.J Caruso, meteu brillantemente esa mensaxe subliminar na peli para que o grande Jorge Muñoz e tantos outros foran a por Guti, encarnado nun mestre cabronazo que provoca a un alumno que acaba de perder ao seu pai e á súa vez a un madeiro inútil que non se entera de nada. Oscar ao mellor director, xa!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Puto Guti | 4 Grandísimas aportacións »

Que as árbores non impidan ver o bosque

1 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Que si o pase de calcaño foi en oblicuo, que si viu vir a Benzema co ollo do cu, que si foi dono e señor do centro do campo, que deixou escintileos de auténtico xenio… todo iso que xa sabemos (e que non nos custa nada recoñecer) e que no Marca e As estarán a repetir até 2016 polo menos.

Pero non nos esquezamos que Guti non deixará de ser un puto pixo baboso, repelente e maleducado, que seguirá sendo máis noticia polas súas excentricidades e mexadas fóra do testo que polo seu fútbol (un partido bo por dez mediocres) e que representa todo o que odio nun futbolista. Dixen!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Puto Guti | 17 Grandísimas aportacións »

Guti: moi persoal

8 de Xaneiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

guti

Entre os meus bos propósitos para este 2010 non está incluído deixar de odiar a Guti. A imaxe tíñaa gardada no disco duro dende fai… nin se sabe. Non fai falla que me estenda moito, ou máis ben nada, con ler con detemento a postal é máis que suficiente. Salientar iso si que como ten bastantes anos cecais mudou os seus gustos. Agora a Guti o bacallau lle repite, Alejandro Fans lle segue a poñer cachondo (non a súa música), a súa actriz favorita é Miley Cyrus (a manida Hannah Montana) e como actor mólalle Dolph Lundgren.

Serva tamén este post para dar sinais de vida no blogue e para que non pense a xente que toquei teito e que me retiro nos cincocentos posts.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Puto Guti | 7 Grandísimas aportacións »

Castigo exemplar para Guti

28 de Outubro do 2009 perpetrado por o traveseiro

Non é a primeira vez que o fai, e seguramente tampouco será a derradeira. Onte, o noso benquerido amigo Guti voltou saca-lo dedo a pasear, esta vez dirixíndose a uns afeccionados do Alcorcón que lle pedían que se metera o dedo no cu. O Madrid disque lle porá unha multa, pero a nós iso sábenos a pouco, non nos chega. Queremos un castigo exemplarizante. Na Coruña temos a persoa axeitada para realiza-la operación.

guti

«Me estás asustando»

Non sabemos como se chama, pero está localizado, sabemos que actualmente vive en Teixeiro. Onte xulgárono por cortarlle un dedo a un colega, ou, coma confesou o propio acusado «era o mozo da irmá da nai do meu fillo», ou sexa, o ex-cuñado. Segundo a vítima, aquel catro de novembro de 2006 o imputado «díxome que tiña que cortarme un dedo porque senón llo cortarían a el. Atoume, esposoume, puxo a miña man sobre un taburete, colleu un machete e o fixo». Despois disto, «colleu a falanxe e meteuna nunha bolsa con medio gramo de coca porque dicía que así manteríase durmido e non me doería» (?).

Nós pedimos a libre absolución do acusado por esta causa. E se ten causas pendentes que as cumpra fóra do cárcere facendo traballos para a sociedade. E un deses traballos consistiría en cortarlle o dedo corazón a Guti e… que digo o dedo, as dúas mans, e tamén a pirola, e que despois llas dean de comer aos cochos. Para que aprenda!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Puto Guti | 8 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo