Señora, non se preocupare

18 de Xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

ultra-romanesa.JPG

Doña Croquetescu, vostede fique aí sentada tan tranquila que non pasa nada, e se quere algo... un té con pastas, un colacao, un refresco... só ten que pedilo. Para eso están eses agradábeis, serios e responsábeis xóvenes romaneses, para axudala no que desexe. Eso si, coloque ven o paraugas non vaia ser que se lle molle a calceta.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Xentes da grada | Comenta, non sexas rata »

Mouriño, ¿que lles dás que tanto te queren?

17 de Xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

Me teño que enteirar como sexa da marca de colonia que usa o presi do Celta, Carlos Mouriño. Ten que ser algunha moi forte, do tipo Brummel ou Barón Dandy, cun engadido afrodisíaco, que consegue que con tódalas cafradas que fixo, fai, e de seguro, fará no Celta, non só non o linchen, senón que o adoren.

carlos-mourinho.JPG

Por exemplo, a imaxe de arriba, de hai pouco máis dun ano. O Celta ía para segunda de cabeza e a Carlos Mouriño e directiva, grandes profesionais e especialistas en situacións deste tipo no eido empresarial, non se lles ocorre mellor solución que pedirlle aos afeccionados que acudan a Balaídos con amuletos para afastar a mala sorte e así poder salvarse. Non se lle ocorreu ningunha idea que non fose de tipo para-anormal, como a calqueira presidente nesa situación: botar xogadores, poñer aos do filial, eu que sei... non, el se pon en mans da deusa Fortuna.

Aí o tedes, nun adestramento do Celta naquelas datas tan chungas, pousando vestido cun anorak cos afeccionados e dous futbolistas, Nené e Giovanella (este non sei que carallo pintaba alí, se non podía xogar). Era para poñelo pingando alí mesmo pero sen embargo optan por sacarse fotos sorrintes. Foder, e que non me estraña nadiña que anden mal de cartos, porque aquel día eses afeccionados foron a A Madroa en autobuses pagados polo clube para animar ao equipo... no adestramento! Xogaban titulares contra suplentes e estes fenómenos dándoo todo na bancada de A Madroa, con bandeiras, pancartas, petardos... coma se fose un partido oficial. A todo isto...¿esta xente (Comando Celta e cía.) non traballa?

 mourinho-no-les-pagues.JPG

Ben, pois o outro día o Celta pechaba a penosa tempada en casa fronte o Alavés e con derrota, e os seareiros lle piden a Mouriño que non lles pague. Esto se pode interpretar de dúas formas. Ou ben se refiren a que "No les pagues" aos acreedores que xa decidirá o xuíz da Concursal, ou cecais se refiren a que "No les pagues" aos xogadores. En calqueira caso, o ideal despois da que liou o tal Mouriño é que na faixa rezara "Como no te largues..." referíndose ao presidente e deixando puntos suspensivos para evitar que a retiraran as forzas da orde por apoloxía da violencia. Se completaría a faixa cun "...te vamos a devolver a México en una caja de madera".

Por suposto, se refiren aos xogadores, que son uns petardos pero o maior culpábel é o que fichou a un espantallo de adestrador (Stoitchkov) e formou esa plantilla mediocre: Carlos Mouriño, que foi tamén mesmo que botou a Félix Carnero, por exemplo. Mouriño se vai de rosiñas e a culpa é toda dos xogadores e dos anteriores xestores, coma sempre nestes casos.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Xentes da grada | 1 Grandísima aportación »

Que lles corten o rabo

16 de Xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

Ou para non ofender á señora Menistra de Igualdade, que lles seccionen a membra virila. E xa de paso, ¿por que non? as orellas.

- Foto 1: Imaxe tomada hai dous anos, no Mundial de Alemaña. Unha cuadrilla de cabestros toureiros e banderilleiros cantando o "A por ellos, oe!"

grana-e-ouro.JPG

- Foto 2: Onte me topo con estoutra tirada no partido de España-Suecia. Son o mesmo grupo de mestres da tauromaquia pero dous anos máis vellos. Descobro que son cantabróns de Cantabria Infinita. Semellan estar cantando "Ya estamos hartos, pasar de cuartos!"

sangue-e-honor.JPG

- Foto 3: Un espontáneo, sen traxe de luces, humillando a un pobre touro agonizante. Que alguén lle dea a puntilla na caluga, hostia, que non ten por que sufrir máis!

sol-e-area.JPG

- Foto 4: Toureiro amosándonos o que lle está a medrar na cabeza namentres el está en Suiza e a súa muller en España.

ozu-que-arte.JPG

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Espanholadas, Xentes da grada | 4 Grandísimas aportacións »

Austria-Togo-Alacante conection

16 de Xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

macho-hercules.jpg

Na miña vida tal cousa vin. Seareiros do Hércules de Alacante en Togo... xa é cousa rara, pero é que á súa vez son fans do porteiro da selección austríaca, Jurgen Macho. Só falta que éste último diga que o seu ídolo é José Antonio Camacho.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Idas de olla | Comenta, non sexas rata »

Zambrotta quédate

13 de Xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

valentina-liguori.jpgHoxe se soubo que o defensa italiano Gianluca Zambrotta foi traspasado polo Barcelona ao Milan por nove millóns de euros, un bo negocio para o Barça, baixo o meu punto de vista. E tamén unha auténtica mágoa, a segunda nova máis triste de hoxe despois da do inicio da xira de Miguel Bosé.

Pero non por el, a Zambrotta que lle dean polo cu, que ninguén o ha botar de menos nin aquí nin en Barcelona. A putada é que con el se pirará a súa dona, Valentina Liguori, e ela si que nos viña de marabilla, e non o digo como home (non é que sexa de pedra) senón como cidadán preocupado polos problemas da sociedade.

Coma por exemplo, a folga de transporte, que fai que estes días os gandeiros galegos tiveran que tirar un 15% da producción de leite, que equivalería a perder polos sumidoiros nun só día seis millóns de litros de leite. Os gandeiros non teñen capacidade para almacenar tantos litros, sen embargo coa inestimábel axuda da dona de Zambrotta a situación podería normalizarse e non faría falla tira-lo leite porque esa señora ten suficiente capacidade para gardala toda.

Eso por un lado, e por outro tamén está o problema de que tan só trece hospitais en todo o Estado facilitan a lactancia materna. Valentina, se se queda, podería suministrar leite a tódolos recén nacidos aínda que as nais non lla poidan dar aos seus meniños.

Canta razón tiñan os Rastreros de Chantada cando cantaban aquelo de "Salú, pesetas, e leite nas tetas..." esta señora ten pinta de ter boa saúde (ao mellor problemas de espalda polo peso que soporta), cartos (fixo que está forrada como o seu home), e leite... vale máis unha imaxe que mil palabras. Non sei porque me dá que o número de visitas do blogue subirá considerablemente.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Elas tamén xogan | 3 Grandísimas aportacións »

Cristiano Ronaldo caga branco

11 de Xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

portada-cristiano.JPG

En Renaldinhos & Pavones, poñendo en perigo a súa propia saúde mental e física (puideron morrer afogados nos seus propios vómitos), tiveron a ben repasa-las derradeiras 31 portadas do panfleto deportivo MARCA e dese xeito confirmarnos que desas 31 primeiras páxinas, 23 estaban adicadas á interese do Madrid pola fichaxe de Cristiano Ronaldo.

Como gratitude, nos agasallan cunha plantiña do MARCA a cumplimentar por nós, e desa maneira axudar a ese xornal na súa cruzada por facer portadas propagandísticas cada vez máis cheas de subnormaladas. Velaí vos deixo a miña humilde aportación.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Odioteca, Xornalistos | 1 Grandísima aportación »

Mani - festa - acción

10 de Xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

Xa sei que o normal sería postear algo sobor a Eurocopa, mais como eu moi normal non son, e tampouco me apetece poñerme a filosofar... pois paso. No seu lugar aproveito para darlle entrada a tres fotos de manifestacións futboleiras que aconteceron estas últimas semanas, no final da liga, e por motivos ben distintos.

1. Manifa Rayo Vallecano.

bukaneros.jpg

Membros da peña Bukaneros maniféstanse en Madrid contra a represión policial contra o seu grupo. Se engadimos que o Rayo milita (de momento) na Segunda B, podemos dicer que animalo, aparte de non ser delicto, é un mérito.

2. Manifa UD Salamanca.

salvemos-a-la-union.JPG

Por mor das débedas acumuladas a Unión podería vende-la súa praza na Segunda A a outro clube. Os afeccionados maniféstanse na súa cidade contra esta posibilidade, pretendendo que as administracións públicas lle solucionen a papeleta, como é costume nestes casos.

3. Manifa Real Zaragoza.

zaragoza.JPG

Se consumou o descenso e os afeccionados manifestan a súa repulsa contra os xogadores, directivos e todo aquel que se meta no medio. Á dereita de todo, os ultrillas: Sen honor, sen orgullo, sen vergoña, sen dieta mediterránea, sen cerebro...

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Xentes da grada | 1 Grandísima aportación »

Ascenso feito con formigón armado

9 de Xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

Gracias a Otomano me enteiro de que hoxe se cumpren dezasete anos do último ascenso do Deportivo a Primeira División, nun partido fronte ao Murcia. Como pasa o tempo, xa van dezasete anos menos un día dende que Lendoiro na balconada do Concello berrara á enfervorizada afección aquelo de "¡¡¡Barça, Madrid, xa estamos aquí!!!", e todo deus lle seguiu o roio e berramos con el. Un lema que era unha especie de advertencia de que xa estabamos aquí para ser unha alternativa ao poder establecido deses dous clubes. Unha auténtica utopía que se converteu en realidade arredor de dez tempadas.

formigoneiras1.JPG

Como acompañamento a este feliz cumpreanos tiven que escoller unha foto entre un cento delas que se tiraron nese día e nos seguintes. Puiden poñer unha do famoso incendio da cuberta de Riazor en pleno partido; do oportunista do ex-alcalde Paco Vázquez índose de deportivista de pro no campo e nas celebracións (o Depor lle imorta e lle importaba un carallo); Lendoiro, sen papada, dándose bicos e apertas con Arsenio (impensábel a día de hoxe); xogadores visitando ás institucións moi ben vestidos... daquela (chaquetas horteiras, garabatas feísimas e camisas con debuxos de leucocitos e amebas); e por suposto, seareiros no estadio, nas rúas, nos bares e na fonte de Catro Camiños.

Sen embargo opto por poñer unha que, sen ser moi chamativa, encaixa perfectamente cos tempos que corren, por aquelo da folga de transporte e as súas pertinentes mobilizacións, de feito, a foto semella unha manifestación de transportistas. Mais se trata das que se fixeron chamar formigoneiras do ascenso, camións cementeiros pintados cas cores branquiazuis e que se achegaban en caravana até A Coruña montando un follón da hostia a base de bocinazos. A partires dese ano, e en adiante, sempre aparecían nas grandes citas do Deportivo.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities, Xentes da grada | Comenta, non sexas rata »

« Entradas Anteriores Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo