Cristiano Ronaldo nude

4 de marzo do 2010 perpetrado por otraveseiro

Ultimamente a bandexa de "spam recente" do blogue está ateigada de comentarios que non pasan o filtro e o 90% deles comezan polo nome dunha celebritie, xeralmente feminina, seguido por NUDE, ou sexa, espida.

A verdade é que a xente que se dedica a iso son uns auténticos tocapelotas, mais como ben di a canción "porque si ellos son los malos nosotros somos peor"... esta é unha pequena cabronada que lle fago a todos es@s que andan mergullándose pola rede na procura de Cristiano Ronaldo en pelotas. Foderos!

P.D: A foto, tirada durante a Eurocopa 2004.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Xentes da grada | 4 Grandísimas aportacións »

“Non todos os días son martes de Entroido”…

17 de febreiro do 2010 perpetrado por otraveseiro

...que di o sabio refraneiro popular, agás (engado eu) para os futboleiros retrasados, para os cales tódolos días que hai partido son Entroido. Hainos en tódolos campos, mais escollín a este do Real Madrid porque tiña a súa foto a man (o meu disco duro é un completo caos, e cústame bastante atopa-las imaxes que gardo entre tanto desorde).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Xentes da grada | 7 Grandísimas aportacións »

Anónimo animador

14 de xaneiro do 2010 perpetrado por otraveseiro

pintada wc

Hoxe fun ao campo a recoller unhas mapoulas e despois a Riazor a ve-la clasificación do Deportivo perante o Valencia na Taça do Juancar. Non sei como o Deportivo saca os partidos adiante con tan pouco apoio.

De feito, na bancada de General hai tan só unha persoa que anima, a cal o puxo de manifesto na porta dos retretes de dita bancada namentres plantaba un pino, como se demostra na foto que tirei co móbil hoxe mesmo. E xusto enriba, medio borrada, un expeditivo "Cubilete a machete!!" (?)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Xentes da grada | 8 Grandísimas aportacións »

Antes de colgar a túa imaxe na web, pénsao

15 de novembro do 2009 perpetrado por otraveseiro

Dende hai un par de meses, máis ou menos, estábase a emitir na TVG un anuncio elaborado polo Defensor do Menor da Comunidade de Madrid (si, ese mesmo, o da Belén Esteban), que pretende sensibilizar aos adolescentes na responsabilidade que supón "colgar" as súas imaxes ou gravacións na rede.

A campaña titúlase "Antes de colgar a túa imaxe na web, pénsao", unha advertencia que chega demasiado tarde para moitos mozos e mozas que penduraron na rede as súas imaxes máis persoais sen caer da burra de que algún día poderían ser puteados en O Traveseiro. De seguido, unha pequena galería de monstros, por suposto en clave futboleira. Aviso, hai hostias para case todos.

-Hooliganismo norteño

racing

"Tú si que vales"

O noso amigo, coñecido no seu círculo de amizades coma Golum, viste unha camisola do Rácing de Santander e coma complemento, pendurado do pescozo, "mi tesoooroooo". Na parede penduran unha camisola e bufanda do Real Oviedo e, o cal deixa ás claras que se trata dun auténtico chicarrón do norte (Joder! e que só lle faltan sendos bandeiríns do Sporting de Xixón e da Gimnástica de Torrelavega). Corte de pelo por fases e pose de duro. A salientar, o aceno coa man tipicamente hooligan, o das tijeritas.  Estamos todos cagados de medo.

-Amor branquivioleta

UV

"Es que Pucela ya no me la pela, oiga"

Unha parella de pucelanos seguramente pertencentes a peña Ultra Violetas do Valladolid en actitude erótico festiva. Chaqueta Harrington granate e gafas de bakala el; e pantalóns amarelos, pelo de lambido de vaca e gafas para que non lle dean os raios ultravioletas ela... son os seus sinais de identidade. A bandeira española co touro, imprescindíbel. Á dereita da imaxe, o banco onde fan as guarreridas españolas, no parque onde residen.

-Nazismo, acné e Real Betis Balompié!

hertyrt

Véselle de lonxe que é dunha raza superior

A este é para empezar a darlle de hostias o luns e rematar o domingo. Este pastilleiro descerebrado viste suadoiro con capucha e cremalleira aberta até a metade para que se lle vexa ben o peito lobo e o crucifixo de ouro (do que cagou o mouro). Corte de pelo de cinceiro e actitude positiva. Da parede pendura unha bufanda dos ultras do Betis e unha bandeira da mariña de guerra nazi. Abaixo, un par de latas do seu refrixerio favorito, o que lle fai mante-la mente lúcida, Redbull.

-O futbolista profeshioná

marqués

Apreséntovos a Fernando Marqués, xogador madrileño do Espanyol e que anteriormente xogou no Rayo Vallecano, Atlético, Racing, Castellón e Iraklis (Grecia). Disque o rapaz nunca triunfou plenamente pola súa conducta extradeportiva. Velaí o temos na súa imaxe actual rodeado doutras da súa etapa como kiote no barrio de Vallekas. Peiteado e careto de xilipollas, vaso de tubo de plástico e alfaias no pescozo e orellas. Que máis se pode pedir?

-Tetiñas lliures!!

cochinilla barça

Bonita parede decorada de cor pistácio e violeta, tonos moi xuvenís, da que penduran dous posters de sendas aliñacións culés e unha bandeira blaugrana (de seguro mercada nos chinos) cun escudo que a día de hoxe non é o oficial, cunha cruz amarela de fondo que non se sabe moi ben de onde saíu. En canto á rapaza... pouco se pode dicer porque sae coa cara tapada, non así o resto do corpo. Peitos pequenos pero ben feitiños.

-Máis Betis por favor!!

y3w

Podo dicer sen temor a trabucarme que o Betis é o clube con máis frikis do estado. Aquí amósase unha vez máis. O individuo en cuestión semella estar agardando a que lle abran a porta de casa, e namentres chega ese momento, ponse a face-lo subnormal, cunha pose do tipo "tápenme el bujero" e saboreando coa punta da lingua unha Coca-Cola Light. Ao final vai ser certo iso que din que o ingrediente segredo desa bebida é un extracto de lefa reseca de John Wayne, vendo os efectos que produce. Atención, o pantalón que viste podería ser dunha indumentaria do Atlético de Madrid, o que fai deste momento máis bizarro se cabe. Pero isto non é todo amigos... aínda hai máis!

y356yw

O noso amigo segue ao seu, agardando que lle abran a porta, e parece que se está empezando a mosquear polo careto de enfurruñado que pon e que está espachurrando a lata. Que lle abran xa, hostia!, que ten que conectarse á súa rede social de confianza para colga-las fotos.

-O chulo que castiga

anormal

"Anda y que te ondulen con la permanén"

Como é natural, nesta escolma non podía falta-la representación do Real Madrid, que pensaría de nós Florentino Pérez? Non se pode dicer que sexa a mellor, pero si que polo menos está á altura do seu equipo. A paisaxe non ten moita chicha, cun cuarto practicamente baleiro, como a súa cabeza. O notas pretende neste arrepiante primeiro plano irse de duro e provocar pánico, e precisamente o que provoca é todo o contrario, risas. Coas súas gafas de sol ao Stallone en "Cobra" (só lle falta o palillo nos dentes), a gorriña do Madrid coa viseira canto máis dobrada mellor, chaqueta vaqueira gris lavada á pedra e, nunha man a cámara de fotos e a outra usada para saber por onde sopra o vento, ou sexa, por onde lle van caer as hostias.

-Mister Blanquillo 2009

n_real_zaragoza_concurso_mister_losblanquillos_2009-14615

Este é o meu candidato para gaña-lo prestixioso concurso Mister Los Blanquillos, organizado pola web de afeccionados zaragocistas do mesmo nome. Xa non polo seu zaragocismo demostrado sobradamente coa bufanda conmemorativa de detrás, senón polo blanquillo que está o pobre. Non sabemos se é porque non toma o suficiente sol ou porque está conxelado de frío, como lle diría a súa nai: "adonde vas con esa camiseta de manga sisa con el frío que hacéééééé!!!". As marcas da casa: postura homenaxe a Doña María de las Mercedes, tatuaxe no ombreiro e barba de deseño.

-Divad Alliv

david villa

Espelliño espelliño máxico... quen é a máis parva do instituto? Sen dúbida esta xoven afeccionada do Valencia CF e fan do dianteiro David Villa. Aínda non é quen de entender por que razón as ambulancias e os camións de bombeiros levan as letras do revés.

Bueno, creo que por hoxe é máis que suficiente. Se o post ten aceptación e non me enchironan antes, haberá segundas e terceiras partes, porque material hai dabondo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Adefesios, Xentes da grada | 16 Grandísimas aportacións »

Desahuciada pero con orgullo… vikingo

12 de outubro do 2009 perpetrado por otraveseiro

orgullo vikingo

Esa anciá da foto chamábase, e agardo que se sega a chamar (o recurte o teño dende hai dous anos) Xosefa López. Foi botada da súa casa arteixán unha mañá por funcionarios do xulgado xunto cos seus enseres persoais e varios bultos, trocándolle a fechadura da porta. O motivo, que a súa casa estaba en estado ruinoso. Estivo todo o día na rúa até que foi realoxada na casa dunha filla, despois de moita tensión entre familiares (que curtaron a estrada ao tráfico) e forzas da orde.

Mais, aínda que pareza mentira, iso non é o feito máis luctuoso. O máis lamentábel é comprobar como a señora leva unha gorra na cabeza de Orgullo Vikingo (non se distingue ben, pero asegúrovolo que é así). Que carallo fai a paisana con iso na cachola é un caso para Iker Jiménez e o seu Cuarto Milenio, a foto tan só é unha escusa para falar brevemente desa peña ultra madridista totalmente apolítica e non violenta (segundo eles, claro). Entro na súa web, e no apartado de "historia" comprobo que...

...son especialistas no arte e confección de cartóns a base de grapas (as clases de pretecnoloxía na escola valeron para servir a España): "Las cartulinas con las banderas de España las hicimos nosotros mismos, grapando durante una semana medias cartulinas amarillas sobre cartulinas rojas, hasta llegar a 6000". Que aplicados! Non sei como non están traballando para Inditex.

c-92-93-1

Carnet da peña. Apolíticos 100%

...son vilmente acusados de racistas, xa que nunha ocasión "contra el P.S.G., la policía no nos permite realizar el tifo que teníamos preparado, letras gigantes con la leyenda 'EUROPA BLANCA', por considerarlo racista, cuando nosotros nos referíamos a los colores de nuestro amado Real Madrid". Que fatal casualidade e que mala pata que o Madrid vista de ario.

...teñen fixación cos equipos bascos, cataláns e galegos, pois "se realizan otros tifos de menor envergadura pero de gran colorido, como el del día de la Real Sociedad, que se sacan letras con la bandera de España de fondo" [...] "contra el F.C. Barcelona se realiza un impresionante tifo de banderas de España" [...] "La temporada 94/95 la comenzamos (contra o Athletic de Bilbao) con un tifo de cartulinas que conforman la bandera de España", e fóra da casa...

..."también se rinde visita a los amigos del Español, en sus enfrentamientos contra el Barça y el Depor en Sarriá". Seguro que houbo intercambio de agasallos entre os grupos. Os espanyolistas déronlles unha grapadora de prata cunha lenda na súa base: "Grapas por la unidad". Por parte dos seus homólogos, un casco vikingo coa inscripción: "O.V y BB.BB. Unidad cornuda".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Espanholadas, Xentes da grada | 4 Grandísimas aportacións »

Humor colchoneiro

22 de setembro do 2009 perpetrado por otraveseiro

Cando na canle Telahinco promocionaron o programa Guaypaut venderonolo coma o incomparábel Humor Amarillo á española. Nin punto de comparación, a nova versión é unha putísima merda, e así se demostrou coa audiencia, que lle deu as costas.

guaypaut

Tan só hai dúas cousas polas que de cando en vez se pode ver (nunca máis de dous minutos seguidos para non vomitar)... a primeira, a presentadora, Carmen Alcayde, unha das divas da telebasura, moito mellor que o Chino Cudeiro; e segundo polos frikis que concursan vestidos con movidas futboleiras, que non os hai en Xapón. A este da imaxe os seus pais (os mesmos que non lle dirixen a palabra dende que saiu no programa) puxéronlle de nome Esteban, e é seareiro do Atlético de Madrid.

Nun momento do video púxose a desafinar cantando o himno do Atleti, momento en que o programa alcanzou os picos máis baixos de share e motivo polo decidiron quitalo do prime time e poñelo na TDT a horas intempestivas, que é cando vexo eu a tele.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Xentes da grada | 4 Grandísimas aportacións »

O San Xoan romanés

23 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

romenia

Así celebran en Romenia a noite de San Xoan os seareiros do Dinamo e Steaua Nobeberé Bucarest. Prenden unha cacharela, como en tódolos lados, pero, a diferencia do que se fai aquí: saltala tres veces namentres piden un desexo... o que fan é saltala só unha soa vez. Por que? Pois porque non hai lugar a unha segunda por mor de que caen dentro da lumeirada na maioría dos casos, e, noutros a conseguen superar pero se parten as pernas bancada abaixo.

O baño de medianoite para que se cumpran os desexos o toman uns na pranta de politraumatismo do Hospital Brâncoveanu, e outros na unidade de queimados do mesmo centro. As sardiñas asadas as pasan pola batidora e danllas por pajita.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Xentes da grada | 4 Grandísimas aportacións »

Un asunto de sandías

14 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

sandia

José Dirceu foi un futbolista brasileiro que xogou no Atlético de Madrid entre os anos 1979 e 1982 procedente do Clube América mexicano. Precisamente falando da súa etapa nese equipo pronunciou a famosa frase de "Eu dou balóns e devólvenme sandías" (no Deportivo actual tódolos xogadores a repiten: "Damos balóns a Sergio e el devólvenos sandías").

Dirceu nunca xogou no Flamengo, si nos dous grandes rivais dos roxinegros, o Fluminense e Vasco da Gama, mais é un afeccionado dese equipo o que o homenaxea na imaxe. A súa frase: "Mándanme sandías á bancada e eu as poño de sombreiro".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Xentes da grada | 2 Grandísimas aportacións »

Uns por tanto e outros por tan pouco

18 de maio do 2009 perpetrado por otraveseiro

Uns por tanto...

A este afeccionado do Leeds United coido que se lle foi un chisquiño a man coas tatuaxes. Ten o inconveniente que nunca poderá traballar de cara ao público nun banco, a non ser que sexa un banco de seme. E igual nin con esas.

Outros por tan pouco...

spurs-unlla

Estoutro do Tottenham Hotspurs si que poderá currar fronte ao público, pero tamén ten os seus contras. Por exemplo, non poderá sacarse con ese dedo as godechas do nariz, nin o cerumen das orellas, nin tampouco metelo no seu cu nin na parrocha da súa moza ou dona... porque estará aldraxando o escudo do seu equipo.

Si se pilla o dedo cunha porta ou se curta sen querer cun coitelo a dor sería por partida dobre. Por un lado a dor física, e por outra a mental porque estará danando ao clube dos seus amores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Xentes da grada | 5 Grandísimas aportacións »

Comenta ou te baneo, último aviso

6 de maio do 2009 perpetrado por otraveseiro

Xa o ano pasado por estas datas incidín no cabreo que se colle a xente cos xogadores do seu equipo cando non se cumpren os obxectivos marcados a principios de tempada. Este ano non ía ser menos, e entre moitos exemplos vou escoller aos do Betis, ultimamente equipo na crista da onda de este voso blogue amigo.

ameaza

A faixa amosárona o outro día fronte ao Atlético de Madrid. Pasaron polo tanto tres días e aínda non hai cifras reais e oficiais sobre o número de mortos de entre os vintecinco xogadores que compoñen o plantel do Real Betis, os cales non foron capaces de vencer ao Atlético asinando, polo tanto, a súa sentenza de morte a mans destes abandeirados do beticismo. Unha ameaza que seguro que escoitan moitos deles nas súas casas e que lles serviu para a confección da mesma, substituindo "Venced o morir, último aviso", por "O te buscas un trabajo o te echo de casa, último aviso", ou "Si no quieres estudiar tendrás que trabajar, último aviso".

Por outra banda... ¿hai entre vós algún catedrático da lingua ou profesor de castellano que me saiba dicer se hai un erro ortográfico na frase "Venced o morir" á marxe da penosa tipografía escollida?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Analfabestas, Xentes da grada | 7 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo