Hai que lava-las orellas, que tamén son do corpo

8 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

que-lles-paguen.jpg

Unha de dúas, ou La Voz de Galicia pertence (ou pretende pertencer) á Conferencia Episcopal, ou o redactor da nova que estivo onte en Riazor debería acudir ao otorrino a que lle mire esa xordeira. Porque resulta que onte, como dicía, se entonou en Riazor unha popular balada cuxa letra é "Que se vaian, dilles que se vaian, dilles que se vaian, dunha puta veeeeeeez!!" normalmente adicada ás forzas de inseguridade do estado, ou, no seu defecto, a certas afeccións rivais. Pois onte, medio en coña, medio en serio, se lle adicou ao Levante (seguen sen cheirar un pavo dos seus salarios) ese mesmo tema mais substituíndo o "que se vaian" por "que lles paguen", non tocando para nada o final: "dunha puta vez", que non "dunha santa vez".

Se consideran que esa palabra é demasiado "forte" para poñe-la nun medio de comunicación, polo menos que a substitúan por  outra semellante que  siñifique o mesmo, porque que eu saiba,  santa  non  é o mesmo que puta.  Poderían poñer "que lles paguen dunha meretriz vez", por exemplo.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos | 1 Grandísima aportación »

Portada terrorífica

13 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

deporsport130408.JPG

Calqueira que vexa esta portada e non seguise ao Deportivo nos últimos anos pensará que antes da chegada de Caparrós acudían a Riazor 35.000 persoas e que tralo paso deste ían 5.000. Segundo parece foi chegar Lotina e volverse a encher o campo. Non tal. Dan a entender que con Caparrós era un suplicio ir a Riazor e sen embargo con Lotina xa cho pasas de puta nai. Tampouco é así de todo. O presidente, por exemplo, semella non ter nada que ver en que se valeirase Riazor coa súa política de fichaxes e descapitalización da plantilla nin tampouco en que fose el o que non cesou a Lotina cando o máis fácil era bota-lo. Toda a culpa antes era de Caparrós e agora de Lotina.

Eu persoalmente na etapa de Irureta aburríame como unha ostra, e cando non o facía era porque estaban no terreo de xogo os Djalminha, Tristán (antes de palmar futbolisticamente), Makaay, Fran, Naybet... que facían o que lles saía do carallo no campo, se gañaba con xogo bonito porque os xogadores o facían bonito, non porque o adestrador fose ofensivo nin moito menos.

É certo que o xogo de Caparrós deixaba moito que desexar, mais recolleu unha plantilla con tódolos vicios da etapa Irureta, e xogando coma o cu, non houbo problemas para manter a categoría, que ese era o obxectivo e non os postos de Champions. Para min no seu debe coloco que era un vendedor de fume e un cambiachaquetas. Un día dicía que eramos a rehostia e o día seguinte que co que tiña non se podía facer gran cousa. Tamén nos deixou o lastre de xogadores apadrinados por el e que pesan coma unha lousa (Aouate, Bodipo ou Taborda) e a súa manía de non saber quedarse calado e soltar pola boca todo o que se lle pasaba pola cabeza, dando carnaza á prensa "antilendoirista" (que non antideportivista).

recortephp.jpg¿A súa aposta pola canteira? Un conto chino. Facer canteira non creo que sexa convocar a un rapaz de 16 anos para face-lo paripé, nin facer xogar a canteiráns varios partidos para logo defenestra-los sen motivo aparente e sustituindoos por xogadores do primeiro equipo que non eran mellores que eles.

Voltando á portada do Deporsport. É orixinal, cecais divertida, pero baixo o meu punto de vista totalmente fóra de lugar, todo un clásico neste xornal. Porque os que a publicaron non son afeccionados, nin son xornalistas pertencentes a un medio independiente... non. Traballan para o clube, e o que poñan nese xornal ten trascendencia (en LaSexta se fixeron eco da portadiña de marras) porque o que alí pon é o que se pensa no Real Club Deportivo, e nun medio oficial entendo que non se debe alimenta-la polémica. Eu aquí podo queimarme con todo cristo porque non represento a ninguén, só a min, e non teño que dar explicacións a ninguén do que poño ou deixo de poñer, non así o Deporsport, que se paga co diñeiro do Clube e que parece que os que o dirixen fan un fanzine, en vez dun xornal que se vende a diario nos kioskos.

Pero esta xente non cavila esas cousas, e, de feito, xa me estou a imaxinar a portada de mañá luns. Sacarán unha foto de Coloccini celebrando o gol na cara de Caparrós baixo un titular tipo "JÓDETE CAPARRÓS", ou para ser máis cabrón aínda, a foto sería de Caparrós conxelado, no papel de Jack Nicholson, namentres uns aficionados fuxen nunha máquina quitaneve.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos | 3 Grandísimas aportacións »

A precocidade de Juande

31 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

juande.jpgA semana pasada andivo por Madrid Juande Ramos, o terceiro manchego universal tras Sancho Panza e Pedro Almodóvar. O ex-adestrador do Sevilla FC presentaba o videoxogo Football Manager 2008, e no xornal 20 Minutos aproveitaron para entrevista-lo. As preguntas as facían os propios internautas e me serviron para cerciorarme de que Juande é o adestrador máis soso que coñezo. Ollo, non confundir con ser un maleducado e borde, coma Schuster, nin tristísimo coma Lotina. A Juande en Inglaterra rematarán por chamarlle Sosoman, e senón ao tempo.

Tamén me serviu para coñecer cousas de Juande que descoñecía. Coma por exemplo (ver imaxe) que naceu en setembro de 1984, e que, polo tanto, ten 23 tacos, o que quere dicer que xa con 8 anos adestraba ao Alcoyano en 2ª B. Juande é aos banquiños coma Macaulay Culkin ao cine, pola súa precocidade e porque sendo tan xóvenes xa están podridos de pasta. 5 kilos ao ano gaña Juande Ramos no Tottenham, casi na.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos | 3 Grandísimas aportacións »

Propaganda eleitoral con retardo

14 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

deporsport.JPG

O panfleto do Deportivo cada día se parece máis ó Marca no que atinxe as súas portadas. Se trata de entrevistar a un ou varios xogadores a diario e facerlles ocurrentes fotos facendo o paripé e engadirlles un titular estúpido. Para a edición de hoxe (13 de Marzo) escolleron a dous ex-xogadores da canteira do Real Madrid, Filipe Luis e Riki, lles deron unha bufanda dese equipo, lles pediron que puxeran cara de estreñidos e tiraran supostamente con tódalas súas forzas da mesma.

Os xogadores, en plan queda ben, din o moito que queren ao Deportivo e que van a morte contra o Madrid, como se a xente se chupara o dedo e non soubese que si mañá o equipo branco fai unha oferta por eles van para alí correndo.

Vale, pois feita a foto e escollidas as frases da portada só nos queda o titular. Estes xenios da inventiva optaron por poñer en letras ben grandes IZQUIERDA UNIDA, en alusión á demarcación de Riki e Filipe, e en pequeno CONTRA EL TSUNAMI BLANCO. Se vos fixades ten unha mensaxe eleitoralista, aínda que con retardo, xa que as eleccións xa pasaron. Nomean a un partido político que se meteu un batacazo e cuxo candidato, Gaspar Llamazares, dixo que éste se produciu por mor do Tsunami Bipartidista.

Xa postos a poñer algo de perdedores e quedar de graciosos, o que poderían facer é poñer unha foto de Aouate coas mans extendidas mostrando os seus dedos en primeiro plano. O titular sería: PROCURA ATAJAR LOS BALONES... e en pequeno O TE CORTAMOS LAS FALANGES DE LOS DEDOS. Dese xeito, se nomearía a un partido político que fracasou (para non variar neses fillos de puta) nas pasadas eleccións e xa de paso se motivaría ao porteiro branquiazul.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos | 2 Grandísimas aportacións »

Fidel Duracell

22 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

fidel-duracell.JPG

Ler tódolos días os xornais deportivos españois, esa é a receita de Fidel Castro para ter tanta lonxevidade. Que si, que tamén le o Gramma e outros máis, pero para ter unha boa saúde ademais de comer sano e facer deporte tamén hai que rirse, e que mellor maneira de arrincar un sorriso que lendo a prensa deportiva. Na imaxe non parece moi contento, pero era porque no Marca poñía que "tanta Arxentina, tanto Brasil...", e claro, a el lle fode porque como todo o mundo sabe, el quere que gañen as seleccións latinoamericanas.

Mais Fidel non é o único. Manuel Fraga sempre ten o exemplar do día do Sport no retrete, para que se lle faga máis ameno evacuar, e disque Augusto Pinochet morreu pouco tempo despois de que o xuiz Garzón interviñera a súa suscripción ao xornal madrileño As.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos | 2 Grandísimas aportacións »

Cerebros sobrecargados

30 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

guar-llardo.jpg

Os futbolistas teñen sobrecargas musculares nas pernas e os xornalistas deportivos na cabeza. Ou Gallardo regresou ao Deportivo e eu non me enterei, ou se trata dun novo gazapo do xornal madrileño AS. Unha máis de tantas ás que nos teñen acostumados.

Fago unha proposición non de lei para que se prohiba o consumo de substancias psicotrópicas nas redaccións dos xornais deportivos, e que non lles boten aos redactores a "gota" no café de primeira hora da mañá.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos | 2 Grandísimas aportacións »

Contra a falta de gol: Viagra

22 de xaneiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

impotentes.jpg

Petardos, mantas, pescaos, torcebotas, paquetes, barcos... son algúns dos calificativos máis axeitados para definir a esta banda de negaos. Mais para o Deporsport, órgano de propaganda do Deportivo, xogar ben pero palmar por non atinar ca portería contraria merece a calificación de IMPOTENTES.

Entón a solución para perfora-las porterías e así mante-la categoría é ben doada: tomarse unha pilula de VIAGRA antes de sair ao campo e problema resolto.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos | 2 Grandísimas aportacións »

Xornalistas daltónicos

16 de decembro do 2007 perpetrado por otraveseiro

Foi noticia a semana pasada a denuncia que fixo á UEFA un seareiro turco do Fenerbahce solicitando unha sanción para o Inter de Milán por xogar cunhas camisolas ofensivas para o Islam. En realidade o seu equipo perdeu cos italianos por 3-0, e claro, estaba tan fodido que buscou esa estúpida escusa pretendendo que lles dean os tres puntos. Barsia Kaska, que así se chama este afeccionado (o nome xa invita a que o manden por aí, a kaska-la) considera que a camisola do Inter lles recorda aos días sanguinolentos do pasado protagonizados polos cruzados e templarios.

daltonianos.JPG

Pois a santo desto, tamén se soubo que o escudo do Barcelona está a ser modificado nos países árabes como Arxelia ou Arabia Saudí, eliminando así, polo morro, unha das bandas da cruz vermella de Sant Jordi. Na axencia Efe tamén se fixeron eco desta nova, o malo é que o xornalista que a redacta padece de daltonismo, que  ven sendo un defecto da vista que consiste en non percibir determinadas cores ou en confundir algúns dos que se perciben. Neste caso confunde claramente o azul co vermello. Pero peor aínda é a edición dixital de La Voz de Galicia, que é de onde saquei a captura, pois nin sequera se decatan do erro, até o punto de que o fallo ven por tres veces, na portada de deportes, no encabezamento, e posteriormente no corpo da noticia.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos | Comenta, non sexas rata »

« Entradas Anteriores Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo