O meu apaixoante plan do domingo sen fútbol non era precisamente ver pola tele o coñazo do desfile militar do 12 de Outubro, faltaría máis. O meu coñazo consistía en busca-los drivers do monitor do ordenador que tiña que telos apalancados por algún lado dende hai máis de catro anos. Tarefa compricada, mais finalmente os atopei. Pero para elo tiven que mergullarme nunha morea de caixas, arquivadores e cartafois. Iso conlevou que dera cunha caixa chea de recordos futboleiros, que no seu momento cando os gardaba me dicían "¿pero para que gardas esa merda? Eses papeis traen bichos..." Entre esa merda se atopan pasquíns que daban no estadio, vales para sorteos, pequenos recortes de prensa... Eu o gardaba case que todo, escudándome nese dito que di que "a merda de hoxe é o ouro de mañá". E tanto, só hai que ver o que se paga por Ebay por cromos antigos, por exemplo.
Ben, pois entre todo ese lixo (que seguramente irei publicando no blogue) atopei unha fotocopia que coido que trouxo meu irmán de Donosti tras un Real Sociedade-Deportivo de mediados dos noventa, e que escaneada, queda así. (Pinchando nela vese máis grande).

Se trata dun pasquín, onde, presumiblemente, a realista Peña Mujika mostra a súa disconformidade coa política social do entonces presidente do clube, Luis Uranga, mediante unha serie de letras de cancións (?) con rima. Bueh, a verdade é que practicamente non riman un carallo. Me recordan ao tema "Las Coplillas", de Manolo Kabezabolo: "En el mes que tú naciste nacieron todas las flores y tu padre de la alegría… desmontó la bicicleta. [...] En lo alto del campanario tengo un melón escondido no se lo digas a nadie… que te daré una tajada. [...] En tu puerta planté un árbol pensando que me querías y ahora que ya no me quieres... tu padre no puede sacar el tractor". Despois desta elucubración, comento unha por unha as estrofas do pasquín:
"Hay un dicho en el puto Anoeta/ Atotxa gogoan zaitugu/ le decimos al gordo de Uranga/ que nos ponga una grada mejor".
Ía de marabilla e a cagan co último verso.
"Este fondo es una puta mierda/ aquí no se puede animar/ no tenemos más que txakurrones/ que no nos dejan de controlar"
Animación con represión.
"Nosotros lo único que queremos/ es poder animar a la Real/ para eso necesitaremos/ una grada que sea mejor”.
Estrofa composta sen lugar a dúbidas polo núcleo brando da peña.
"Le pedimos una grada joven/ para que animemos mejor/ y así todos conseguiremos/ que la Real sea txapeldun".
Para min que nin con grada xove sae txapeldun, pero bueno, por pedir que non sexa.

Luis Uranga Otaegui, alias "El Papas" ou "El Calvo"
"Y si El Papas no nos hace caso/ nosotros que le vamos hacer/ si el equipo luego no destaca/ culpa de ese puto cabezón".
Resaltando claramente o parecido físico de Uranga co cociñeiro Juan Mari Arzak.
"Mucho habla el calvo de las peñas/ no sabemos que querrá decir/ nosotros lo único que sabemos/ que esto no puede seguir así".
Gloria Fuertes gogoan zaitugu!
"Uranga tiene miedo a la peña/ todos le asustamos un montón/ cuando ve que nos acercamos/ esas papas le tiemblan mogollón".
Imponse a tese do sector duro da peña.
"Este mensaje es para El Papas/ todos queremos tu dimisión/ y esperamos que el nuevo que entre/ haga caso a esta canción".
Nin puto caso. Detrás deste chegaron outros (Astiazaran, Fuentes, Larzabal, Badiola…) mais seguen no mesmo sitio.
En vindeiras entregas, escolma de consignas antideportivistas publicadas nun xornal compostelán, trafico de botellas de aceite de oliva na bancada, e outras historias para non durmir, eso si, cen por cen reais.
chúzame -