Tendedeiro charrúa

1 de Xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Non é que vaia de voyeur ou fetichista, pero cando abro as persianas das habitacións interiores da miña casa é inevitábel olla-los tendais das fiestras dos veciños de enfronte. E hoxe me atopei con isto.

tendedeiro.JPG

Loxicamente tiven que frota-los ollos para asegurarme que esa bufanda non era de España, senón do Nacional de Montevideo. E digo de España porque onte vía bufandas de La Roja até nos programas estes de madrugada do timo chamada.

Pensaredes que iso non ten nada de anormal, que os que habitan nese piso (de seguro que uruguaios) aproveitaron que facían unha lavadora de roupa a cor para lava-la bufanda do seu equipo, neste caso a de El Bolso. O que pasa é que non é a primeira vez que nese piso alguén pendura unha bufanda do clube dos seus amores e non precisamente para secar. Hai uns anos habitaban nese piso un grupo de estudantes, e nunha ocasión puxeron unha bufanda do Celta na corda, claramente para foder á veciñanza, e máis concretamente a nós. O caso é que se lle soltou a pinza e caeulle ao tendedeiro dos veciños de abaixo, curiosamente aos do segundo (Celta a Segunda, premonitorio), que a deixaron alí porque os de arriba non tiveron o que hai que ter para baixar a pedirlla.

Entretanto botei unha ollada en internet a ver se xogaban o Nacional contra Peñarol e para nada, así que a teoría é a de que había que pasarlle un auga á bufanda porque o branco xa era negro e se confundía cunha do Inter de Milán, e hai diferenzas, un e Nacionale e o outro Internazionale. Por certo, das cortinas case que non vou comentar nada porque tampouco é plan de andar xogándome o tipo pero por se ascaso esta foto da súa fiestra chega a eles... ¡¡¡Viva o Nacional de Montevideo e vivan os vestidos e camisas marróns e os pantalóns lilas!!!

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Chámalle X | 1 Grandísima aportación »

Pop in Rio

27 de Xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

Hoxe comeza en Madrid o Rock in Río, que din que é o festival máis IN, porque nin é Rock nin en Río. Como reza a pegata que rula por aí e que non vou poñer porque ocupa a hostia de espazo e non me apetece agora reducir...: "YO NO VOY. El mayor negocio de música del mundo llega a España. POP IN RIO MADRID, más que un festival, una tomadura de pelo. El Canto del Loco, Shakira, Tokio Hotel, Ramiro el Gay, Alejandro Sanz y otro montón de julais que harían que Bon Scott resucitase, potase, se ahogase y palmase de nuevo".

Vale, ¿e que ten que ver isto co roio futboleiro? Principalmente porque a min me lembra bastante ao caso do Trofeo Teresa Herrera, o torneo de verán máis antigo e prestixioso do mundo que pasou en apenas quince anos de encher Riazor de afeccionados gracias a un cartel formado por grandes equipos que formaban coas súas respectivas estrelas... a equipiños de terceira fila con xogadores que non os coñecen nin nas súas casas á hora de xantar.

sepultura.jpg

Con Rock in Río pasa algo parecido. Antes eran carteis rockeiros en que se metía algún polo medio que desentoaba pero que en xeral era iso: rock. Agora é ao revés, unha auténtica bazofia en que se cola polo medio algo decente. E cando digo bazofia refírome ao meu gusto persoal e intransferíbel. Ao que lle preste Shakira pois me parece estupendo, pero eso non é rock, e polo tanto, non pode figurar nun festival de rock o mesmo que un equipo xaponés non pode participar no Teresa Herrera, con tódolos respectos para o fútbol xaponés e os amantes de Oliver e Benji, que os hai, e moitos.

Para ilustrar esta entrada, un par de exemplos do pasado e presente do Rock in Río. Arriba, Andreas Kisser, do grupo Sepultura. Esta banda brasileira sempre mantivo unha grande relación co fútbol, polas referencias a este deporte no merchandising da banda e pola gran afección dos seus músicos. Os irmáns Cavalera, Igor e Max, por exemplo, acérrimos do Palmeiras. O primeiro disque ten unha colección de máis de 400 camisolas de fútbol, e ao segundo sempre lle mola saír ao escenario cunha do equipo da cidade onde toca, cousa que ás veces lle acarrea algún disgusto, como aquela vez que se puxo en Madrid unha camisola do Real e case o apedrean. Na foto, como dicía, o guitarrista, tamén futboleiro, cunha do clube Belgrano nun concerto en Arxentina.

alejandro-sanz.jpg

Esa a cara, o pasado glorioso de Rock in Río Ferdinand. E a cruz, embaixo, Alejandro Fans Sanz, seareiro confeso do Betis, persoeiro ao que lle teño especial tirria xa dende hai moitos anos, cando cantaba aquelo difícil de explicar e dixerir de "compartiendo las miradas con las luces apagadas" (?) Por certo, que urxe sobremaneira facer unha categoría musical, en vista da gran cantidade de referencias futbolomusicais deste blogue, a ver se se me ocorre un nome medianamente decente para a mesma.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Chámalle X | 3 Grandísimas aportacións »

Discípula de Farruquito

23 de Xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

alvaro-pinho.jpgAconteceu onte domingo na estrada da costa que une as poboacións pontevedresas de Mougás e Baiona. Ese señor con aire a Alvaro Pino que pousa sorrinte xunto ao seu fillo foi atropelado namentres participaba nunha marcha cicloturista por unha conductora trallada da cabeza. E digo trallada porque non foi un accidente, foi a posta.

A tipa conducía un coche que ía detrás do home e o seu fillo, que foron embestidos por dúas veces, o neno se apartou xa á primeira, máis ao pai non parou até que conseguiu tiralo da bici e pasarlle o carro por enriba da mesma. Non contenta con iso, apeouse do carro e se dirixiu até eles, e en vez de auxilialos, tentou darlles de hostias. ¿Os motivos? A versión oficial é que a estrada era de sentido único, os ciclistas ían moi lentos, a tipa tiña presa, perdeu os nervios e os embestiu. Logo, presa dun ataque de nervios se foi a por eles e a por todo o que se lle puña por diante, incluídos os policías municipais de Baiona que a tentaron reducir. Eu teño tres versións alternativas.

1. A versión anticelta.
A señora é seareira do Racing de Ferrol, ten moi fresco na memoria o episodio do pasado domingo que rematou co seu equipo en Segunda B grazas a que o Celta non foi quen de gañar ao Alavés. Viu na estrada a un individuo ca camisola do Celta e non se puido reprimir, se foi a por el poseida polo demo (Isidro Silveira). Sei que era do Rácing porque se fose do Depor non o atropelaría nin de coña, se contentaría con berrarlle "¡pringao!" dende o coche no adelantamento.

2. A versión antipereiro.

oscar-pereiro.JPG

A señora confundiu á vítima con Óscar Pereiro, o persoeiro galego famoso máis plasta do país dende a desaparición da vida pública de Juan Pardo. Pereiro hai uns meses ameazou con, unha vez deixar o ciclismo, facerse futbolista. Se xa non sae da TVG sendo ciclista, imaxinádevos como xogador de fútbol, todo o día dando roldas de prensa. A conductora, trabucada ou non, só lle quixo facer un favor á humanidade.

3. A versión foiselle a pinza.
A conductora é actriz  de teatro. Nestes días está a representar no Teatro Pello a obra "Vida e obra de Farruquito"  e levou o seu papel demasiado lonxe.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Chámalle X | 3 Grandísimas aportacións »

Supermodelo 2008

28 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

vinnie-supermodelo.JPG

O exfutbolista e aspirante a Supermodelo, Vinnie Jones (190X190 cm. son as súas medidas), mostra a súa disconformidade ca opinión dun membro do xurado do programa, que calificou o pase de Vinnie como "de amanerado", e que "nin sequera o mesmísimo Santi Cañizares o podería facer peor".

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Chámalle X | 1 Grandísima aportación »

A incógnita Eto’o

14 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

pero-etto-que-e.JPG

O futbolista camerunés do Barcelona é toda unha incógnita nestes momentos, pois non se sabe se fica no Barça, se marcha, se el quere ficar, se non... vamos, unha incógnita.

E se en maio do 2008 é unha incógnita, no ano 1997, cando non o coñecía nin cristo... pois imaxinádevos. Coma exemplo, a súa ficha no número extra da revista Don Balón da tempada 97-98 (xogaba no Leganés) onde era tan incógnita este xogador que nin acertan o nome, nin a idade (daquela tiña 16 anos), nin sabían se corría coma un negro para cobrar coma un branco, se tiña fillos por aí perdidos...

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Chámalle X | 1 Grandísima aportación »

Desfases na fase de ascenso

11 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

hai-que-roelo.JPG

Onte confirmouse a clasificación do Pontevedra CF para xoga-lo playoff de ascenso a Segunda División. O noso Fabril, coñecido alén do Telón de Grelos como Deportivo B, aínda deberá agardar pois non depende de si mesmo para se clasificar.

Ao Pontevedra deséxolle moita sorte nesa fase e que ogallá finalmente conquira o ascenso. Só teño un pero. Se así acontece (que suban) lles pediría por favor a xogadores e afeccionados granates que non se desfasen como a última vez que subiron a Segunda. Que a ver se son tan amábeis e na celebración non se suben ao traveseiro da portería, porque aínda me dura a dor nas costas e o mal cheiro a queixo que deixaron en min os pés de Martín Ragg e o fedor a suor do canaliño do cu de Esteban Trasancos. A ver se me fan ese favor e se comportan como deus manda.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Chámalle X | 3 Grandísimas aportacións »

Chandaleiro

17 de Abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Despois dunha batería de preguntas tópicas e típicas sobre a Eurocopa, o Mundial, Raúl, a Federación, os clubs... chegou unha cidadá chamada Carmen e fixo a pregunta máis interesante do programa Tengo una pregunta para usted: "¿Por que sempre vai en chándal?". Luis, en vez de dicer que vai así porque lle resulta cómodo, que así non se lle notaría a suor nos sobacos da camisa, coma a Camacho, ou chámalle chis... respostou que "porque coma un profesional, hai que ir coma os xogadores, en roupa deportiva". Non estou para nada dacordo. Nun adestramento, pois si, porque estás máis ou menos facendo un esforzo físico, mais nun banquiño queda mellor que o adestrador estea vestido de traxe e garabata. Aragonés incluso ás veces ten as botas de tacos postas durante os partidos, coma se fose a saír a xogar. Lle tería que comentar ao meu xefe que, coma Luis Aragonés, ten que vir a traballar vestido cun uniforme coma o noso, o cachondeo sería maiúsculo.

aragones-e-mila.JPG

Sen embargo despois de ver esta foto da previa do programa do outro día (Lorenzo Milá, axudándoo ca garabata), me dá a sensación de que o verdadeiro motivo de que vaia de chándal é porque non se sabe vestir correctamente, nin facerse o nu da garabata. De tódolos xeitos se non hai unha norma interna que fale da uniformidade do seleccionador, el pode ir vestido como lle saia do carallo, faltaría máis.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Chámalle X | 3 Grandísimas aportacións »

Unha celebración xeni(t)al

10 de Abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

O xogador canadiano de pai filipino e nai xamaicana, o Gattusso negro, o can de presa, o incomparábel... "Dillei" Julien De Guzmán estivo en boca de todos hai unhas semanas por saírse cunhas declaracións nas que afirmaba que se lle marcaba ao Real Madrid se pasaba un ano sen sexo. Sería moita casualidade que mollara porque había dous anos que non o facía (marcar gol, malpensados) e a verdade é que tira bastante a porta pero non acerta nin pa dios.

O caso foi que non marcou, e tralo partido, o speaker de Riazor colleu o micro e largou que "¡parabéns ao Deportivo pola victoria e tamén a De Guzmán por non marcar gol!", ante o descojone xeral, algo que tampouco e novidade en Riazor co da megafonía. Isto xa foi hai tempo, pero esta fin de semana aconteceu algo que me fai pensar que este rapaz está algo trallado da cabeza. Refírome a De Guzmán, ao speaker xa son moitos anos aturando as súas idas de olla, xa o damos por imposíbel.

tocamentos.jpg

Resulta que o dianteiro centro Xisco marcou en Santander, e na celebración, achegouse De Guzmán e ámbolos dous se puxeron a face-lo xesto de tocarse os xenitais, un ao outro, momento que recolle a fotografía. Preguntado Xisco a que se debe tamaña celebración, contestou que "Era una celebración pendiente. Hace un par de meses que lo habíamos hablado, me lo planteó él y con el Murcia me olvidé, se me pasó, y la semana pasada me lo recordó".

Polo tanto, a idea surxiu do canadiano, mais ¿quen estará peor, Xisco ou De Guzmán? o máis normal é que Xisco, ante esa proposición indecente, o mandara a tomar polo cu, pero debeu ser nun momento de xolda ou cachondeo que lle seguiu o rollo e aceptou. Pero despois de dous meses, van, e o levan a cabo. Medo me dá pensar cal será o vindeiro paso que darán, a vindeira celebración. Permaneceremos atentos.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Chámalle X | 2 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo